Xa se nos revelou que os pobos son coherdeiros da promesa - Ef 3, 2-3a. 5-6

Epifanía do Señor


FALÁRONNOS DUN REINO ESTRAÑO

Faláronnos dun Reino estraño ...
e do camiño.
Estraño quere dicir feliz,
e camiño non significa descanso.

E non hai que facerse ilusións
buscando o paraíso
nalgún recuncho da terra ...
porque aquí non hai máis que camiño.

Benaventurados
os que queren camiñar!
Que o sol do mediodía
que abrasa a pel
non vos faga deterse ...

Que non se espanten
da fame e da sede ...
cando o camiño pase
lonxe das fontes e dos aplausos.

Felices os que saiban dar aman,
e o vestido e a comida ...
e o que faga falla para que ninguén estea só.

E non hai que facerse ilusións de non cansar ...
Porque ninguén dixo nunca
que o camiño sexa doado.




Comentarios

Publicacións populares