SOBRE O CATECISMO EN GALEGO
Como estou moi en contacto coa FERE de Galicia, chégame a través do seu secretario esta nota que me pareceu importante para compartir convosco. Aí vai :
Benqueridos amigos e amigas de Pastoral:
Benqueridos amigos e amigas de Pastoral:
Teño a ben informarvos que acaba de saír do prelo o libro “Xesús é o Señor” – Catecismo da Conferencia Episcopal Española para a iniciación sacramental de nenos e adolescentes, edición en lingua galega con coidada presentación. Con 168 páxinas a varias cores.
O seu prezo estará entre 8 e 10 €. Pódense facer pedidos, en Santiago, na Vicaría de Ensinanza e Catequese , Apartado de correos 163 – teléfono 981 581285 – catequese@planalfa.es . Supoño que tamén se poderá pedir nas outras Vicarías de Ensinanza e Catequese das dioceses de Galicia.
Pode ser unha magnífica axuda para catequistas e profesores de relixión.
Recibide un fraternal e agarimoso saúdo.
Xosé Fco. Martínez Reboiras
Secretario Autonómico
En canto teña un pouco de tempo
farei un libriño de primeira comuñón
para os nenos en galego
similar ó que teñen en castelán.
Paciencia.
Comentarios
Publicar un comentario