Mestre, que vexa ! - Mc 10, 46-52

Domingo 30 de ordinario - ciclo B



UN CEGO A CARÓN DO CAMIÑO

Un anaquiño de pan,
polo amor de Deus!
Un vasiño de auga pura,
polo amor de Deus!
Unha palabra de alento,
polo amor de Deus!

Un consolo no apuro,
polo amor de Deus!
Un anaquiño de acougo,
polo amor de Deus!
Unha man para os traballos,
polo amor de Deus!

Un biquiño de esperanza,
polo amor de Deus!
un respiro no asoballo,
polo amor. de Deus!
Unha zoupada aos soberbios,
polo amor de Deus!
Un apoio aos maltratados,
polo amor de Deus!

Ditosos todos nós
se Xesús e os da súa compaña
nos devolven a mirada,
nos tenden xenerosos a man,
e, erguidos do chan,
seguimos contentos as súas pegadas. 





Comentarios

Publicacións populares