Debuxos da Historia do Nacemento de Xesús

Inda que xa tedes outros moi completos do ano pasado 
Debuxos-da-historia-do-nadal
déixovos os que atopei para este ano:


No tempo do emperador romano, César Augusto, ditouse unha nova lei. 
El gobernaba sobre moitos países e quería saber cantos habitantes 
había no seu imperio, para que pagasen impostos. Mandou que todos 
se rexistrasen no pobo de onde eran os seus pais e os seus avós.

Xosé e María tiveron que ir a Belén. Foi unha viaxe moi longa. 
A aldea de Belén quedaba a 125 quilómetros de Nazaret. Nese tempo non había 
trens nin autobuses nin avións. Todos os viaxeiros ían a pé ou montados en burros. 
Tamén Xosé e María. Uns meses antes, María recibira a visita dun anxo, Gabriel,
que lle dixo que  tería un neno moi especial para Deus,
e por iso, na viaxe, María estaba a punto de dar a luz.  


O camiño cara a Belén baixaba das montañas ata o río, 
e subía outra vez polos outeiros. Como todos tiñan que ir ás cidades 
dos seus pais e avós, os camiños estaban cheos de viaxeiros. 
Xa podemos imaxinar canto po levantaban todos ao camiñar!

Despois de moitos días de viaxe, Xosé e María chegaron a Belén. 
Xosé estaba moi ansioso de atopar un bo hotel para que María 
puidese descansar. En calquera momento podería nacer o neno!
Xosé foi de hotel en hotel, pero en cada lugar déronlle a mesma resposta: 
Non hai sitio!” María estaba moi cansa e xa non podía camiñar.  

Finalmente tiveron que hospedarse nun cortello. 
Vivirían xunto cos animais durante a estadía en Belén. 
E alí, entre as vacas e os burros, naceu o Neno Xesús. 
Con todo agarimo María envolveuno en cueiros e... 
deitouno nun fermoso berce? Non! 
Seguramente tiñan un berce na casa, 
pero en Belén só houbo un pesebre para Xesús. 
A súa primeira cama foi o lugar de onde comen palla os animais. 


Esa noite Deus publicou a gran noticia! Como neses tempos non había radio 
nin televisión, Deus enviou anxos para dar a boa nova. A escura e fría noite
iluminouse e os anxos contaron a noticia aos únicos que estaban espertos: 
uns pastores que coidaban o seu rabaño!


Gloria a Deus nas alturas, e na terra paz, boa vontade para cos homes!” 
cantou o coro de anxos que Deus enviou do ceo. 
Un anxo falou aos asustados pastores: 
Non temades, porque vos dou boas noticias. Na cidade de David, naceu un Salvador. Atoparéivolo envolto en cueiros e deitado nun pesebre.”


Os pastores apenas podían crer o que acababan de escoitar. 
Por fin, Deus enviara ao Salvador!
“Imos a Belén a ver o que sucedeu! “-dixeron os pastores-. “Imos!”
Eles coñecían os cortellos de Belén, e rapidamente atoparon a Xesús. 
Na quietude da noite ofreceron a súa adoración ao Neno Rei que nacera. 


 Esa mesma noite, Deus puxo no ceo unha nova e brillante estrela. 
No afastado Oriente uns magos, ou homes sabios, observárona. 
Debe de nacer un rei! -exclamaron-. Imos para adoralo!


Viaxaron moitos días ata chegar onde estaba Xesús. 
Seguramente se sentían felices por ver a estrela que os ía guiando polo camiño.  


 Un día a estrela detívose sobre unha casa. 
Os magos tocaron a porta e preguntaron polo rei que nacera. 
E cando viron a Xesús ofrecéronlle a súa adoración e os seus presentes: 
ouro, incenso, e mirra.


ADAPTADO DE : http://hermanamargarita.com/wp-content/uploads/2009/08/02_vidadejesus.pdf





















Comentarios

Publicacións populares