Vende todo o que tes e repárteo entre os pobres,... e despois ven e sígueme

Domingo 28 Ordinario - ciclo B



MESTRE BO, QUE TEÑO QUE FACER?

Non lle teñas medo a Xesús,
nin ás súas palabras.
Cando el fala ben sabe o que fala.
Cando el promete vida,
é que ten xeito de dala,
é que pode dala, e abondosa.

Nunca lle teñas medo.
Achégate a el co corazón na man,
Disposto/a a escoitar a súa palabra
e poñela en práctica.
Nunca lle teña medo a Xesús.

Se es pobre,
fará da túa pobreza
unha bendición de Deus
e unha forza de cambio
para que a todos chegue
o pan, o dereito e a xustiza.

Se es rico,
fará de túa riqueza
unha bendición de Deus
e unha forza de cambio
para que a abundancia chegue tamén
a quen polo abuso dalgúns
non poden gozar xa nesta vida
das cousas boas de Deus
que el espallou polo mundo,
como un adianto da vida completa
e do gozo sen fin.

Non lle teñas medo a Xesús.
Nunca lle teñas medo a Xesús.
Achégate correndo a el, e pregúntalle:
Mestre bo, que teño que facer
para lograr vida eterna?

Comentarios

Publicacións populares