A Rosca de Reis
Roscón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O roscón ou pan de ovo é un bolo de pan
doce en forma de rosca (aínda que tamén pode ser en forma de barra ou trenza)
feito con ovos, leite, fariña, manteiga e azucre[1], típico dos xantares de domingo e das festas de
Galicia, especialmente por Pascua e Reis (tradicionalmente
tamén pola matanza e
as vodas[2]). Tamén é típico nalgunhas zonas de España (e por
influencia Hispanoamérica), Portugal, Francia e Bélxica, especialmente o día de Reis.
O roscón orixinal
tería sido un simple biscoito (tipo bica)
en forma de rosca. O roscón típico actual adoita ser un doce mesto e pesado,
vernizado con ovo, que se adorna con froita confeitada ou
cristalizada de varias cores (cereixas,laranxas, ameixas, peras etc.), e montes de azucre.
Nalgúns casos
(raramente en Galicia) pode encherse de nata, crema, chocolate, cabelo de anxo etc. No do día de Reis
métenselle "sorpresas" no interior (figuriñas e un feixón)[3].
Ingredientes
·
Fariña de forza
·
Azucre
·
Leite
·
Ovos
·
Manteiga de vaca
·
Lévedo ou requento de panadeiro (fermento)
·
Sal
Opcional:
·
Reladura de limón e/ou laranxa
·
Zume de laranxa
·
Anís (bebida)
·
Coñac
Adorno:
·
Froita confeitada[4].
A rosca de Pascua
En
Galiza o tradicional era que os padriños regalasen ovos aos nenos, ou,
nalgunhas zonas facíanse biscoitos ou pan doce con manteiga no que se lle puñan
por riba ovos coa casca e se cocían no forno. O que está claro é que o roscón é
xa unha tradición da Pascua galega. Sóese tomar na merenda do Domingo de
Resurrección ou coma almorzo o Luns de Pascua. Faise cos mesmos ingredientes
que o roscón convencional, ás veces máis enfeitado con ovos de chocolate,
cabelo de anxo, xema torrada etc.
En
Cataluña, Aragón e outras zonas do levante español faise para comer o Luns de
Pascua, a mona, un pastel que tradicionalmente
consistía nun tortell (roscón ou pan de ovo).
A rosca de Reis
É unha
tradición moi común en toda Europa Occidental, especialmente nos países
tradicionalmente católicos, e por extensión, en Hispanoamérica. Cómese no día
de Reis e consiste na
mesma receita que o roscón tradicional ou de Pascua, no que se lle engaden no
interior da masa figuriñas (as máis das veces da Virxe e San Xosé, e unha faba,
sinal de má sorte, ou da obriga de pagar a rosca).[5]
A súa
orixe semella estar ligado coas saturnais romanas, festas dedicadas ao deus Saturno co
obxecto de que o pobo romano en xeral puidese celebrar os días máis longos que
empezaban a vir tras o solsticio de invierno. Para estes festexos,
elaborábanse unhas tortas redondas con figos, dátiles e mel,
que se partillaban por igual entre os plebeos e escravos. Xa no século III, no interior da rosca metíase a
faba seca, e o afortunado ao que lle tocaba era nomeado rei de reis durante un curto período de tempo
establecido de antemán. Dende os romanos existen xogos da faba na península
ibérica.
Julio
Caro Baroja recolle na súa obra "El Carnaval" dúas testemuñas do
século XII sobre a Rosca de Reis; o primeiro corresponde ao Reino de Navarra, a
segunda corresponde a Ben Quzman, poeta andalusí, que nas súas Cantigas
describe unha tradición semellante cunha torta (hallón, vocábulo que
permanece en Granada) no ano novo que contiña unha moeda.
En Francia toman
o Gâteau
des Rois, tamén chamado Couronne
des Rois, que é idéntico ao roscón galego, e a Galette
des Rois propia do
norte do país, que se fai con masa follada e se pode reencher cunha crema a
base de améndoas moídas, azucre, unha pouca manteiga e xema de ovo.
En Cataluña fan
o Tortel de Reis, tamén
igual ao pan de ovo galego. En calquera caso, a popularidade do roscón de Reis
no conxunto de España semella relativamente recente.
CFR: https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosc%C3%B3n
RECEITA DA ROSCA
OU ROSCÓN DE REIS
Comentarios
Publicar un comentario