Os levitas lían no libro da Lei e explicaban o que lían - Neh 8, 2-4a. 5-6. 8-10
Domingo 3 do Tpo. Ordinario - ciclo C
AS
TÚAS PALABRAS, SEÑOR,
SON ESPÍRITO E VIDA
(Salmo
18)
A lei do Señor é perfecta,
non está escrita nas táboas, senón nas
entrañas,
non se recolle nos códigos, senón no corazón.
É
descanso do alma,
pero tamén inquietude;
como o amor, non descansa nin se cansa.
Os
mandatos do Señor son rectos e alegran o corazón.
Son vivencias que seducen,
como unha luz marabillosa,
como un perfume que engaiolan.
A
vontade do Señor é pura
e transparente, como a neve e o cristal,
míraste nela como nun espello.
Os mandamentos do Señor son verdadeiros,
fúndanse no amor e na verdade.
A verdade é amar.
Todos os mandamentos son un,
Amar a Xesús.
Todos os mandamentos se concentran nun,
vivir como Xesús.
Todos os mandamentos teñen un só nome,
Xesús.
Comentarios
Publicar un comentario