31 oct. 2012

Solemnidade de Tódolos Santos

FESTA DE TODOS OS SANTOS


Primeira Lectura Ap 7, 2-4. 9-14
LECTURA DO LIBRO DA APOCALIPSE
Eu vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións e tribos e pobos e linguas

Eu, Xoán, vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles a berros aos catro anxos, a quen se lles deu poder de danar a terra e o mar:
- "Non lles fagades mal á terra nin ao mar, nin ás árbores, ata que marquemos co selo na testa os servos do noso Deus!".
E oín o número dos que tiñan a marca, cento corenta e catro mil, marcados de entre todas as familias de Israel.
Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións, familias, razas, pobos e linguas, en pé diante do trono do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans. Proclamaban con gran voz:
- "A salvación perténcelle ao noso Deus, que senta no trono, e mais ao Año".
Todos os anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, axeonlláronse diante do trono para adoraren a Deus. Proclamaban:
- "Amén! A bendición, a gloria, a sabedoría, a acción de grazas, a honra, o poder e mais a forza perténcenlle ao noso Deus, polos séculos dos séculos. Amén.
Un dos anciáns preguntoume:
- "Quen son e de onde viñeron estes que van vestidos de roupa branca?".
Eu respondinlle:
- "Meu Señor, ti xa o sabes".
E díxome:
- Estes son os que veñen de pasar as súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.

Palabra do Señor R/. Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6
R/. (cf 6): Esta é a liñaxe dos que buscan a túa presenza, Señor.

Do Señor é a terra e canto a enche,
o orbe e canto nel habita.
El é quen a fundou sobre os mares,
e quen a asegurou sobre as correntes.

Quen poderá subir ao monte do Señor?
Quen poderá quedar no seu santuario?
O que ten inocentes as mans e puro o corazón.

Ese recibirá bendición do Señor,
e xustiza de Deus, o seu salvador.
Así é a liñaxe dos que o buscan,
dos que buscan a presenza do Deus de Xacob.

Segunda Lectura 1 Xn 3, 1-3
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
Veremos a Deus tal como é


Benqueridos irmáns:
Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamar fillos de Deus e sérmolo de verdade.
Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El.
Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma El, xa que o veremos tal e como é.
Todo o que ten posta en Xesús esta esperanza, trata de vivir unha vida limpa, para ser limpo coma El.

Palabra do Señor R/. Grazas a Deus


ALELUIA Mt 11, 28
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
Achegádevos a min todos os que estades cansos
e oprimidos, que eu vos aliviarei, di o Señor.
Aleluia.

Evanxeo Mt 5, 1-12a
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos.

Naquel tempo, Xesús, ao va multitude, subiu ao monte, sen tou e achegáronselle os seus discípulos; e el, tomando a pala bra, ensinábaos dicindo:
Ditosos os pobres no espírito,
porque deles é o Reino dos ceos.
Ditosos os que choran,
porque eles serán consolados.
Ditosos os sufridos,
porque eles herdarán a terra.
Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,
porque eles ficarán fartos.
Ditosos os misericordiosos,
porque eles serán tratados con misericordia.
Ditosos os de corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
Ditosos os que traballan pola paz,
porque eles serán chamados fillos de Deus.
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o Reino dos ceos.
Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa; alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos.

Palabra do Señor                                        R/. Loámoste, Cristo


VIVIR APLICANDO O MENOS COMÚN DOS SENTIDOS: O SENTIDO COMÚN 
TODOS OS SANTOS - TOB 2012
TOMADO DE : remoldapalbra.blogspot.com

PÓRTICO
Bo día! A festa de Todos os Santos, a festa dos sinxelos de corazón e vida, volve convocarnos unha vez máis neste comezo de novembro para que fagamos memoria agradecida de tantas persoas de tantos tempos e lugares que camiñaron como servos e servas de Deus; tantos homes e mulleres que creron sempre que o amor era o meirande ben; de tanta xente, dunha multitude tan inmensa que nos enche o corazón de esperanza, porque, coñecidos ou descoñecidos, todas aquelas persoas que hoxe celebramos viviron o que nós queremos vivir, e por iso axúdannos e acompáñannos.
Na festa de Todos os Santos, sintamos nós tamén a ledicia de querer camiñar polo vieiro polo que eles pasaron. Sintamos a ledicia de pertencer a este mundo de homes e mulleres que quixeron ser pobres e amar, mantendo acesa a lámpada do Espírito. Que esta celebración que agora comezamos nos axude a sentir a ledicia de ser chamados e chamadas a sermos benaventurados, celebrando a vida e o amor de Deus que se derrama no noso mundo cada día.

O PERDÓN
Polas veces nas que caemos no pesimismo, na desesperanza e na apatía, renunciando a traballar por outro mundo máis humano e máis xusto, SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS CON SENTIDIÑO.
Porque non cremo s nos pobres, nos famentos, nos que choran, nos misericordiosos, nos que
traballan pola xustiza, nos limpos de corazón, nos desposuídos e nos que traballan pola paz,
CRISTO, QUE CAMIÑEMOS CON SENTIDIÑO.
Porque non acabamos de fiamos de que Ti es a meta cara á que camiñamos, e que nos esperas cos brazos abertos, SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS CON SENTIDIÑO.

REMUÍÑO
MIREI UN MUNDO DE XENTE, DE TODAS AS NACIÓNS, TRIBOS, POBOS E LINGUAS: Na festa de Todos os Santos, a Palabra, unha vez máis, volve falarnos de universalidade. E é que Deus non cansa nunca de insistir en que El non fai distingos nin exclusións, que para El todos posuímos a mesma dignidade, que chama por todos e todas nós. O abrente está, pois, preñado de esperanza. Somos invitados a mirar cara adiante e a alegramos, porque os plans de Deus vanse cumprindo. A nosa contabilidade, que peca de mesquiña, non coincide coa de Deus. Hoxe celebramos a ese mundo de xente do que se nos fala no libro da Apocalipse. Algunhas destas persoas foron canonizadas, son coñecidas e mesmo veneradas dentro da Igrexa; pero nesta morea de xente tamén hai persoas que non aparecen nos santorais, que non contan nas nosas listas pero si nas de Deus. Persoas sinxelas que, no medio das dificultades, souberon ser fieis a Deus e vivir como nos ensinou Xesús: polo camiño das benaventuranzas.

CANDO XESÚS APAREZA SEREMOS COMA EL, PORQUE O VEREMOS TAL COMO É: Porque de certo que se collemos o camiño que Deus nos marca, atoparemos sentido para a nosa vida. Nós, pola fe, sabemos que non camiñamos sen rumbo, que Deus é a nosa meta. A resurrección de Xesús abriunos a porta e marcounos a orientación. Nas nosas mans está aplicar o sentido común, fiarnos e deixarnos guiar por el, como fixeron ao longo da historia tantas e tantas persoas boas que pasaron polo mundo facendo o ben e que agora están ao seu carón, participando da súa resurrección. Por iso a festa de hoxe, a pesar de que nos lembra cemiterios e nos deixa un pouso de tristura, é unha chamada á esperanza, á ledicia: camiñamos cara ao encontro con Deus.

BENAVENTURADOS VÓS: Porque se de verdade poñemos nel a nosa esperanza, traballaremos por realizar, cadaquén no seu ambiente e segundo a súa personalidade, o sentido das benaventuranzas. Porque ser santo e santa é ...
- seguir sendo unha persoa normal, que sente a insatisfacción que produce unha visión do mundo na que a xente acepta como necesidade ter moitos cartos.
- sentir a preocupación do desemprego e do paro, e solidarizarse con quen o sofre, traballando para que os responsables teñan unha mentalidade menos lucrativa e busquen o ben común.
- ofrecer a nosa amizade a quen se atopa só.
- non aceptar a violencia á que nos leva a competición, a xenreira que esperta en nós a separación de persoas con barreiras económicas, sociais, relixiosas ou raciais.
- buscar a superación de todas as situacións negativas que producen sufrimento nas persoas.
- saberse fillos de Deus, o que significa querer estreitar lazos de irmandade.
- vivir coa limpeza de corazón suficiente como para camiñar pola vida sen segundas intencións, ofrecendo sinceridade e confianza.
- ter confianza, esperanza e ledicia, porque Xesús está connosco facendo posible unha convivencia nova que inverta, coma as benaventuranzas, todo o noso sistema de valores.
- decidir construír esa nova humanidade na que as persoas se aman, son solidarias e capaces de axudarse, sen que haxa rexeitamentos por mor da cor, dos cartos ou do poder.
- manter o espírito combativo a pesar de que sabemos que é unha tarefa difícil e lenta, e na que somos conscientes de que moitas veces seremos criticados.
É entón cando poderemos falar de santidade, porque a pesar de todo mantemos a esperanza de que a tarefa realizada por e con Xesús terá un bo final e a fraternidade irá facéndose realidade ata que todos sexamos autenticamente irmáns, santos, felices, ditosos e benaventurados.

ORACIÓN DA COMUNIDADE
Na festa de toda a Igrexa, a festa de todas as persoas que souberon facer da súa vida un canto de amor compartido e solidario, poñámonos en actitude de agradecer a Deus o seu exemplo e digamos:
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE TANTA XENTE BOA
* Pola Igrexa que formamos todos e todas nós, para que sempre saibamos testemuñar de palabra e obra o espírito das benaventuranzas sendo sinxe1os, pobres, limpos de corazón, pacíficos, famentos de xustiza e misericordiosos, OREMOS.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE TANTA XENTE BOA
* Polas nosas comunidades, para que aceptemos a todas as persoas sen exclusión e así deamos
testemuño do amor de Deus, que é sempre inc1uínte e non fai distingos, OREMOS.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE TANTA XENTE BOA
* Por tantas e tantas persoas ao noso carón que, sen facer balbordo e sen publicidade, traballan acompañando a quen está só, escoitando a quen está triste, sendo voz de quen non a ten, alentando a quen está desesperanzado, visitando a quen está enfermo, dando así verdadeiro testemuño de santidade, OREMOS.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE TANTA XENTE BOA
*Por tantas persoas que repousan nos nosos cemiterios e teñen sido para nós exemplo de servizo, de esperanza, de alegría e de testemuño cristián, OREMOS.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE TANTA XENTE BOA
* Por cada un e cada unha de nós, para que, confiando no Señor, deixemos de vivir esta festa con espírito triste, con espírito de morte, e comecemos a camiñar na benaventuranza de quen descobre a Deus como meta do seu camiño, OREMOS.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE TANTA XENTE BOA

Grazas por poñer diante de nós, o testemuño entregado e sempre ledo de tantas persoas que son capaces de mostrar coa súa vida e entrega, que é posible seguirte no aquí a agora do noso mundo. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN


Camiñar na santidade é:
gañar honradamente o pan de cada día,
gardar o corazón da envexa e da cobiza,
agradecer e gozar cos logros que imos acadando,
compartir do que temos con quen non ten nada,
poñer o corazón na harmonía veciñal,
gastar do noso para que a comunidade medre,
enxugar bágoas, sementar risas e ledicias,
denunciar o sistema inxusto que fai
que moitas persoas morran de fame,
alzar a voz diante das inxustizas do noso mundo,
abrir camiños que levan ao pan compartido,
quedar sen nada, pero téndoo todo,
andar tralos pasos de Xesús ...
con liberdade, con humildade, con alegría,
sabendo que hai garantía de futuro
porque El é a fonte da nosa felicidade.


CANTOS
ENTRADA: Andarei na presenza do Señor
LECTURAS: Eu soñei
OFERTORIO: Benaventurados
COMUÑÓN: O amor é o meirande

POWER POINTS

Tódolos Santos e Xesús Mestre - Ficha para catequese

Para recuperar a festividade de Tódolos Santos a Igrexa anima ás parroquias a que convoquen ós nenos a profundizar e tamén amosar as imaxes dos nosos santos indo disfrazados á celebración e que expliquen ós demáis algo sobre o santo que representan, algo estupendo para recorda-la vida dos patróns das parroquias, dos que moitos coñecen as imaxes pero non a historia, sobre todo os máis pequenos. Pode ser divertido e formativo o mesmo tempo, recollín unhas fotos do bloque dos amigos de familiacatólica e outros que atopei pola rede, non me digades que non están graciosos...









A Solemnidade

A Igrexa mándanos botar neste día unha mirada ao ceo, (…) a ese xentío incontable de Santos, uns 12.000 inscritos no Libro da Vida, - co cal se indica un número incalculable e perfecto, - e procedentes de Israel e de toda nación, pobo e lingua, que revestidos de brancas túnicas e con palmas nas mans, encomian sen cesar a Deus. Cristo, a Virxe, os nove coros de anxos, os Apóstolos e Profetas, os Mártires, os Confesores, radiantes cos seus brancos vestidos, e os coros de Virxes forman ese maxestuoso cortexo, integrado por todos cantos na terra (…) foron mansos, mortificados, xustos, misericordiosos, puros, pacíficos e perseguidos por Cristo. Entre eses millóns de Xustos a quen hoxe honramos e que foron sinxelos fieis de Xesús na terra, están moitos dos nosos, parentes, amigos, membros da nosa familia parroquial, aos cales van hoxe dirixidos os nosos cultos. Eles adoran xa ao Rei de reis. (...)

Esta festa común ha de ser tamén a nosa algún día, xa que por desgraza son moi contados os que teñen grandes ambicións de ser santos, e de amontoar moitos tesouros no ceo. Alegrémonos, pois, no Señor, e ao considerarnos aínda bogando no mar revolto, tendamos os brazos, chamemos a voces aos que vemos gozar xa da tranquilidade do porto, sen exposición a mareos nin tempestades. Eles saberán compadecerse de nós (…).



Os Santos

A Sagrada Biblia chama "Santo" a aquel que está consagrado a Deus. A Igrexa católica chamou "santos" a aqueles que se dedicaron a tratar de que a súa propia vida lle sexa o máis agradable posible ao noso Señor.

Hai uns que foron "canonizados", ou sexa declarados oficialmente santos polo Sumo Pontífice, porque pola súa intercesión conseguíronse admirables milagres, e porque despois de examinar minuciosamente os seus escritos e de facer unha coidadosa investigación e interrogatorio ás testemuñas que o acompañaron na súa vida, chegouse á conclusión de que practicaron as virtudes en grao heroico.

Para ser declarado "Santo" pola Igrexa católica necesítase toda unha serie de trámites rigorosos. Primeiro unha exhaustiva investigación con persoas que o coñeceron, para saber se en verdade a súa vida foi exemplar e virtuosa. Se se logra comprobar polo testemuño de moitos que o seu comportamento foi exemplar, decláraselle "Servo de Deus". Se por detalladas investigacións chégase á conclusión de que as súas virtudes, foron heroicas, decláraselle "Venerable". Máis tarde, se pola súa intercesión conséguese algún milagre totalmente inexplicable por medios humanos, é declarado "Beato". Finalmente se se consegue un novo e marabillosos milagre por pedir a súa intercesión, o Papa declárao "santo".

Para algúns santos este procedemento do seu canonización foi rapidísimo, por exemplo para San Francisco de Agarrades e San Antonio, que só durou 2 anos. Poquísimos outros foron declarados santos seis anos despois da súa morte, ou aos 15 ou 20 anos. Para a inmensa maioría, os trámites para o seu beatificación e canonización duran 30, 40,50 e até cen anos ou máis. Despois de 20 ou 30 anos de investigacións, a maior ou menor rapidez para a beatificación ou canonización, depende de que obteña máis ou menos pronto os milagres requiridos.

Os santos "canonizados" oficialmente pola Igrexa católica son varios milleiros. Pero existe unha inmensa cantidade de santos non canonizados, pero que xa están a gozar de Deus no ceo. A eles especialmente está dedicada esta festa de hoxe.

A Santa Biblia afirma que ao Año de Deus ségueo unha multitude incontable.





No ceo están San Chofer de bus e Santa Lavandeira de roupa. San Mensaxeiro e Santa Secretaria. Santa Nai de familia e San Xerente de Empresa. San Obreiro de construción e San Agricultor. San Colexial e Santa Estudante. Santa Viúva, Santa Solterona, Santa Nena e Santa Anciá. San Sacerdote, San Bispo, San Pontífice, San Limosnero, San Celador, Santa Cociñeira, San Arrendatario e San Millonario, e moitos máis que amaron a Deus e cumpriron os seus deberes de cada día.

Señor Xesús: que cada un de nós logremos formar tamén parte un día no ceo para sempre do número dos teus santos, dos que che encomiaremos e amarémosche polos séculos dos séculos. Amén.

Esta é a vontade de Deus: Que cheguemos á santidade.



ESTA É A FICHA DO DOMINGO PASADO QUE QUEDOU NO TINTEIRO...


30 oct. 2012

Sobre o Sínodo dos Bispos

   Tendo en conta os 50 anos do Vaticano II, é evidente que os cristiáns de a pé esperaban unha resposta significativa deste último Sínodo dos Bispos, pero visto os comentarios que puiden ler, ó final quedámonos nas palabra pero falta compromiso e visión dos tempos. É moi difícil buscar unha nova Igrexa pensando no que nos gustaría que fose pero esquecendo o que é, sen unha revisión seria, profunda e comprometida do que significou o Vaticano II e o que estamos facendo coas súas reflexións e conclusións. 

   Onde queda aquela nova ilusión pola nova evanxelización? Con respecto a Galicia e a "nova evanxelización" penso que estamos peor que hai 30 anos, polo menos antes mirabas cara adiante e tiñas ilusión, esperanza, agora teño a triste sensación de que non só non se fixo esa renovación senón que imos para atrás, ata teño a sensación de estar nun ermo e"baixo sospeita" por pretender puxar pola liturxia en  galego e ata hai que andar con moito coidado pensando o que dis e a quen. Cando hai 25 anos fun da visita a un mosteiro en Montsenc e vin un libro de cantos en catalán nun "colexio de curas", pensei que algún día podería ver iso aquí, pero non estamos polo labor, seguimos en situación de "ser-menos-que", se seguimos pensando que o galego é de segunda non sei como podemos defender que os profesores somos portadores de cultura, de valores como o respecto ós maiores e á súa herdanza, de conservadores do patrimonio, se seguimos pensando en "inculturar" a espiritualidade só cando é "popular", cando os galegos seguimos tendo o complexo de estar por debaixo, de ser unha lingua de andar por casa coa que non hai posibilidade de falar con Deus (se os santos fundadores de moitos colexios de curas e monxas levantaran a cabeza, cando isto o tiñan tan claro...). Non seguimos como antes do concilio?, non vos soa a aquilo do latín nas misas...?

   Gustaríame mirar cara adiante e ter esperanza outra vez. 




   Aproveito para recomendarvos o blogue do noso amigo Óscar e non vos perdades o vídeo, 20 minutos sen desperdicio...   http://elcientoporuno.blogspot.com.es/2012/10/churras-y-merinas.html

28 oct. 2012

Mestre, que vexa ! - Mc 10, 46-52

Domingo 30 de ordinario - ciclo B



UN CEGO A CARÓN DO CAMIÑO

Un anaquiño de pan,
polo amor de Deus!
Un vasiño de auga pura,
polo amor de Deus!
Unha palabra de alento,
polo amor de Deus!

Un consolo no apuro,
polo amor de Deus!
Un anaquiño de acougo,
polo amor de Deus!
Unha man para os traballos,
polo amor de Deus!

Un biquiño de esperanza,
polo amor de Deus!
un respiro no asoballo,
polo amor. de Deus!
Unha zoupada aos soberbios,
polo amor de Deus!
Un apoio aos maltratados,
polo amor de Deus!

Ditosos todos nós
se Xesús e os da súa compaña
nos devolven a mirada,
nos tenden xenerosos a man,
e, erguidos do chan,
seguimos contentos as súas pegadas. 





O Señor fixo connosco cousas grandes - Salmo 125

Domingo 30 ordinario - ciclo B


UN CEGO DE PEDIR

Da mañá á noite, da noite á mañá,
ao pé do camiño estendendo aman.

Todos esmoleiros da graza dos máis,
moi necesitados do que está a pasar.
Non hai camiñante que non poida dar
un algo de vida, de forza e de paz.

Entre os camiñantes hai un especial,
cómpre estar atento para velo pasar.

Feliz do que bate con el ao andar,
feliz quen o chama sen medo aos demais.

A fe que poñemos ao estender a man,
é fe que nos salva e nos fai medrar.

Un mundo de pobres, un mundo de irmáns,
mans amoreadas para pedir e dar.  




27 oct. 2012

Domingo 30 de Ordinario - ciclo B



30º  DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO  - CICLO B
  
Primeira Lectura    Xer 31, 7- 9
LECTURA DO LIBRO DE XEREMÍAS
Congregarei cegos e coxos

            Así fala o Señor:
            ‑ Aclamade a Xacob con gritos de alegría,
gritádelle á primeira das nacións.
Pregoade, loade, clamade:
            "Salva, Señor, o teu pobo,
salva o resto de Israel".
            Vede: vounos traer do país do norte,
vounos reunir desde os cabos do mundo.
            Entre eles haberá cegos e coxos,
a que está en cinta xunto coa parida,
volverán en enorme multitude.
            Velaí, chegarán chorando;
pero entre aclamacións de agradecemento,
heinos conducir, heinos levar aos regueiros de auga
por un camiño seguro onde non han tropezar.
            Si, volvereime pai de Israel,
e Efraím será o meu primoxénito.

                        Palabra do Señor                             R/.  Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL     Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6
R/.  (3):  O Señor fixo connosco cousas grandes, estamos cheos de alegría.

Cando o Señor cambiou a sorte de Sión,
parecíanos un soño.
A boca enchéusenos de risos,
a lingua de cantares.

Daquela dicían os pagáns:
"O Señor fixo con eles cousas grandes".
O Señor fixo connosco cousas grandes,
estamos cheos de alegría.

Cambia, Señor, a nosa sorte,
coma os regatos no deserto.
Os que sementan entre bágoas,
recollen entre cantares.

Cando van, van chorando
os que levan a semente.
Ó viren, veñen cantando
os que traen os seus monllos.


Segunda Lectura     Heb 5, 1-6
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
Ti es sacerdote para sempre, á maneira de Melquisedec

            Irmáns:
            Todo Sumo Sacerdote, escollido de entre os homes, constitúese Sumo Sacerdote para o ben dos homes nas súas relacións con Deus, a fin de que ofreza oblacións e sacrificios polos pecados.
            É capaz de tratar con indulxencia os ignorantes e os perdidos, porque tamén el está rodeado de fraquezas.
            Por mor destas fraquezas ten que ofrecer sacrificios polos pecados, tanto polos do pobo coma polos seus.
            Ora, ninguén pode coller en por si este honor, senón que hai que ser chamado por Deus, como o foi  Aharón.
            Do mesmo xeito, tampouco Cristo procurou a súa gloria facéndose Sumo Sacerdote, senón que lla procurou o que lle dixo:
            "Ti es o meu Fillo,
hoxe xereite Eu".
            Entendido conforme o que di noutro sitio:
            "Ti es sacerdote para sempre,
á maneira de Melquisedec".

                        Palabra do Señor                             R/.  Grazas a Deus


ALELUIA    Cf. 2 Tim 1, 10
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
O noso Salvador Xesús Cristo destruíu a morte
e iluminou a vida por medio do Evanxeo.
Aleluia.


Evanxeo     Mc 10, 46-52
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Mestre, que vexa!

            Naquel tempo,  ao saír Xesús de Iericó cos seus discípulos e outra moita xente, o fillo de Timeo, Bartimeo, que era cego, mendigaba sentado a carón do camiño.
            Oíndo que pasaba Xesús o Nazareno, púxose a gritar e a dicir:

            ‑ Fillo de David, Xesús, ten piedade de min!
            Moitos reprendíano para facelo calar, pero el gritaba aínda máis alto:
            ‑ Fillo de David, ten piedade de min!

            Xesús detívose e dixo:
            ‑ Chamade por el.
            Chaman entón polo cego e dinlle:

            ‑ Veña, érguete, que te chama!
            El, deixando o seu manto, veu dando brincos ata onde estaba Xesús. Este preguntoulle:
            ‑ Que queres que che faga?
            O cego respondeulle:
            ‑ Mestre, que volva ver.
            Xesús díxolle:
            ‑ Vai; a túa fe salvoute.
            E no intre comezou a ver, e seguíao polo camiño.

                        Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo



SABER CONSOLAR É A MELLOR MANEIRA DE VER NO IRMÁN A PRESENZA DE DEUS
TOMADO DE: remoldapalabra.blogspot.com

PÓRTICO

Nunca tanto coma hoxe tivemos a oportunidade de coñecer as posibilidades que se nos van presentando na vida. A pesar da forte crise que estamos a vivir, se nos comparamos con persoas doutros continentes máis empobrecidos, nós seguimos a ter moitas posibilidades; e o que é máis triste, seguimos sen aproveitalas e sacarlle verdadeiro rendemento. Como gozarían tantos rapaces novos de África, América do Sur ou Asía se puidesen estudar, inda que fora con recortes e axustes! Como e canto valorarían poder formarse! Porén, aquí, seguen a crecer os chamados nin nin –nin traballan nin estudan- que non son para tomalos a broma, senón para que reflexionemos sobre ata onde temos chegado á hora de desaproveitar oportunidades e ter construído unha sociedade saciada e opulenta, que na hora das dificultades, renuncia a facerlle fronte e a non deixarse ir sen rumbo.
            Hoxe, a Palabra preséntanos un Deus que acolle, escoita, consola, agarima... pero que fundamentalmente é un Deus que invita á acción e á loita contra a pasividade e o derrotismo. Que saibamos facer nosa esta palabra, para que anime e alente a nosa vida.

O PERDÓN

*      Pola nosa incapacidade para achegarnos a quen necesita consolo, SEÑOR, QUE NON ENDUREZAMOS O CORAZÓN.
*      Porque os nosos comportamentos non acompasan cos valores da fe, CRISTO, QUE NON ENDUREZAMOS O CORAZÓN.
*      Por deixarnos envolver do barullo que non deixa na nosa vida espazos para a reflexión, SEÑOR, QUE NON ENDUREZAMOS O CORAZÓN.

REMUÍÑO

*      Somos plenamente conscientes de que a vida das persoas con deficiencia visual ou con dificultades ou incapacidade para oír, non é nada doada. Todo o que lle rodea non lle facilita nin axuda a superar os problemas que o non ver nin oír lle provocan. Por iso tamén podemos entender o sentido das palabras do profeta Xeremías cando, utilizando unha imaxe que tod@s comprendemos, afirma que Deus é guía e consolo para as nosas cegueiras e xordeiras. Un guía que marca o camiño e vai deixando pegadas para poder seguilo sen que corramos o risco de perdernos. E ben sabemos que as pegadas lévannos a que perdamos a sensación de desorientación e desconcerto. Unha e outra vez a palabra de Deus vén afirmando isto, e que pouca atención lle temos prestado! Tendo con nós a Deus como o mellor dos tesouros, moitas veces pouco temos feito para coidalo, conservalo e ter con El unha relación de confianza e dispoñibilidade. Máis ben, por influxo desas maneiras de presentar e achegarnos a Deus que temos recibido, moitas veces desde aqueles que no nome da Igrexa presidían as comunidades e tiñan a misión do servizo testemuñando coa súa vida, temos acabado tendo unha experiencia de Deus afastada e en absoluto asentada no amor. E como isto se vén repetindo, unha e outra vez, desde que eramos pequen@s, acabamos pensando que no canto do amor, El é medo, castigo, imposición e falta de liberdade, como se foramos monicreques cos que xoga para se divertir. Pois ben, diante disto, unha e outra vez a súa palabra non cansa de lembrarnos constantemente que El non é, non podería ser outra cousa, máis que amor, confianza, agarimo, consolo. Con El e desde El, non obviamos a realidade, pero si a afrontamos dun xeito distinto, nada paternalista, senón valorando que se nos considere adultos, autónomos e sempre libres, como fill@s de quen é o cumio da liberdade. Aquel que sempre está grande connosco, polo que estamos alegres.

*      Deus que derrama toda súa presenza no seu Fillo Xesucristo vai consolando as nosas tristuras e agonías. Tristuras e agonías que moitas veces acaban por eclipsar a forza do seu consolo e da súa esperanza que de xeito constante e permanente segue a ofrecernos, e pondo ao noso dispor. En Cristo nós recibimos a salvación, que non é un concepto teórico e abstracto, senón manifestación de que a vida non é nin caos nin azar, senón sentido, horizonte e razón universal de xustiza, solidariedade e amor. Por iso paga a pena implicarnos en toda aquela acción que poida ir facendo posible o rostro de Xesús Salvador a través da búsquea de canto fai que o ser humano sexa recoñecido e respectado na súa dignidade. O seu sacerdocio non é logo máis ca servizo e entrega á causa da humanidade, da persoa, de todo ser humano, sen ter que poñer fronteiras que delimiten ou exclúan a quen non comparta o seu seguimento ou non o acolla como luz.
*      Coma Bartimeu, en momentos difíciles e de tanto desconcerto; nos que non acabamos de ver onde está e cando chegará o final deste túnel que chamamos crise e que está deixando nas beiras e levando á desesperación a xeracións enteiras de persoas, moz@s ou maduras, tamén nós hoxe, nos diriximos a El e insistimos sen cansar para que nos acompañe neste traxecto para que se vaia facendo a luz na sociedade; unha luz que nos volva falar de que hai futuro, de que as cousas pouco a pouco van ir cambiando, e para mellor; que non estamos abocados á desesperación de que volverán gañar os que teñen moito a custa dos de sempre, os pobres, senón, porque Nel atopamos luz, coa solidariedade de uns para cos outros e coa capacidade de superar o individualismo e a tentación da división, iremos remontando rumbo e pouco a pouco iremos vendo aparecer raiolas de luz e esperanza que fagan que as nubes se vaian indo. Pero para iso, esta travesía non podemos facela solos, necesitamos uns dos outros, porque sen ser ninguén imprescindible, todos somos necesarios. Que a luz de Xesús nos vaia abrindo os ollos para ver esta tarefa que temos por diante.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Rezamos agora xunt@s a quen quere ser luz e consolo no noso camiño, e digámoslle:
QUE A TÚA LUZ NOS ABRA OS OLLOS
ö  Para que nos esforcemos por non deixarnos levar da tebra que todo o escurece, e vaiámonos achegando aos faros que no mundo do que formamos parte, loitan e entregan a súa vida para que o teu consolo e agarimo se estenda entre quen sofre e vive na dor, OREMOS.
QUE A TÚA LUZ NOS ABRA OS OLLOS
ö  Para que nas nosas comunidades nos esforcemos por ser luz levando consolo, tempo e solidariedade a quen poida necesitar de nós por estar enferm@, ter perdido o seu traballo ou estar a pasar por un momento de soidade e abandono, OREMOS.
QUE A TÚA LUZ NOS ABRA OS OLLOS
ö  Para que nós, alí onde nos atopemos, non renunciemos nunca a facer visibles cos nosos comportamentos os valores que van conformando a nosa vida e fan posible accións comunitarias que rompen co individualismo, OREMOS.
QUE A TÚA LUZ NOS ABRA OS OLLOS
Grazas, Señor, por axudarnos a saír da tebra que nos fai perder o rumbo, para levarnos á luz que nos ofrece iniciativas e nos invita á loita contra a resignación. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Aquí estou, Señor,
coma o cego na beira do camiño
-canso, suoroso e cheo de po-:
mendigo por necesidade e por oficio.
Pasas ao meu carón e non te vexo.
Teño os ollos pechados á luz.
Costume, dor, desalento....
Sobre eles medraron escamas que impiden que te vexa.
Mais, ao escoitar os teus pasos,
ao escoitar a túa voz inconfundible,
todo o meu ser treme coma se tivese un manancial dentro de min.
Eu búscote, deséxote,
necesito de ti para andar polos camiños da vida e do mundo sen perderme.
Que pregunta a túa!
Que quere un cego máis que ver?
Que vexa, Señor!
Que vexa, Señor, as túas sendas.
Que vexa, Señor, os camiños da vida.
Que vexa, Señor, o teu rostro, os teus ollos, o teu corazón.

CANTOS

ð  ENTRADA: Amigos nas penas
ð  LECTURAS: Sede o sal
ð  OFRENDAS: Canta o sol
ð  COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei


POWER POINTS

24 oct. 2012

Foro Encrucillada



          XXVII Foro Encrucillada
Ciencia e fe, o diálogo necesario.
Sábado 27 de outubro no SALÓN OBRADOIRO, NO PAZO DE CONGRESOS, no Barrio de San Lázaro.


Horario: 
10:00 Matrícula e recollida de carpetas

10:15 Presentación por Ramón Cao
10:30 D. Andrés Torres Queiruga introducirá o diálogo relixión-ciencia.
12:30 D. Carlos Pajares Vales falaranos de cosmoloxía e fin do mundo
14:00 Xantar
16:00 Presentación de libros
16:30 Dª Camino Cañón Loyes falaranos de novos ateísmos.
18:30 Celebración homenaxe a Bernardo García Cendán.
19:00 Remate.

Andrés Torres Queiruga é teólogo
Carlos Pajares Vales é catedrático de Física da USC e delegado científico en España do CERN
Camino Cañón Loyes é directora da Cátedra Ciencia, Tecnoloxía e Relixión na Univ. Pontificia Comillas