Santa María Nai de Deus
SOLEMNIDADE DE SANTA MARÍA NAI DE DEUS
1 de xaneiro de
2013
Primeira Lectura Num 6, 22-27
LECTURA DO LIBRO DOS NÚMEROS
Invocarán o meu nome a prol dos
fillos de Israel e Eu bendicireinos
Naquel día, o Señor faloulle a Moisés:
‑ Dilles a Aharón e a seus fillos: Desta
maneira habedes de bendicir os fillos de Israel: "Que o Señor te bendiga e
te garde; que faga brillar o seu rostro sobre ti e che conceda a súa graza; que
o Señor volva os seus ollos cara a ti e che dea a súa paz".
Invocarán así o meu nome en favor dos
fillos de Israel e eu bendicireinos.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8
R/. (2a): Deus teña piedade de
nós e nos bendiga.
Deus teña piedade de nós e nos
bendiga,
faga brillar o seu rostro sobre
nós.
Que se coñeza na terra o teu
camiño,
en todas as nacións a túa
salvación.
Alégrense e canten as nacións,
porque xulgas os pobos rectamente
e na terra gobernas as nacións.
Lóente os pobos, oh Deus,
lóente todos os pobos.
Que nos bendiga Deus e que o
teman
os confíns todos do mundo.
Segunda Lectura Gal 4, 4-7
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS GÁLATAS
Deus mandounos o seu Fillo,
nacido de muller
Irmáns:
Así
que chegou a plenitude dos tempos, Deus mandounos o seu Fillo, nacido de muller
e suxeito á Lei, para rescatar os que estabamos baixo a Lei de xeito que puidésemos
recibir a adopción de fillos.
A
proba de que sodes fillos del é que Deus mandou aos vosos corazóns o Espírito
do seu Fillo que exclama Abbá! (que quere dicir meu Pai! ).
Polo
tanto, ti xa non es escravo, senón fillo.
E,
por seres fillo, tamén, grazas a Deus, es herdeiro.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Heb 1, 1-2
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
En moitas ocasións, e de moitos
xeitos, veulles falando Deus
ós nosos devanceiros por medio
dos profetas;
ultimamente falounos por medio do
Fillo
Aleluia.
Evanxeo Lc 2, 16-21
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Encontraron a María e a Xosé e o
neno. E despois de oito días puxéronlle de nome Xesús.
Naquel
tempo, os pastores foron correndo, e atoparon a María e mais a Xosé, e o neno
deitado na manxadoira. Ao que o viron, contaron todo o que lles dixeran do
meniño aquel.
E
cantos o oíron, quedaron pasmados do que os pastores lles dixeron.
María,
que trataba de comprender, conservaba todas estas cousas no seu corazón.
E
os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto oíran e viran,
todo como lles fora anunciado.
Ós
oito días tocaba circuncidar o neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o
chamara o anxo antes da súa concepción.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
SE QUERES PROMOVER A PAZ, PROTEXE A CREACIÓN
Santa
María, Nai de Deus – C
TOMADO DE :
remoldapalabra.blogspot.com
Bendición do comezo
* Que Deus nos bendiga todos os días do ano.
* Que Deus nos sorría todos os días do ano,
* Que Deus se fixe en nós todos os días do
ano,
* Que Deus nos conceda a súa paz todos os días
do ano.
PÓRTICO :
Comezamos o ano e todos nos
desexamos o mellor dos parabéns. Estamos ledos, sentímonos achegados uns aos
outros e todo son boas intencións. E iso está ben, porque que mellor que pornos
na liña de saída coa mellor das intencións? Pero non debemos esquecer que coas
intencións soas non abonda, que é necesario poñer máis da nosa parte: esforzo,
ganas, sacrificio, ilusión, ánimo, esperanza ... E para que? Para que a vida
poida ser aquilo que todos queremos e que tanto nos custa conseguir: un camiño
no que descubrir e vivir na solidariedade e na paz.A isto somos chamados e
chamadas na celebración que agora comezamos. Feliz ano e poñémonos á tarefa!
O PERDÓN :
Porque non damos entendido que a paz
non é só ausencia de guerra, senón tamén xustiza, amor, servizo, axuda,
dispoñibilidade e desenvolvemento, SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
Porque estamos ben lonxe de sentir a
terra coma a casa común que nos deches para que a habitemos con creatividade e
responsabilidade, CRISTO, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
Porque non utilizamos unha linguaxe
de paz na nosa vida cotiá, coas nosas familias, cos nosos compañeiros de
traballo, cos nosos veciños e amigos, SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
REMUÍÑO : COIDAR A CASA: A RELACIÓN CO COSMOS
A palabra ecos significa casa, é
dicir, cosmos, o lugar no que a persoa sofre, goza, atópase cos demais. Cando
falamos da persoa e da súa relación co mundo, formulamos a reflexión desde a
opción clara como humanos, co compromiso de coidar a casa, decisión froito do
discernimento como persoas presentes nun mundo desigual que evoluciona. Estamos
chamados a relacionamos co mundo non dun xeito superficial, senón implicados no
seu coidado. Falamos así de recuperar un compromiso que tiveron xeracións
anteriores: traballar, coidar, protexer a natureza.
Un coidado e un respecto que esixe
de nós atención e capacidade para facela medrar e desenvolverse ao servizo das
persoas, entendendo así o que significa a palabra HUMANIZACIÓN. A preocupación,
a sensibilidade respecto do medio ambiente non é un snobismo, senón que é unha
opción ética que debe ocupamos e preocupamos, como nos indica a mensaxe deste
día da Xornada da paz do papa Bieito.
Isto pide de nós:
En primeiro lugar, algo que os
cristiáns non tiñamos e que agora comezamos a ter: unha maior conciencia
ecolóxica: valorar, protexer, coidar... denunciando calquera comportamento que
poña en perigo a nosa casa. Porque todos, tamén aqueles que veñen detrás nosa,
teñen dereito a atopar o mundo habitable, pois é o lugar onde van medrar e
desenvolverse como persoas. O progreso non supón o todo vale. Pero neste mundo
noso está a ocorrer que no nome do progreso imos aceptando e admitindo todo
tipo de comportamentos. Porén, no nome do progreso, da técnica, do
desenvolvemento, non todo vale, senón que ten límites. A vítima non é só a
natureza, senón tamén o ser humano que nela e grazas a ela, vive.
En segundo lugar, no libro da Xénese
lemos que Deus pon nas nosas mans a súa obra. Isto significa que asumir este
compromiso, converter esta afirmación en realidade, fai que non esquezamos que
nós somos recreadores da obra de Deus, e isto convértese nun compromiso: somos
señores da creación, continuadores da obra de Deus, o que non quere dicir seres
inertes, senón chamados a gozar e gozar deste plan, cousa que non poderemos
facer se non coidamos a natureza. A invitación que Deus nos fai de dominar a
terra, non pode entenderse como a capacidade de destruír, de asolar todo o que
hai nela. Ser señores da Creación fainos vivificadores, non aproveitados, do
proxecto de Deus.
Polo tanto, como moi ben nos lembra
a mensaxe do Papa nesta Xornada da paz, baixo o lema "se queres promover a
paz, protexe a creación", non basta con estar en paz coas persoas, senón
que tamén debemos estar en paz coa natureza; pois a paz está ameazada tamén
pola nosa falta de respecto cara á terra, pola explotación desordenada dos seus
recursos, polo deterioro da calidade de vida. O arco da vella da paz debe
abranguer tamén á creación enteira, pois debemos ter claro que a destrución ou
o abuso desconsiderado da natureza constitúen un problema de índole moral. Non
somos os donos, senón os coidadores do mundo, non só non debemos destruílo nin
contaminalo, senón que ternos que traballar por deixalo máis limpo e habitable.
Paz con nós mesmos, paz cos demais, paz coa creación ... Velaí o reto que Deus
pon diante dos nosos ollos neste primeiro día do ano. Seremos quen de facelo noso?
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Na festa de Santa María, e neste
comezo de ano que nos volve falar outra vez de paz, sentímonos fondamente
achegados uns aos outros para dicirlle a Deus.
BENDITO O QUE
VÉN NO NOME DO SEÑOR
Por unha Igrexa viva, aberta,
solidaria e pacífica, que saiba acoller e non fomente nunca o pensamento único
e a obediencia cega, Oremos.
BENDITO O QUE
VÉN NO NOME DO SEÑOR
Por unhas comunidades cristiás que
asentadas sobre a forza da paz e o camiño da non violencia, saben ser
testemuñas de encontro, perdón e tolerancia no medio dos enfrontamentos dunha
sociedade que moitas veces se esquece de Deus, Oremos.
BENDITO O QUE
VÉN NO NOME DO SEÑOR
Por nós, que hoxe queremos comezar
este novo ano cheos de proxectos, ilusións e esperanzas, para que co paso dos
días non nos deixemos levar da frustracións da desesperanza e da incapacidade
da non consecución das metas trazadas, Oremos.
BENDITO O QUE
VÉN NO NOME DO SEÑOR
Por todas aquelas persoas que comezan
o ano sen motivos para a esperanza: os parados, as mulleres maltratadas, os
enfermos, os nenos explotados, os vellos que están solos ... para que nunca
esquezamos que o noso compromiso cristián pasa por sermos mensaxeiros da
esperanza para eles e para elas, OREMOS.
BENDITO O QUE
VÉN NO NOME DO SEÑOR
Señor, escoita as oracións que che
vimos de presentar e todas aquelas que levamos dentro do noso corazón. Bendice
as nosas vidas, e as daqueles que queremos ao longo deste ano que hoxe
comezamos. Pedímoscho por Xesucristo, noso Señor.
Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Imos acender sete
candeas, sete,
para lembrar que
non vivimos nas tebras,
porque Deus é luz
e boa nova para
todas as persoas.
Primeira candea e boa nova:
Deus fíxose amor
para quen ten
o corazón roto e só
coñeceu
orfandades e
xenreiras.
Segunda candea e boa nova:
Deus fíxose
liberdade para quen está preso
e para os escravos,
de si ou doutros.
Terceira candea e boa nova:
Deus fíxose consolo
para os que sofren,
agardan e choran á
marxe dos camiños.
Cuarta candea e boa nova:
Deus fíxose xustiza
para quen está
marxinado e ten
fame e sede de vida.
Quinta candea e boa nova:
Deus fíxose pan e
viño para quen
se baleirou dándose
sen reservas,
enteiro, en vieiros
e camiños.
Sexta candea e boa nova:
Deus fíxose
novidade
para desmantelar a
tendedeira
de normas e leis
que montamos
para conseguir o
seu beneplácito.
Sétima candea e boa nova:
Deus fíxose un de
nós
para que nós non
esquezamos agora,
neste momento, e
logo,
que somos fillos
seus,
e por iso, irmáns e
irmás entre nós.
CANTOS:
Panxoliñas
Comentarios
Publicar un comentario