Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor? - Lc 1, 39-45
Domingo 4 de Advento - ciclo C
NO COLO DE
MARÍA
María, nai de
esperanza,
nai de todos os
que esperan,
contigo agardamos
o Nadal,
contigo desexamos
ver nacer entre nós
o que ha ser o
noso Salvador.
María, nai
humilde
da humilde
esperanza,
que nos ensinas a
valorar o pouco e o pequeno,
contigo
sentímonos unidos a todos os pequenos
que levan no seu
seo
a forza de algo
novo que ha nacer,
ao seu tempo, con
paciencia.
María, nai
humilde e leda
da esperanza
humilde e leda,
que levaches a
Deus en ti
coma gozo dunha
promesa certa,
contigo, en ti,
queremos bañar
con risas
as nosas pequenas
esperanzas diarias,
ata o día grande
da grande Esperanza.
María, nai
humilde, leda e crente
de todas as
esperanzas humildes,
de todas as
esperanzas ledas,
de todas as
esperanzas crentes,
que te fiaches
sempre de Deus,
contigo, en ti,
queremos medrar
na fe
e poñer nas mans
soñadoras de Deus
as nosas vidas
precisadas de alboradas frescas.
Comentarios
Publicar un comentario