Domingo 28 de Ordinario - ciclo B
28º DOMINGO DO TEMPO
ORDINARIO CICLO B
Primeira Lectura Sab 7, 7-11
LECTURA DO LIBRO DA SABEDORÍA
En nada considerei as riquezas comparándoas coa sabedoría
Roguei e foime dada a
prudencia,
supliquei e veu a min o espírito da sabedoría.
Preferina a cetros e
tronos,
en comparanza a ela, coidei ser nada a riqueza;
non se lle asemella a alfaia de máis prezo,
pois todo o ouro, ao seu lado, é
unha manchea de area,
e xunto a ela a prata é coma a lama.
Ameina por riba da
saúde e da beleza,
escollín posuíla en troques da luz,
pois o seu raiolar non ten solpor.
Con ela viñéronme
xuntos todos os bens,
polas súas mans, riquezas incontables.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 89,
12-13. 14-15. 16-17
R/. (14): Énchenos da túa misericordia, Señor, e
brincaremos de ledicia.
Ensínanos a contar os nosos días,
para que acheguemos o corazón á sabedoría.
Volve, Señor. Por canto aínda?
Apiádate dos teus servos.
Dános de mañá a fartura da túa misericordia,
para que teñamos felicidade e ledicia toda a nosa vida.
Alégranos polos días en que nos aflixiches,
por tantos anos de coitas.
Que se vexa a túa obra nos teus servos,
e a túa gloria nos seus fillos.
Que a bondade do Señor, noso Deus, sexa connosco,
que el consolide as obras das nosas mans.
Segunda Lectura Heb 4, 12-13
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
A palabra de Deus xulga pensamentos e intencións do corazón
A palabra de Deus é
viva e dinámica, máis cortante ca unha espada de dobre fío e que penetra mesmo
alí onde se diferencian a alma e o espírito, as xuntas e a medula.
Ela xulga os proxectos
e os pensamentos.
Non hai cousa que se
lle esconda, todo está nu e penetrable aos seus ollos: é a ela a quen lle temos
de dar contas.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mt 5, 3
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Ditosos os pobres no espírito
porque deles é o Reino dos Ceos.
Aleluia.
Evanxeo Mc 10, 17-30 (longa)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Vende todo o que tes, e repárteo entre os pobres, e despois ven e
sígueme
Naquel tempo, estaba
Xesús saíndo para se pór en camiño, e chegou correndo un home, que se axeonllou
diante del e que lle preguntou:
‑ Mestre bo, que teño
que facer para acadar a vida eterna?
Xesús respondeulle:
‑ Por que me chamas
bo? Ninguén é bo fóra de Deus. Xa sabes os mandamentos: Non mates, non cometas
adulterio, non roubes, non deas falso testemuño, non defraudes, honra a teu
pai e mais a túa nai.
El replicoulle:
‑ Mestre, todas esas
cousas gardeinas desde a miña mocidade.
Xesús fitouno cunha
mirada chea de agarimo e engadiu:
‑ Aínda che falta unha
cousa: Vai, vende todo o que tes, e repárteo entre os pobres, e terás un
tesouro no ceo; e despois ven e sígueme.
Pero el tornou triste
ante estas palabras e marchou moi apesarado, pois tiña moitos bens.
Xesús, mirando
arredor, díxolles aos discípulos:
‑ Que difícil lles vai
ser aos ricos entrar no Reino de Deus!
E os discípulos
ficaron moi sorprendidos por estas palabras. Pero Xesús volveu insistir:
‑ Fillos, que difícil
é entrar no Reino de Deus! É máis doado para un camelo pasar polo ollo dunha
agulla, do que para un rico entrar no Reino de Deus.
Eles, aínda máis
asombrados, comentaban entre si:
‑ E quen se vai poder
salvar?
Xesús fitounos coa súa
mirada e dixo:
‑ É imposible para os
homes, pero non para Deus; porque todo é posible para Deus.
Entón comezou Pedro a
dicirlle:
‑ Mira que nós
deixámolo todo e seguímoste.
Dixo Xesús:
‑
Dígovolo de verdade: Non hai ninguén que deixe casa ou irmáns ou irmás ou nai
ou pai ou fillos ou leiras por cousa miña e por cousa do Evanxeo, que pase sen
recibir agora, neste tempo, cen veces máis en casas, irmáns, irmás, nais,
fillos e leiras, xunto con persecucións, e no mundo futuro, a vida eterna.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
Ou: 17-27 (máis breve)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel tempo, estaba
Xesús saíndo para se pór en camiño, e chegou correndo un home, que se axeonllou
diante del e que lle preguntou:
‑ Mestre bo, que teño
que facer para acadar a vida eterna?
Xesús respondeulle:
‑ Por que me chamas
bo? Ninguén é bo fóra de Deus. Xa sabes os mandamentos: Non mates, non cometas
adulterio, non roubes, non deas falso testemuño, non defraudes, honra a teu
pai e mais a túa nai.
El replicoulle:
‑ Mestre, todas esas
cousas gardeinas desde a miña mocidade.
Xesús fitouno cunha
mirada chea de agarimo e engadiu:
‑ Aínda che falta unha
cousa: Vai, vende todo o que tes, e repárteo entre os pobres, e terás un
tesouro no ceo; e despois ven e sígueme.
Pero el tornou triste
ante estas palabras e marchou moi apesarado, pois tiña moitos bens.
Xesús, mirando
arredor, díxolles aos discípulos:
‑ Que difícil lles vai
ser aos ricos entrar no Reino de Deus!
E os discípulos
ficaron moi sorprendidos por estas palabras. Pero Xesús volveu insistir:
‑ Fillos, que difícil
é entrar no Reino de Deus! É máis doado para un camelo pasar polo ollo dunha
agulla, do que para un rico entrar no Reino de Deus.
Eles, aínda máis
asombrados, comentaban entre si:
‑ E quen se vai poder
salvar?
Xesús fitounos coa súa
mirada e dixo:
-
É
imposible para os homes, pero non para Deus; porque todo é posible para Deus.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
DA ABUNDANCIA DO
CORAZÓN FALA A BOCA
TOMADO DE : remoldapalabra.blogspot.com
Pórtico
Cántas
veces non temos escoitado aquela frase que di “da abundancia do corazón fala a
boca”. Si, cantas veces non o temos feito; e tamén que pouco caso lle temos
prestado, inda que sexa verdade o que di.
No
noso xeito de actuar, moitas veces non nos damos conta que aquilo que
verbalizamos, o que falamos, o noso xeito de expresar e dicir as cousas, non é
máis que un sacar para fóra o que pensamos, a nosa forma de ver e entender as
cousas, o xeito que leva a que sexamos desta maneira e non doutra. Por iso é
tan importante pensar antes de dicir, calar antes de falar e escoitar no canto
de actuar con présa e precipitación.
Sobre
todo isto invítanos a pensar a Palabra que proclamaremos. Prestémoslle atención
para facer dela un verdadeiro pulo á hora de actuar e mostrar os valores que
verdadeiramente nos importan, e polos que loitamos e traballamos, cada día.
Perdón



Remuíño



Oración da comunidade
Porque o Señor quere corazóns dispostos a acoller
e actuar comprometidos para axudar, presentemos a nosa oración comunitaria
dicindo:
QUE O CORAZÓN REBORDE DE SINXELEZA

QUE O CORAZÓN REBORDE DE SINXELEZA

QUE O CORAZÓN REBORDE DE SINXELEZA

QUE O CORAZÓN REBORDE DE SINXELEZA
Señor, que canto poñemos agora nas
túas mans, reciba de Ti a forza necesaria para vivilo cada día alí onde estamos.
P.X.N.S. Amén.
Reflexión
Ti dásme o Espírito, Pai.
Onde eu poño palabras, pos ti o teu Espírito.
Onde eu poño discursos elevados, pos ti o teu Espírito.
Cando eu son débil, pos ti o teu Espírito.
Cando eu ando inquedo, pos ti o teu Espírito.
Cando eu ando angustiado, pos ti o teu Espírito.
Cando a miña palabra non ten brillo, pos ti o teu
Espírito.
Cando non domino as técnicas, pos ti o teu Espírito.
Envólvesme todo enteiro co poder do teu Espírito.
El ensíname o teu proxecto misterioso e secreto,
El ensíname a Xesucristo, crucificado,
El dáme o pensamento de Cristo.
Para min,
para a miña tarefa na comunidade,
para a miña tarefa no mundo,
Ti dásme o teu Espírito, Pai.
(Manolo Regal, Chorimas. “Acollendo o Espírito”
25)
Cantos
*
ENTRADA: Andarei
*
LECTURAS: Camiñarei
*
OFERTORIO: Ti es o pan do
ceo
*
COMUÑÓN: Señor Xesús
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario