Cantiga 103 - San Ero de Armenteira
A LENDA DE SAN
ERO
O Rei Afonso X
cóntanos na Cantiga a Santa María número 103 o milagre acontecido ao nobre Ero,
señor e despois abade do Mosteiro de Armenteira. A lenda pertence ao ciclo
celta dos contos sobre o Paraíso, conservados nas tradicións orais de Bretaña,
Cornualles, Gales, GALICIA e Irlanda.
A lenda de San
Ero de Armenteira relaciónase tamén coas do abade Virila ( Navarra ) e o monxe
de Heisterbach. É un clásico teolóxico dos goces da eternidade que tivo unha
ampla repercusión literaria no mundo occidental, coma sucedeu no mosteiro
benedictino flamenco de Afflighem entre 1122-1195, ou coma en Francia, onde hai
cara a 1195 unha tradución do bispo de Paris, ou reproducido tamén no ano 1212
por Xacobo de la Vorágine.
...
Desde entón
célebrase no campo do Mosteiro de Armenteira a Festa de San Ero e a Romaría das
Cabezas en honra de Santa María. Nesta multitudinaria romaría galega de acción
de grazas á Virxe das Cabezas, de propiedades milagrosas pra sana-las migrañas
e outras doenzas craniais, obsérvase o seguinte:
- Procesión da
imaxe polo atrio do templo do mosteiro de Armenteira.
- É común ver aos
asistentes portando sobre as súas testas exvotos con forma de efixies.
- Os fieis
presentan a súa devoción á imaxe, unha Virxe lactante, figura pouco común na
iconografía relixiosa galega, similar á Virxe do Leite de Riofrío (Mondariz).
*O MOSTEIRO DE
ARMENTEIRA.-
O mosteiro de
Armenteira amosa o aire de grandiosidade propio dos mosteiros cistercienses de
orixe medieval a pesar de seres un dos máis modestos. A súa orixe remóntase a
1.149 cando don Ero Armentariz maila súa esposa, ao non ter descendencia,
deciden fundar un mosteiro dúplice no lugar aproveitando unha igrexa
prerrománica e as súas dependencias. A esta fundación engadíronselle
importantes doazóns dos reis Afonso VI e Fernando II así como as doutros nobres
da época. Aos poucos anos, en 1.162 incorpórase á Orde do Cister. Coma outros
cenobios cistercienses influíu de forma decisiva na historia da comarca, sobre
todo no seu desenvolvemento agrícola. En 1.523 incorpórase á Congregación de
Castela e abandónase en 1.837 como consecuencia da desamortización. A partir de
entón comeza a súa ruína ata que en 1.963, Carlos de Valle Inclán, fillo do
insigne escritor galego Don Ramón Mª del Valle Inclán, funda a Asociación de
Amigos do Mosteiro de Armenteira e comeza a súa restauración. En 1.989, unha
comunidade de monxas de Alloz (Navarra) restablece a vida cisterciense no
cenobio dedicándose á fabricación de materiais e útiles litúrxicos. A partir de
1.990 a Xunta de Galicia inicia varias actuacións, máis ou menos afortunadas,
pra a consolidación e restauración do recinto monasterial.
Ero de Armenteira foi un nobre galego do século XII.
O nobre tivo unha noite un soño no que a Virxe lles dicía tanto a el como á súa muller que fundasen un mosteiro, para así teren descendencia espiritual, moito máis importante que a terreal (de feito non tiñan fillos). Así que Ero decidiu transformar un dos seus pazos no mosteiro de Santa María de Armenteira, converténdose no seu abade. Durante a súa longa estancia no mosteiro o abade preguntábase decote como sería o paraíso, rogándolle encarecidamente á Virxe que lle deixase velo. Así pois, un día, paseando polas fragas cercanas ó mosteiro, Ero quedou cautivado polo cantar dun paxariño, sentando baixo unha árbore para contemplalo. Neste estado pasou trescentos anos, e ó regresar ó mosteiro preguntou polos monxes e ninguén soubo contestarlle; entendeu o ocorrido e faleceu nese instante ós pés dos novos monxes do mosteiro. A lenda é común a diferentes lugares do resto de Galicia (como Samos), de España e de Europa, e foi recollida na Cantiga 103 das Cantigas de Santa María recompiladas polo rei Afonso X o Sabio. Neste texto, o protagonista do sucedido non foi o abade senón un dos monxes do mosteiro que, ó regresar, se reincorpora ós seus compañeiros.
Existe outra lenda moi semellante referida a san Amaro.
TOMADO DE : http://gl.wikipedia.org/wiki/Ero_de_Armenteira
CANTIGA 103 das
Cantigas de Santa María
Como Santa Maria feze estar o monge
trezentos anos ao canto
da passara,
porque lle pedia que lle mostrasse qual era
o ben que avian os que eran en Paraiso.
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
E daquest' un gran miragre vos quer' eu ora contar,
que fezo Santa Maria por un monge, que rogar
ll'ia sempre que lle mostrasse qual ben en Parais' á
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
; E que o viss' en ssa vida ante que fosse morrer.
E porend' a Groriosa vedes que lle foi fazer:
fez-lo entrar en ha orta en que muitas vezes ja
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Entrara; mais aquel dia fez que ha font' achou
mui crara e mui fremosa, e cab' ela s'assentou.
E pois lavou mui ben sas mãos, diss': «Ai, Virgen, que será
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Se verei do Parayso, o que ch' eu muito pidi,
algun pouco de seu viço ante que saya daqui,
e que sábia do que ben obra que galardon averá?»
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Tan toste que acababa ouv' o mong' a oraçon,
oyu ha passarinna cantar log' en tan bon son,
que sse escaeceu seendo e catando sempr' alá.
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Atan gran sabor avia daquel cant' e daquel lais,
que grandes trezentos anos estevo assi, ou mays,
cuidando que non estevera senon pouco, com' está
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Mong' alga vez no ano, quando sal ao vergeu.
Des i foi-ss' a passarynna, de que foi a el mui greu,
e diz: «Eu daqui ir-me quero, ca oy mais comer querrá
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
O convent'.» E foi-sse logo e achou un gran portal
que nunca vira, e disse: «Ai, Santa Maria, val!
Non é est' o meu mõesteiro, pois de mi que se fará?»
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Des i entrou na
eigreja, e ouveron gran pavor
os monges quando o viron, e demandou-ll' o prior,
dizend': «Amigo, vos quen sodes ou que buscades acá?»
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Diss' el: «Busco
meu abade, que agor' aqui leixey,
e o prior e os frades, de que mi agora quitey
quando fui a aquela orta; u seen quen mio dirá?»
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Quand' est' oyu o
abade, teve-o por de mal sen,
e outrossi o convento; mais des que souberon ben
de como fora este feyto, disseron: «Quen oyrá
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Nunca tan gran
maravilla como Deus por este fez
polo rogo de ssa Madre, Virgen santa de gran prez!
E por aquesto a loemos; mais quena non loará
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Mais d'outra cousa
que seja? Ca, par Deus, gran dereit' é,
pois quanto nos lle pedimos nos dá seu Fill', a la ffe,
por ela, e aqui nos mostra o que nos depois dará».
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
E como curiosidade:
Comentarios
Publicar un comentario