A sabedoría de Deus habitará no pobo elixido - Sir 24, 1-4. 12-16
Domingo II despois de Nadal
UNHA VEZ UN HOME
Unha vez, un home dixo polo baixo:
"Deus, dime algo".
E unha árbore cantou.
Pero o home non escoitaba.
Logo, o home falou máis alto pedindo:
"Deus, fálame".
E o vento asubiou ao seu redor.
Pero o home non oía.
O home mirou ao seu redor e gritou:
"Deus, déixame que te vexa!".
E unha estrela prendeu con forza no ceo.
Pero o home non miraba.
Entón, o home gritou;
"Deus, móstrame un milagre!"
E nese momento naceu un neno.
Pero o home non o soubo.
Logo o home, xa desesperado, pediu a berros:
"Tócame, Deus; faime saber que estás aquí!"
Ao dicir isto, Deus baixou e tocoulle.
Pero o home, sen darse conta, espantou a bolboreta
que voaba ao seu redor e seguiu a camiñar...
Comentarios
Publicar un comentario