Énchenos da túa misericordia, Señor e brincaremos de ledicia

Domingo 28 de ordinario - ciclo B



ENVÍANOS TOLOS

Envíanos tolos,
oh Deus! Envíanos tolos,
dos que se comprometen a fondo,
dos que se esquecen de si propios,
dos que aman algo máis que con palabras,
dos que entregan a súa vida de verdade e ata o fin.

Dános tolos,
apaixonados,
persoas capaces de dar o salto cara á inseguridade,
cara a incerteza sorprendente da pobreza.
Dános tolos,
que acepten diluírse entre a xente
sen pretensións de subirse ao poleiro,
que non empreguen as súas capacidades só no seu proveito.

Dános tolos,
apaixonados do presente,
namorados dunha forma de vida sinxela,
liberadores eficientes dos pobres,
amantes da paz,
puros de conciencia,
resaltas a nunca traizoar,
capaces de aceptar calquera tarefa,
de acudir onde sexa,
libres e obedientes,
espontáneos e tenaces,
doces e fortes
coma o teu Espírito.
Amén.  



Comentarios

Publicacións populares