E nós que temos que facer? - Lc 3, 10-13
Domingo 3 de Advento - ciclo C
QUE
TEÑO QUE FACER?
O Nadal está ás portas,
querémoste recibir ben, Señor,
que ternos que facer?
Aquí estou eu,
ben me coñeces,
na miña luz e nas miñas sombras,
que teño que facer?
Aquí está a miña familia,
cos seus traballos ecos seus gozos,
cos seus méritos ecos seus pecados,
que teño que facer?
Aquí está a miña parroquia,
o meu pobo, o meu grupo,
a miña comunidade,
con tanto por onde avanzar e mellorar,
que teño que facer?
Aquí está o mundo
con moitos tropezos e moitos abusos,
con moitas comenencias e moitos padriños.
que teño que facer?
Querémoste recibir ben, Señor,
queremos poñernos na túa onda,
ti vés disposto a todo por nós,
dinos: que ternos que facer?
Comentarios
Publicar un comentario