Está a chegar a vosa salvación - Lc 21, 25-28.34-36
Domingo 1 de advento ciclo C
CHEGA O DÍA
DA VOSA LIBERACIÓN
Señor,
neste tempo de Advento,
na
espera do teu nacemento…
Para
as angustias do corpo,
un
anaco de conforto.
Para
o espírito crebado,
do
teu alento o regalo.
Para
cada vida tripada,
unha
vida rescatada.
Para
cada suor vertida
a
súa gloria ben medida.
Para
cada vello ignorado,
de
mil anxos os coidados.
Para
cada neno esquecido,
bicos
de pan e agarimo.
Para
cada muller labrega,
cantigas
de honor na terra.
Para
cada pobre que chora,
xustiza
en panos de gloria.
Para
cada cacique que triúnfe,
brazos
de unión que o derruben.
Señor,
polo teu amor,
para
cada cruz un descanso,
para
cada espiña unha flor,
para
cada noite o relampo
da
túa liberación.
Comentarios
Publicar un comentario