31 dic. 2012

Santa María Nai de Deus


SOLEMNIDADE DE SANTA MARÍA NAI DE DEUS
1 de xaneiro de 2013


Primeira Lectura     Num 6, 22-27
LECTURA DO LIBRO DOS NÚMEROS
Invocarán o meu nome a prol dos fillos de Israel e Eu bendicireinos

     Naquel día, o Señor faloulle a Moisés:
     ‑ Dilles a Aharón e a seus fillos: Desta maneira habedes de bendicir os fillos de Israel: "Que o Señor te bendiga e te garde; que faga brillar o seu rostro sobre ti e che conceda a súa graza; que o Señor volva os seus ollos cara a ti e che dea a súa paz".
     Invocarán así o meu nome en favor dos fillos de Israel e eu bendicireinos.

                        Palabra do Señor                                          R/. Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL      Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8
R/. (2a): Deus teña piedade de nós e nos bendiga.

Deus teña piedade de nós e nos bendiga,
faga brillar o seu rostro sobre nós.
Que se coñeza na terra o teu camiño,
en todas as nacións a túa salvación.

Alégrense e canten as nacións,
porque xulgas os pobos rectamente
e na terra gobernas as nacións.

Lóente os pobos, oh Deus,
lóente todos os  pobos.
Que nos bendiga Deus e que o teman
os confíns todos do mundo.


Segunda Lectura      Gal 4, 4-7
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS GÁLATAS
Deus mandounos o seu Fillo, nacido de muller
  
            Irmáns:
            Así que chegou a plenitude dos tempos, Deus mandounos o seu Fillo, nacido de muller e suxeito á Lei, para rescatar os que estabamos baixo a Lei de xeito que puidésemos recibir a adopción de fillos.
            A proba de que sodes fillos del é que Deus mandou aos vosos corazóns o Espírito do seu Fillo que exclama Abbá! (que quere dicir meu Pai! ).
            Polo tanto, ti xa non es escravo, senón fillo.
            E, por seres fillo, tamén, grazas a Deus, es herdeiro.

                        Palabra do Señor                                          R/. Grazas a Deus


ALELUIA      Heb 1, 1-2
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
En moitas ocasións, e de moitos xeitos, veulles falando Deus
ós nosos devanceiros por medio dos profetas;
ultimamente falounos por medio do Fillo
Aleluia.


Evanxeo     Lc 2, 16-21
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Encontraron a María e a Xosé e o neno. E despois de oito días puxéronlle de nome Xesús.

            Naquel tempo, os pastores foron correndo, e atoparon a María e mais a Xosé, e o neno deitado na manxadoira. Ao que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño aquel.
            E cantos o oíron, quedaron pasmados do que os pastores lles dixeron.
            María, que trataba de comprender, conservaba todas estas cousas no seu corazón.
            E os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto oíran e viran, todo como lles fora anunciado.
            Ós oito días tocaba circuncidar o neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa concepción.

                        Palabra do Señor                                          R/. Loámoste, Cristo


 SE QUERES PROMOVER A PAZ, PROTEXE A CREACIÓN
Santa María, Nai de Deus – C
TOMADO DE : remoldapalabra.blogspot.com

Bendición do comezo
* Que Deus nos bendiga todos os días do ano.       
* Que Deus nos sorría todos os días do ano,
* Que Deus se fixe en nós todos os días do ano,
* Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano.

PÓRTICO :       
            Comezamos o ano e todos nos desexamos o mellor dos parabéns. Estamos ledos, sentímonos achegados uns aos outros e todo son boas intencións. E iso está ben, porque que mellor que pornos na liña de saída coa mellor das intencións? Pero non debemos esquecer que coas intencións soas non abonda, que é necesario poñer máis da nosa parte: esforzo, ganas, sacrificio, ilusión, ánimo, esperanza ... E para que? Para que a vida poida ser aquilo que todos queremos e que tanto nos custa conseguir: un camiño no que descubrir e vivir na solidariedade e na paz.A isto somos chamados e chamadas na celebración que agora comezamos. Feliz ano e poñémonos á tarefa!

O PERDÓN :
            Porque non damos entendido que a paz non é só ausencia de guerra, senón tamén xustiza, amor, servizo, axuda, dispoñibilidade e desenvolvemento, SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
            Porque estamos ben lonxe de sentir a terra coma a casa común que nos deches para que a habitemos con creatividade e responsabilidade,                 CRISTO, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
            Porque non utilizamos unha linguaxe de paz na nosa vida cotiá, coas nosas familias, cos nosos compañeiros de traballo, cos nosos veciños e amigos,        SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.

REMUÍÑO : COIDAR A CASA: A RELACIÓN CO COSMOS
            A palabra ecos significa casa, é dicir, cosmos, o lugar no que a persoa sofre, goza, atópase cos demais. Cando falamos da persoa e da súa relación co mundo, formulamos a reflexión desde a opción clara como humanos, co compromiso de coidar a casa, decisión froito do discernimento como persoas presentes nun mundo desigual que evoluciona. Estamos chamados a relacionamos co mundo non dun xeito superficial, senón implicados no seu coidado. Falamos así de recuperar un compromiso que tiveron xeracións anteriores: traballar, coidar, protexer a natureza.
            Un coidado e un respecto que esixe de nós atención e capacidade para facela medrar e desenvolverse ao servizo das persoas, entendendo así o que significa a palabra HUMANIZACIÓN. A preocupación, a sensibilidade respecto do medio ambiente non é un snobismo, senón que é unha opción ética que debe ocupamos e preocupamos, como nos indica a mensaxe deste día da Xornada da paz do papa Bieito.
            Isto pide de nós:
            En primeiro lugar, algo que os cristiáns non tiñamos e que agora comezamos a ter: unha maior conciencia ecolóxica: valorar, protexer, coidar... denunciando calquera comportamento que poña en perigo a nosa casa. Porque todos, tamén aqueles que veñen detrás nosa, teñen dereito a atopar o mundo habitable, pois é o lugar onde van medrar e desenvolverse como persoas. O progreso non supón o todo vale. Pero neste mundo noso está a ocorrer que no nome do progreso imos aceptando e admitindo todo tipo de comportamentos. Porén, no nome do progreso, da técnica, do desenvolvemento, non todo vale, senón que ten límites. A vítima non é só a natureza, senón tamén o ser humano que nela e grazas a ela, vive.
            En segundo lugar, no libro da Xénese lemos que Deus pon nas nosas mans a súa obra. Isto significa que asumir este compromiso, converter esta afirmación en realidade, fai que non esquezamos que nós somos recreadores da obra de Deus, e isto convértese nun compromiso: somos señores da creación, continuadores da obra de Deus, o que non quere dicir seres inertes, senón chamados a gozar e gozar deste plan, cousa que non poderemos facer se non coidamos a natureza. A invitación que Deus nos fai de dominar a terra, non pode entenderse como a capacidade de destruír, de asolar todo o que hai nela. Ser señores da Creación fainos vivificadores, non aproveitados, do proxecto de Deus.
            Polo tanto, como moi ben nos lembra a mensaxe do Papa nesta Xornada da paz, baixo o lema "se queres promover a paz, protexe a creación", non basta con estar en paz coas persoas, senón que tamén debemos estar en paz coa natureza; pois a paz está ameazada tamén pola nosa falta de respecto cara á terra, pola explotación desordenada dos seus recursos, polo deterioro da calidade de vida. O arco da vella da paz debe abranguer tamén á creación enteira, pois debemos ter claro que a destrución ou o abuso desconsiderado da natureza constitúen un problema de índole moral. Non somos os donos, senón os coidadores do mundo, non só non debemos destruílo nin contaminalo, senón que ternos que traballar por deixalo máis limpo e habitable. Paz con nós mesmos, paz cos demais, paz coa creación ... Velaí o reto que Deus pon diante dos nosos ollos neste primeiro día do ano. Seremos quen de facelo noso?

ORACIÓN DA COMUNIDADE
            Na festa de Santa María, e neste comezo de ano que nos volve falar outra vez de paz, sentímonos fondamente achegados uns aos outros para dicirlle a Deus.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
            Por unha Igrexa viva, aberta, solidaria e pacífica, que saiba acoller e non fomente nunca o pensamento único e a obediencia cega, Oremos.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
            Por unhas comunidades cristiás que asentadas sobre a forza da paz e o camiño da non violencia, saben ser testemuñas de encontro, perdón e tolerancia no medio dos enfrontamentos dunha sociedade que moitas veces se esquece de Deus, Oremos.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
            Por nós, que hoxe queremos comezar este novo ano cheos de proxectos, ilusións e esperanzas, para que co paso dos días non nos deixemos levar da frustracións da desesperanza e da incapacidade da non consecución das metas trazadas, Oremos.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
            Por todas aquelas persoas que comezan o ano sen motivos para a esperanza: os parados, as mulleres maltratadas, os enfermos, os nenos explotados, os vellos que están solos ... para que nunca esquezamos que o noso compromiso cristián pasa por sermos mensaxeiros da esperanza para eles e para elas, OREMOS.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
            Señor, escoita as oracións que che vimos de presentar e todas aquelas que levamos dentro do noso corazón. Bendice as nosas vidas, e as daqueles que queremos ao longo deste ano que hoxe comezamos. Pedímoscho por Xesucristo, noso Señor.
Amén.


PARA A REFLEXIÓN
Imos acender sete candeas, sete,
para lembrar que non vivimos nas tebras,
porque Deus é luz
e boa nova para todas as persoas.

   Primeira candea e boa nova:
Deus fíxose amor para quen ten
o corazón roto e só coñeceu
orfandades e xenreiras.

   Segunda candea e boa nova:
Deus fíxose liberdade para quen está preso
e para os escravos, de si ou doutros.

   Terceira candea e boa nova:
Deus fíxose consolo para os que sofren,
agardan e choran á marxe dos camiños.

   Cuarta candea e boa nova:
Deus fíxose xustiza para quen está
marxinado e ten fame e sede de vida.

   Quinta candea e boa nova:
Deus fíxose pan e viño para quen
se baleirou dándose sen reservas,
enteiro, en vieiros e camiños.

   Sexta candea e boa nova:
Deus fíxose novidade
para desmantelar a tendedeira
de normas e leis que montamos
para conseguir o seu beneplácito.

   Sétima candea e boa nova:
Deus fíxose un de nós
para que nós non esquezamos agora,
neste momento, e logo,
que somos fillos seus,
e por iso, irmáns e irmás entre nós.

 
CANTOS: Panxoliñas



30 dic. 2012

Xesús é encontrado polos seus pais no medio dos doutores - Lc 2, 41-52

Festa Sagrada Familia - ciclo C




DEITADIÑO NA MANXADOIRA

A Xesús, deitadiño na manxadoira,
entre a admiración dos seus pais
e os ditos e loanzas de pastores,
polo baixiño, presentámoslle
os nosos desexos para o ano que empeza.

Que haxa pan e paz nas nosas casas.
Que vaia adiante a unión que nos libera.
Que melloren os pobres desta terra.
Que aterra sexa fiel a tantas suores.
Que o mar cos mariñeiros se volva doce.

Que teñamos razóns para vivir cada amencer.
Que non morra a esperanza nas horas negras.
Que vexamos en cada noite a nosa estrela.

Que medren os amigos ás nosas portas.
Que a confianza abonde no noso trato.
Que morra a falsidade, que a leve o trasno.
Que non morran os soños dos soñadores.

Que non se apague a vela dos que alumean.
Que non cansen da loita os loitadores.
Que aproveitemos o don de cada día.
Que fagamos render os bens xa recibidos.
Que veña a túa man, Xesús, e nos bendiga.


Ditosos os que temen ó Señor e van polos seus camiños - Salmo 127

Festa de Sagrada Familia - ciclo C


FIN DE ANO

Que duros se fan os camiños vellos,
Señor da eternidade!
Como custa andar con ilusión fresca
polas fondas corredoiras de sempre!

Remátase o ano
e moitos soños morren con el;
vanse finando os días
e cada un leva ao lombo un bo anaco de nós.

Oh Señor das canas partidas
e das lapiñas que esmorecen!
Oh Señor das esperanzas rotas
e dos solpores e devalos!
Oh Señor das noites escuras
das travesías sen carreiros!

Ti séguesnos dicindo
que mañá é día grande,
que ti non es vello,
que tes para nos dar
moito máis do que nos deixas dado.

Que non nos falte, logo, neste ano,
nin o pan nin a paz,
nin a forza para buscalos,
para nós e para os demais.
Que melloren os pobres
e que os poderosos recúen na terra.

Oh Señor de todas as boas venturas!
Seremos capaces contigo
de facer para nós e para todos
abofé venturoso o ano que entra?




28 dic. 2012

Domingo da SAGRADA FAMILIA


DOMINGO INFRAOITAVA DE  NADAL
SANTA FAMILIA DE XESÚS, MARÍA E XOSÉ
  

PRIMEIRA    Sir 3, 2-6. 12-14
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO
Quen teme ó Señor honra ós pais

2Pois o Señor honrou ó pai máis cós fillos
e afincou o dereito da nai sobre o dos nenos.
3Quen honra a seu pai redime as culpas.
4Quen enxalza a súa nai é coma quen atesoura.
5Quen honra a seu pai gozará dos fillos
e cando vaia pregar será atendido.
6O que respecta ó pai terá vida longa
e quen obedece ó Señor daralle consolo a súa nai.
12Meu fillo, persevera no honrar a teu pai,
non o desatendas nos días da túa vida.
13Aínda que perda o xuízo, tenlle miramento
e non o aldraxes todo o tempo que viva.
14O ben que se lle faga a un pai non será borrado,
hache valer coma compensación do pecado.


SALMO RESP.     Sal 127, 1-5
R/ (cf 1):  Ditosos os que temen ó Señor
e van polos seus camiños.

Ditosos os que temen o Señor,
os que seguen os seus camiños.
Comerás do traballo das túas mans,
serás ditoso, serás afortunado.

A túa muller coma parra fecunda
no interior da túa casa;
os teus fillos coma gromos de oliveira
arredor da túa mesa.

Así será bendito
o home que teme o Señor.
Que o Señor te bendiga desde Sión,
que goces coa prosperidade de Xerusalén
todos os días da túa vida.


SEGUNDA     Col 3, 12-21
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS COLOSENSES
Vida familiar na presencia do Señor

Irmáns e rmás:
Coma elixidos de Deus, santos e benqueridos, revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia. 13Aturádevos uns ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o Señor vos perdoou, perdoádevos tamén vós. 14E, por riba de todo isto, cinguídevos co amor, que é o lazo que todo o une e leva a perfección. 15Que a paz de Cristo goberne os vosos corazóns, xa que a ela vos chamaron coma membros dun mesmo corpo. Sede tamén agradecidos.
16Que a palabra de Cristo habite en vós con toda a súa riqueza. Ensinádevos e alentádevos uns a outros o mellor que saibades. Co corazón cheo de agradecemento cantádelle a Deus salmos, himnos e cántigas inspiradas. 17E todo canto fagades, de palabra ou de obra, facédeo para honra de Xesús, o Señor, dándolle gracias a Deus Pai por medio del.
18Mulleres, sede dóciles ós vosos homes coma lle acae a unha muller cristiá. 19Homes, amade as vosas mulleres e non sexades ríspidos con elas.
20Fillos, sede ben guiados en todo cos vosos pais, que isto é cousa agradable ó Señor.
21Pais non asoballéde-los vosos fillos, para que non saian coitados.


ALELUIA     Col 3, 15a. 16a
Que a paz de Cristo reine nos vosos corazóns;
que a palabra de Cristo habite abondosamente en vós


CICLO C:  Lc 2, 41-52
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Xesús é encontrado polos seus pais no medio dos doutores

41Polas festas da Pascua os pais de xesús ían tódolos anos a Xerusalén. 42E así, cando o neno tivo doce anos, subiron á festa, conforme a tradición. 43Pasados aqueles días, cando eles voltaban, o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que seus pais se decatasen.
44Coidando que iría na comitiva, fixeron unha xornada de camiño; entón buscárono entre os parentes e coñecidos. 45Pero como non deron con el, volveron a Xerusalén para buscalo. 46E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo, sentado no medio dos doutores e dialogando con eles. 47Tódolos que o escoitaban estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións. 48O velo, ficaron moi impresionados, e a súa nai preguntoulle:
-¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos cheos de angustia en busca túa.
49El respondeu:
-¿E logo por que me buscades? ¿Seica non sabiades que eu teño que estar na casa de meu Pai?
50Pero eles non entenderon a resposta. 51Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa autoridade. A nai conservaba todas estas cousas no seu corazón.
52Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en gracia diante de Deus e mais  dos homes.


SABER ACOLLER A TOD@, 
TAMÉN NAS NOSAS FAMILIAS
TOMADO DE: remoldapalabra.blogspot.com
Pórtico
A festa que celebramos hoxe, a da Sagrada Familia, quere ser una chamada a afianzar máis plenamente os vínculos de amor que unen ás familias. Non é una xornada para laiarse porque nos pareza que a familia está en horas baixas, ou porque o modelo de familia está cuestionado. Non. Hoxe chámasenos a atención para que potenciemos o que verdadeiramente falta en tantas familias: o amor, o perdón, o respecto, a escoita…
Que a celebración de hoxe nos axude a tomar conciencia de que tamén nas nosas familias estamos chamad@s a vivir como amigos e seguidores de Xesús: sabendo acoller a todas as persoas.

Perdón
    -Porque non temos pelos na lingua á hora de criticar o que é diferente ao noso pensamento, SEÑOR, PERDOA A NOSA DESUNIÓN.
    -Por tódalas veces nas que esquecemos que formar parte dunha familia é tamén esforzarnos para crear nela espírito de colaboración e participación, CRISTO, PERDOA A NOSA DESUNIÓN.
    -Polas veces nas que cos nosos feitos e as nosas palabras somos causa de división e enfrontamento, SEÑOR, PERDOA A NOSA DESUNIÓN.
Remuíño

A festa da Sagrada Familia é un día propicio para que valoremos cómo nos situamos nas nosas familias: qué significa na nosa vida, qué a podemos potenciar, qué temos que podar para que sexan verdadeiramente luz para os outros e especialmente reflexo do amor de Deus nas nosas vidas e na das persoas. Pero como facer esta valoración?. Non podemos quedar só no
material: necesidade dos fillos de quedar máis tempo na casa, non porque se estea ben na casa ou coa familia; nin por razóns psicolóxicas: porque non hai tensións dentro dela, porque somos máis comprensivos os pais cos fillos e entre os pais, porque os membros son máis agradecidos e cariñosos; nin por culturais: porque queda ben casarse, porque está ben valorado, porque na cultura no que estamos valorase mais o íntimo… Pero quizá a familia tense que valorar como comunidade de vida e amor. Son estas dúas, dimensións que definen o humano, porque se pode construír humanidade partindo o pequeno, das familias para ir edificando o pobo e á sociedade. 

Porque só en comunidade podemos realizarnos como persoas, podemos salvarnos, ser felices, dende a integración e a aceptación do outro, salvándonos así da soidade, da marxinación, do individualismo, da autosuficiencia. Unha comunidade que nos enriquece e nos corrixe, facéndonos crecer en comuñón.Na familia, a vida créase, recíbese e faise crecer, dende un fillo/a pero tamén na colaboración, no servizo, na superación, na comuñón, na axuda mutua, no compromiso, en compartir penas e alegrías. Porque o amor é a enerxía máis grande, o que une á familia, o máis esixente e gratificante. É a alma de toda a familia. Non habería nin comunidade nin vida sen amor. Isto leva a poñer ao outro por riba de todo, a dar e a darse. 

A familia é onde se ama sen buscar ser amados. Xesús naceu nunha familia e renovouna, converteuna en sacramento, bendiciu o amor e converteuno en fonte de comunidade, fonte de vida e fonte de amor. Que tamén nós, desde o noso ser membros dunha familia, saibamos crecer nela con confianza, sabendo querernos e respectarnos nas diferenzas, colaborando no que uns e outros necesiten e superando a tentación de converter a familia nunha pensión. A familia de Nazaret buscou o entendemento, que tamén nós saibamos facelo así, e nos deixemos de discutir sobre cuestións que nos fan perder o tempo e non responden aos dous valores que temos que ir construíndo nas nosas familias, como tamén se esforzaron en facelo María, Xosé e Xesús: amor e capacidade de comprensión. Non trabuquemos o rumbo!.

Oración da comunidade
Señor, ti acompañas o noso camiñar e formas connosco unha comunidade de amor e felicidade. Escoita hoxe a nosa oración neste día no que nos lembramos dun xeito especial de todas as familias. Por iso dicimos confiados:

QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR
-Pola Igrexa, para que respecte e dialogue con todas as persoas que teñen distintas formas de ver a familia, pero cuxo punto de unión é o amor, OREMOS.
QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR
    -Polas nosas familias, para que saibamos admitir a súa pluralidade e non caiamos na tentación de impoñer unha única maneira de manifestarse e configurarse, OREMOS.
QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR
    -Por todas as familias, especialmente polas que pasan dificultades económicas neste tempo de crise, por aquelas que sofren a perda dun ser querido, polas que están a piques de romperse, polas que non teñen a posibilidade de ter unha vida digna. Por todas elas, OREMOS.
QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR
    -Por tod@s nós para que non antepoñamos intereses económicos, sociais ou de prestixio, ao que verdadeiramente importa nas familias: o amor e o respecto, OREMOS.
QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR
Señor, Ti queres o mellor para nós. Pedímosche que alentes as nosas familias no quefacer cotiá. PXNS.


Para a reflexión

O amor acéptate tal como es.
Afirma a túa vontade e os teus dons.
Preocúpase por ti, quere saber que estás ben.
Impúlsate a que te realices plenamente.
Empatiza: sabe o que se sente ao ser ti.
Anímate a que creas en ti mesmo.
É amable no trato contigo.
Garda os teus segredos: estás a salvo.
É bondadoso: sempre te apoia e está ao teu lado.
Rise moito: sempre contigo, nunca de ti.
Busca a túa bondade e atópaa.
Fai que te sintas satisfeito de ser ti mesmo.
Non ten en conta as túas vaidades e debilidades.
Ora polas túas necesidades e deféndete.
Ten tacto incluso cando se enfronta contigo.
Diche a verdade sempre e con honestidade.
Pensa en ti e nas túas necesidades.
É duro e tenro, segundo o que necesites.
Compréndete e permíteche ter malos días.
Señor, pedímosche que este sexa o amor sobre o que se asenten as nosas familias.




Cantos
Entrada:
Que ledicia
Lecturas:
Escoita ti a palabra de Deus
Ofertorio:
Eu soñei
Comuñón:
O amor é o meirande


POWER POINTS
Nadal, un canto á vida
Sagrada Familia ciclo C

27 dic. 2012

Lecturas de Nadal - ciclo C

Disculpade que non puxera este ano as celebracións de Nadal, inda que xa as tedes do ano pasado, pero a gripe non perdoa e, como case sempre nestas datas, estiven bastante pachucha. Lembrade rebuscar sempre en anos anteriores por si xa está publicado algo aquí no blogue, ou na páxina web do mesmo nome (tedes a ligazón na columna da dereita). 

Déixovos coa débeda pagada:


           PREGÓN DO NADAL  - CICLO  C


Anunciámosvos, irmáns, unha Boa Nova,
unha grande ledicia para todo o pobo;
escoitádea co corazón gozoso.
Pasaron milleiros e milleiros de anos
   dende que, ó principio,
Deus creou o ceo e a terra e fixo
o  home e a muller á súa imaxe e semellanza;
e milleiros e milleiros de anos
dende que rematou o diluvio,
e o Altísimo fixo restablecer o arco iris,
signo de alianza e de paz.
No ano 752 da fundación de Roma;
no ano 42 do imperio de Octavio Augusto,
mentres sobre toda a terra reinaba a paz
na sexta idade do mundo,
hai 2012 anos,
en Belén de Xudá, vila humilde de Israel, 
ocupada entón polos romanos,
nun presebe, porque non tiñan sitio na pousada,
de María Virxe, esposa de Xosé,
da casa e familia de David,                          
naceu Xesús, Deus eterno,
Fillo do Eterno Pai e home verdadeiro
chamado Mesías e Cristo
que é o Salvador que os homes agardaban.



NADAL DO SEÑOR  -  MISA DO DÍA


Primeira Lectura            Is 52, 7-10
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Todos os pobos da terra percibirán a salvación do noso Deus

            Que fermosos son sobre os montes
os pés do mensaxeiro de boas novas,
que anuncia a fartura,
que proclama a felicidade,
que pregoa a salvación,
que di:
            Sión, o teu Deus reina!
            Un grito! Os teus vixías levantan a voz, berran xubilosos a un tempo:
            "Todos os ollos contemplarán a volta do Señor a Sión".
            Berrade a coro con xúbilo, ruínas de Xerusalén,
que o Señor consolou o seu pobo, redimiu Xerusalén.
            O Señor remangou o seu brazo santo aos ollos de todos os  pobos,
e todos os  confíns da terra viron a salvación do noso Deus.

                        Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL              Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4. 5-6
R/. (3c): Os confíns todos da terra percibiron a vitoria do noso Deus.

Cantade ao Señor un cántico novo,
pois fixo marabillas;
a súa destra deulle a vitoria,
o seu brazo santo.

O Señor dá a coñecer a súa vitoria,
revela a súa xustiza diante dos pobos.
Lembrou a súa misericordia e a súa fidelidade
coa casa de Israel.

Os confíns todos da terra percibiron
a vitoria do noso Deus.
Aclama ao Señor, terra enteira,
rompede a cantar e a tocar.

Tocade para o Señor a cítara,
a cítara e tamén o salterio;
con claríns e co son das trompetas
aclamade o Señor, noso rei.


Segunda Lectura            Heb 1, 1-6
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
Deus falounos por medio do Fillo

            Irmáns:
            En moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados aos nosos devanceiros por medio dos profetas. Agora, neste período definitivo, falounos por medio do seu Fillo, a quen fixo herdeiro de todo, pois xa creara por medio del o mundo e as idades. El é reflexo da súa gloria e imaxe do seu ser, El sostén todas as cousas coa súa poderosa palabra e, despois de realizar a purificación dos pecados, sentouse á dereita da Maxestade nas alturas, facéndose tanto máis poderoso cós anxos, canto que herdou un título máis valioso có deles.
            Porque, a cal dos anxos lle dixo algunha vez: "Ti es o meu fillo, hoxe xereite eu"; ou tamén: "Eu serei para El un pai e El será para min un Fillo"?.
            E cando introduce de novo o seu Fillo primoxénito ao mundo celeste, di: "Adóreno todos os  anxos de Deus".

                        Palabra do Señor                                         R/. Grazas a Deus

ALELUIA
Se non se canta, pódese omitir.

Aleluia, aleluia.
Resplandeceu para nós un día de santificación:
vinde todos e adorade o Señor:
porque hoxe descendeu unha inmensa luz sobre a terra.
Aleluia.


Evanxeo  Xn 1, 1-18 (longo)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
O Verbo fíxose carne e habitou entre nós

            No principio existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
e a Palabra era Deus.
Ela estaba no principio onda Deus.
            Todo foi feito por ela,
e sen ela non se fixo
nada do que foi feito.
Nela estaba a vida,
e a vida era a luz dos homes;
a luz aluma na tebra,
e a tebra non a deu apagado.
            Houbo un home
mandado por Deus:
o seu nome era Xoán.
Este veu de testemuña
para dar testemuño da luz,
para que todos cresen por el.
            Non era el a luz,
senón que veu para dar testemuño da luz.
A Palabra era a verdadeira luz
que aluma a todo home
que vén a este mundo.
            Ela estaba no mundo,
e o mundo foi feito por ela,
pero o mundo non a recoñeceu.
Veu á súa propiedade,
e os seus non a acolleron.
            Pero a cantos a recibiron,
‑ aos que cren no seu nome ‑
deulles o poder
de seren fillos de Deus.
            Estes, non naceron do sangue,
nin da vontade da carne,
nin da vontade do home,
senón de Deus.
            E a Palabra fíxose carne,
e plantou entre nós a súa tenda,
e nós vimos a súa gloria,
gloria coma de Unixénito
que vén do Pai,
cheo de graza e de verdade.
            Xoán dá testemuño del,
exclamando:
Este évos de quen eu dixen:
"O que vén detrás miña,
pasa diante miña,
pois existía primeiro ca min".
            E da súa abundancia
recibimos todos nós
graza e máis graza.
Pois a Lei deuse
por medio de Moisés;
a graza e a verdade
realizáronse por Xesús Cristo.
            A Deus ninguén o viu;
o Unixénito, que está no seo do Pai,
foi quen nolo revelou.

                        Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo


Ou máis breve:  

Xn1-5. 9-14
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

            No principio existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
e a Palabra era Deus.
            Ela estaba no principio onda Deus.
Todo foi feito por ela,
e sen ela non se fixo
nada do que foi feito.
            Nela estaba a vida,
e a vida era a luz dos homes;
a luz aluma na tebra,
e a tebra non a deu apagado.
A Palabra era a verdadeira luz
que aluma a todo home
que vén a este mundo.
            Ela estaba no mundo,
e o mundo foi feito por ela,
pero o mundo non a recoñeceu.
Veu á súa propiedade,
e os seus non a acolleron.
            Pero a cantos a recibiron,
‑ aos que cren no seu nome ‑
deulles o poder
de seren fillos de Deus.
            Estes, non naceron do sangue,
nin da vontade da carne,
nin da vontade do home,
senón de Deus.
            E a Palabra fíxose carne,
e plantou entre nós a súa tenda,
e nós vimos a súa gloria,
gloria coma de Unixénito
que vén do Pai,
cheo de graza e de verdade.

                                   Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo


TAMÉN OS CRISTIÁNS CELEBRAMOS O NADAL. CICLO C
25 DECEMBRO 2012
TOMADO DE:remoldapalabra.blogsot.com

PÓRTICO

            O Nadal é festa entrañable e significativa, tanto a nivel de fe como de familia e sociedade.
Ofrecemos e escoitamos mensaxes preciosas, que veñen do ceo e xermolan no máis íntimo do corazón. Hai unha que resoa con forza entre todos: paz ás persoas de boa vontade, a cantos senten que Deus é amor. E cando Deus di paz, enténdese plenitude de felicidade e de vida. Porque Deus quere que os seus fillos e as súas fillas vivan felices.
            Pero non somos insensibles ao que está a pasar no noso redor. Mil1óns de irmáns e irmás, tamén fillos e fillas de Deus, non poden celebrar dignamente o nacemento do Fillo de Deus. Chamámolos pobres, pero son empobrecidos, marxinados, excluídos do banquete da creación. Deus non os exclúe, somos nós os que o facemos coas nosas actitudes e comportamentos.torque botarlle a culpa a Deus de algo que facemos nós?
            Que a celebración de hoxe nos leve a revisar actitudes e comportamentos, porque ao mellor, moitos deles, son os que impiden que os que están ao nosa lado sexan felices e tratados con dignidade.

PERDÓN

            * Podemos celebrar o Nadal cando desposuímos á maioría dos irmáns da súa dignidade e dos seus dereitos? Podemos celebrar o Nadal sen solidariedade?
                                    SEÑOR, QUE REVISEMOS A NOSA VIDA.

            * Caín e Abel, poderán celebrar algún día xuntos o Nada!? O sacerdote e o levita, uniranse algunha vez á opción do samaritano, esquecendo os seus templos?,
                                    CRISTO, QUE REVISEMOS A NOSA VIDA.

            * O pousadeiro de Belén abrirá as portas da súa pousada a todo o que chame? Os escribáns deixarán por un momento as súas escrituras para buscar ao Mesías entre os pobres?,
                                    SEÑOR, QUE REVISEMOS A NOSA VIDA.

REMUÍÑO

            OUTRO MUNDO É POSIBLE?: DEUS AMA TODO E A TODOS NESTE MUNDO!
            * Preguntámonos moitas veces sobre a posibilidade de cambiar este mundo. Soñamos con outro mundo no que a pobreza sexa erradicada, no que a inxustiza sexa cousa do pasado, no que a crueldade soe a unha perversa alucinación. Non será posible a fraternidade? Non chegaremos a recoñecer a sagrada dignidade da máis insignificante das persoas? Non chegará a prevalecer a palabra sobre o ruído das armas?
            * Tamén Deus preguntaba. Terei que destruír este mundo pervertido e pensar noutro novo?
Haberá algún defecto de orixe na miña obra? Por que se corrompeu toda carne? Novos diluvios e castigos? Enviarei novos reis e profetas? Quizais algún dos meus anxos máis próximos?
            * E Deus atopou a resposta no seu corazón. Si, outro mundo é posible. O mundo non será destruído, senón anovado. Poñerei en xogo toda a inventiva e a forza do meu amor misericordioso. Non será a base de castigos, senón de bendicións. Non con diluvios de auga ou lume, senón de graza e espírito. E hoxe resoa a decisión divina: Naceunos un neno, déusenos un fillo. E o seu nome será Emmanuel. Naceunos un Deus Salvador. Deus veu salvamos. Pero non nos salvará desde fóra, senón desde dentro, uníndose substancialmente á persoa e curándoa desde a súa raíz. Deus fíxose persoa para que a persoa se faga Deus. Misterio do amor máis grande.
            * Entón, se Deus está connosco e en nós, xa non hai lugar para a desesperanza ou o pesimismo.
Os máis grandes soños e os mellores ideais son posibles. Toda persoa, o mundo enteiro, recibirá unha sobredose de espírito, unha inmensa capacidade de anovación e transformación.
            * Entón, se Deus uniuse a nós, todos estamos chamados a vivir en Deus e para Deus, comprometidos a facer deste mundo unha realidade humano - divina, un bosquexo do Reino de Deus.

A FRATERNIDADE SERÁ POSIBLE? DEPENDE DE NÓS. PARA QUE SENÓN A PALABRA SE FIXO CARNE?
            * As armas non só non se enterran, senón que se multiplican e perfeccionan. A pomba da paz non deixa de recibir feridas. A mentira e o erro desfiguran ou afogan a verdade, a inxustiza e a cobiza desertizan a vida. Será posible un mundo limpo e solidario? Prevalecerá a palabra sobre o fragor belicoso? Resplandecerá a verdade sobre o erro e a mentira? A solidariedade impoñerase sobre o egoísmo?
            * Desde que Deus creou po la palabra, e desde que a Palabra se achegou a nós, sabemos que a palabra é máis forte. Pola palabra a persoa humanízase, relaciónase e medra. A palabra humana pode vencer a incomprensión e a rivalidade. Falando enténdese a xente,. Falando encaríñanse as persoas. Aínda que, por desgraza, non sempre é así.
            * A Palabra fíxose carne. Misterio da Encarnación: humildade e refugallo, proximidade e empatía, fraternidade e salvación. A Palabra vén en axuda das palabras. A Palabra divina fíxose persoa. Será para as persoas luz e vitoria. Ensinaranos os camiños da liberdade e da vida. Ensinaranos a infinita realidade do Pai e a gozosa verdade da nosa felicidade.
            * Se acollemos a Palabra - Amor e nos deixamos amar, seremos revestidos da forza do alto. E aprenderemos o amor, un tema que abarca moitos capítulos, como a comprensión, a compaixón, a tenrura, o servizo, a xenerosidade, o perdón, a amizade, a familia, a comuñón, a entrega.

            * Un acto de fe: cremo s na Palabra encarnada e liberadora
            * Unha acción de grazas: grazas, Verbo de Deus, por vir ata nós
            * Un compromiso: escoitaremos a Palabra e gardarémola no corazón

ORACIÓN DA COMUNIDADE

            Poñámonos na disposición de dicir si a Deus cos nosos labios e o noso corazón. E digamos xuntos: Amén.

            * Que a proclamación cos nos nosos labios de que Deus se fixo home, nos leve a cantos somos 19rexa de Xesús a loitar e esforzamos en vivir coma Xesús. Oremos. Amén.
            * Que o que non atopou casa ao nacer, atope casa no noso corazón. Oremos. Amén.
            * Que Deus, que se fixo pobre para enriquecemos, nos capacite para compartir bens e talentos cos pobres. Oremos. Amén.
            * Que o Deus empequenecido nos faga medrar en humildade e servizo. Oremos. Amén.
            * Que o Deus connosco nos converta en mans amigas, abertas, sinceras e solidarias para os irmáns e irmás. Oremos. Amen.

            Pai, que o nacemento de Xesús nos faga máis humanos e máis irmáns. Amén.



REFLEXIÓN

Faláronnos dun Reino estraño ...
e do camiño.
Estraño quere dicir feliz,
e camiño non significa descanso.

E non hai que facerse ilusións
buscando o paraíso
nalgún recuncho da terra ...
porque aquí non hai máis que camiño.

Benaventurados
os que queren camiñar!
Que o sol do mediodía
que abrasa a pel
non vos faga deterse…

Que non se espanten
da fame e da sede ...
cando o camiño pase
lonxe das fontes e dos aplausos.

Felices os que saiban dar a man,
e o vestido e a comida ...
e o que faga falla
para que ninguén estea só.

E non hai que facerse ilusións de non cansar ...
Porque ninguén dixo nunca
que o camiño sexa doado.


PANXOLIÑAS:  
Panxoliñas

POWER POINTS