Sobre o Sínodo dos Bispos
Tendo en conta os 50 anos do Vaticano II, é evidente que os cristiáns de a pé esperaban unha resposta significativa deste último Sínodo dos Bispos, pero visto os comentarios que puiden ler, ó final quedámonos nas palabra pero falta compromiso e visión dos tempos. É moi difícil buscar unha nova Igrexa pensando no que nos gustaría que fose pero esquecendo o que é, sen unha revisión seria, profunda e comprometida do que significou o Vaticano II e o que estamos facendo coas súas reflexións e conclusións.
Onde queda aquela nova ilusión pola nova evanxelización? Con respecto a Galicia e a "nova evanxelización" penso que estamos peor que hai 30 anos, polo menos antes mirabas cara adiante e tiñas ilusión, esperanza, agora teño a triste sensación de que non só non se fixo esa renovación senón que imos para atrás, ata teño a sensación de estar nun ermo e"baixo sospeita" por pretender puxar pola liturxia en galego e ata hai que andar con moito coidado pensando o que dis e a quen. Cando hai 25 anos fun da visita a un mosteiro en Montsenc e vin un libro de cantos en catalán nun "colexio de curas", pensei que algún día podería ver iso aquí, pero non estamos polo labor, seguimos en situación de "ser-menos-que", se seguimos pensando que o galego é de segunda non sei como podemos defender que os profesores somos portadores de cultura, de valores como o respecto ós maiores e á súa herdanza, de conservadores do patrimonio, se seguimos pensando en "inculturar" a espiritualidade só cando é "popular", cando os galegos seguimos tendo o complexo de estar por debaixo, de ser unha lingua de andar por casa coa que non hai posibilidade de falar con Deus (se os santos fundadores de moitos colexios de curas e monxas levantaran a cabeza, cando isto o tiñan tan claro...). Non seguimos como antes do concilio?, non vos soa a aquilo do latín nas misas...?
Gustaríame mirar cara adiante e ter esperanza outra vez.
Aproveito para recomendarvos o blogue do noso amigo Óscar e non vos perdades o vídeo, 20 minutos sen desperdicio... http://elcientoporuno.blogspot.com.es/2012/10/churras-y-merinas.html

Comentarios
Publicar un comentario