Domingo 2 de Advento - CICLO C

2º DOMINGO DE ADVENTO - CICLO   C


Primeira Lectura          Bar 5, 1-9
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA BARUC
Deus vai mostrar o teu esplendor

Xerusalén, quita o vestido da túa dor e da túa desgraza ,
e viste para sempre o esplendor da gloria que vén de Deus.
Envólvete no manto glorioso da xustiza que vén de Deus:
pon na túa cabeza o diadema da gloria do Eterno.
Deus vai mostrar o teu esplendor a toda cidade baixo o ceo,
pois Deus fará que o teu nome sexa para sempre "paz da Xustiza e Gloria da Piedade diante de Deus".
Ponte de pé, Xerusalén, ponte de pé no alto,
e mira cara ao nacente,
olla os teus fillos reunidos pola palabra do Santo,
alegres pola lembranza do Señor
desde o poñente ata o nacente.
Saíron de onda ti,
levados a pé polos inimigos,
pero Deus devólvechos en andas de gloria,
coma un trono de realeza.
Pois mandou o Señor que se rebaixasen
os montes altos e os vellos outeiros
e que os barrancos se enchesen volvéndose chairas,
para que Israel camiñe con paso seguro,
guiado pola gloria de Deus;
e por orde de Deus as árbores do bosque e as plantas recendentes
déronlle sombra a Israel.
Si, Deus conducirá a Israel con alegría á luz da súa gloria,
coa misericordia e a xustiza que están con El.

                                   Palabra do Señor                             R/ Grazas a Deus

                                                                                                                                            
SALMO RESPONSORIAL        Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6
R/. (3): O Señor fai connosco cousas grandes, estamos cheos de alegría.

Cando o Señor cambiou a sorte de Sión,
parecíanos un soño.
A boca enchéusenos de risos,
a lingua de cantares.

Daquela dicían os pagáns:
"O Señor fixo con eles cousas grandes".
O Señor fixo connosco cousas grandes,
estamos cheos de alegría.

Cambia, Señor, a nosa sorte,
coma os regatos no deserto.
Os que sementan entre bágoas,
recollen entre cantares.


Cando van, van chorando
os que levan a semente.
Ó viren, veñen cantando
os que traen os seus monllos.
                                                                                                                                            


Segunda Lectura            Flp 1, 4-6. 8-11
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS  FILIPENSES
Sede sinceros e permanecede sen pecado para o día de Cristo

Irmáns:
Sempre que rezo por vós, fágoo con alegría, pola parte que vides tomando na difusión do Evanxeo desde o primeiro día ata hoxe. Eu confío en que o que encetou en vós un traballo bo, halle de ir dando cabo de aquí ao día de Cristo Xesús.
(Ben sabe Deus con que morriña cristiá vos boto a faltar aquí! E na miña oración pido que o voso amor reborde de coñecemento e de sensibilidade para todo: así poderedes acertar co mellor para chegardes enxebres e sen tacha ao día de Cristo Xesús, e cheos do froito da xustiza que se consegue por medio de Xesús Cristo para gloria e loanza de Deus.
                                                                                                                                            
                                   Palabra do Señor                             R/ Grazas a Deus


ALELUIA     Lc 3, 4. 6
Se non se canta, pódese omitir.

Aleluia, aleluia.
Preparade os camiños do Señor
endereitade os seus carreiros;
todos verán a salvación de Deus.
Aleluia.


Evanxeo               Lc 3, 1-6
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Todos verán a salvación de Deus

No ano quince do reinado do emperador Tiberio César, sendo Poncio Pilato gobernador de Xudea e Herodes tetrarca de Galilea; sendo Filipo, o seu irmán, tetrarca de Iturea e mais da Traconítide, e Lisanias, tetrarca de Abilene: durante o pontificado de Anás e Caifás, chegoulle a Palabra de Deus a Xoán, fillo de Zacarías, no deserto.
Entón el percorreu toda a rexión do Xordán, pregoando un bautismo de conversión, para acadar o perdón dos pecados, conforme está escrito no libro do profeta Isaías:

Unha voz chama no deserto:
Preparade os camiños do Señor,
reparade os seus vieiros.

Toda barranqueira se cubrirá
todo monte e outeiro se rebaixará,
os camiños tortos hanse endereitar
e os fragosos hanse achanzar.
E todos verán a salvación de Deus.

                           



Palabra do Señor                                               R/. Loámoste, Cristo

 DEUS ESTENDE A SÚA MAN: PREPÁRATE
2º Advento C - 2012
TOMADO DE: remoldapalabra.blogspot.com

PÓRTICO

            Tempo de Advento, tempo de preparación para o Nada!". Vale, entón ..... ¿como adornaremos a casa: árbore ou belén? ... Temos que empezar a escribir unha morea de felicitacións .... hai que mercar luces de cores .... debemos quitarlle o po á vaixela das ocasións ... e ¿que cearemos en Noiteboa? ..
            Ofrécesenos a grande oportunidade de cambiar, de vivir esa vida nova que, no fondo, todos desexamos ... pero que tanto nos custa emprender. .. Cústanos dar o primeiro paso ... Con paciencia cómpre irmos transformando a nosa vida, endereitando o que está torto, tendendo ponte, escavando
outeiros…deixándonos levar pola Palabra de Deus que nos chama e que é tamén, a nosa forza.
             Porque ou cambiamos de vida ou endexamais experimentaremos a ledicia do Evanxeo ... A nosa vida persoal, a vida de relación cos outros ... É aquí e agora, nas nosas vidas, con todas as súas limitacións ... onde Deus quere salvar, onde ternos que asumir e ver a salvación de Deus. Que esta celebración nos axude a preparamos para saber descubrir, entre tanto rebumbio, o que verdadeiramente importa.

O PERDÓN

            Porque no medio de tanto barullo non facemos silencio para escoitar a túa voz,                                                                          SEÑOR, TI AXÚDASNOS A CAMBIAR.
            Porque nos preparamos para a túa chegada dun xeito equivocado, lanzándonos a unha frenética carreira de compras, sen decatamos de que é ao noso corazón onde Ti queres chegar,                                                                        CRISTO, TI AXÚDASNOS A CAMBIAR.
            Porque nos custa despoxamos do antigo para cambiar, endereitando, abaixando, reconducindo a nosa vida,                         SEÑOR, TI AXÚDASNOS A CAMBIAR.

REMUÍÑO

            * Xoán, un home que non pertence a ningunha xerarquía e que non posúe poder, cartos, nin tan sequera autoridade ningunha, é o único que escoita a Palabra de Deus, invitación para todo o pobo. Sempre é así. É ao pobre ao que hai que escoitar, para poder oír no máis fondo do noso ser a chamada ao cambio e para poder ver a salvación de Deus. Cando unha persoa sinxela é quen de aprender a mirar a vida desde a perspectiva do pobre e do indefenso, síntese chamada a anovar a súa vida. Escoitar a quen nos chama desde o deserto da pobreza é sempre escoitar unha chamada á conversión.

            * Hoxe un grito estridente e doloroso resoa no noso mundo: o berro dos pobres, dos indefensos, dos atropelados pola inxustiza, os anciáns, os humillados, os manipulados, os inmigrante, os parados .... son a voz de quen nos urxe a comprometer a nosa vida de xeito persoal e comunitario para endereitar, abaixar, igualar... Só así poderemos ver a salvación de Deus. Hai anos, publicouse a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e tanto tempo despois aínda queda moito camiño por andar para que en todo o mundo as persoas vexan respectada a súa dignidade.

            * Vivimos máis e mellor informados que nunca, porén cada vez son máis os que non teñen razóns convincentes que dean sentido á súa vida. É posible unha comunicación rápida e eficaz entre as persoas e os pobos, porén cada vez cústanos máis establecer relacións de amor e de amizade. Cada vez son maiores as posibilidades de viaxar e divertirse; pero ao mesmo tempo segue medrando o número de persoas insatisfeitas .... Esquecemos que a vida é un proxecto - tarefa que hai que ir resolvendo día a día e que hai que formular ben. O que nos caracteriza aos seguidores de Xesús é que á hora de deseñar a nosa vida, ao darlle un sentido, ternos como un punto de referencia seguro: a súa vida e a súa mensaxe.

            * Por iso é importante escoitar con atención a voz do profeta: "Preparádelle o camiño ao Señor". A preparación consiste na igualación das relacións humanas, que deben pasar da desigualdade á igualdade, da inxustiza á xustiza. E ese cambio debe ser interior e exterior. O camiño e os carreiros fan referencia a algo que ten relación con todos, a un mundo novo, a unha no va sociedade, ao Reino de Deus (co esplendor que narra Baruc). É doado sentir a impotencia diante da complexidade da sociedade actual e o pouco que se pode facer; pero a voz do profeta é un reto para todos. Non se pode ver a salvación de Deus se non hai conversión, se non hai cambio, se non hai compromiso práctico do compartir e da solidariedade, se non nos remangamos e poñemos as nosas mans ao servizo dos demais. A que esperamos?; preparemos o camiño.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

            Señor, imos compartir a nosa oración comunitaria. Que aquilo que dicimos cos nosos labios nos esforcemos por vivilo no noso corazón.
                                               Grazas por axudarnos a cambiar

* Pola Igrexa, para que no medio da sociedade de hoxe dea testemuño concreto de austeridade, dunha alegría que non nace do consumo, senón do corazón de Deus, OREMOS.
                                               Grazas por axudarnos a cambiar
* Polas nosas comunidades parroquiais, para que neste tempo de graza que é o Advento traballemos con forza por tender pontes de unión, de encontro, de diálogo, de acollida e por pechar antigas fendas que nos separan, OREMOS.
                                               Grazas por axudarnos a cambiar
* Por tantas persoas que foron e son para nós Xoán Bautista (pais, nais, catequistas, curas, amigos ...) chamándonos a espertar do noso adormecemento e a comprometer a nosa vida a prol dos máis necesitados, OREMOS.
                                         Grazas por axudarnos a cambiar
            Señor, sabemos que Ti sempre nos escoitas. Axúdanos a que neste camiño do Advento sexamos quen de botar fóra do noso corazón o que nos impide vivir con ledicia a chegada do teu Fillo. Por Xesucristo, noso Señor.

PARA A REFLEXIÓN

Hai unha voz que grita no deserto:
Preparemos os camiños ao Amor,
porque se achega o día da súa visita.

No páramo resoa a trompeta
que anuncia a vida de quen chega
a instaurar na terra primaveras
que cumpren a promesa do profeta.
Os montes abáixanse ao seu paso,
e a estepa florece na súa presenza.

Chega o Señor, que bautiza coa súa vida
e renova coa súa paz os corazóns.
Chega o tempo no que se cantan as cantigas,
e o Espírito dáse sen medida.


CANTOS
ENTRADA: Ven axiña visitamos                          
LECTURAS: Veña o teu Reino
OFERTORIO: Volve Señor                                              
PAZ: Que veña a paz
COMUÑÓN: Xesús chamado amigo.

Comentarios

Publicacións populares