Vós sodes corpo de Cristo e tamén membros, cada un pola súa parte - 1 Cor 12, 12-30
Domingo 3 do Tpo. Ordinario - ciclo C
O
ESPÍRITO DO SEÑOR
ESTÁ SOBRE MIN
O Espírito do Señor está sobre min...
e anímame a seguir os pasos de Xesús;
a vivir o seu Evanxeo hoxe;
a ser signo de amor e xustiza;
a posibilitar o perdón e a reconciliación.
a xerar espazos de vida e encontro;
a construír a comunidade, a Igrexa.
O Espírito do Señor está sobre a Igrexa ...
e conta connosco para ser unha familia;
para expresar, con pluralidade, o Evanxeo;
para acoller a todo aquel que se achegue;
para
acompañar a quen o pasa mal;
para celebrar a fe e a vida;
para ser signo dun mundo novo.
O Espírito do Señor está sobre o mundo ...
e xeme nos acontecementos, pedindo:
reconciliación nas situacións de violencia;
xustiza ante as desigualdades do mundo;
diálogo nas realidades de conflito;
compaixón coas vítimas inocentes;
compromiso pola paz.
Segue enviando o teu Espírito de vida, Señor,
e fai de nós testemuñas do teu amor
e misioneiros da misericordia.
Comentarios
Publicar un comentario