Que grande é no medio de ti o Santo de Israel - Isaías 12
Domingo 3 de Advento - ciclo C
VEN,
SEÑOR XESÚS
Non chegas, Xesús,
Ti xa estás aquí.
Agachado, quizais,
pero Ti estás aquí.
Nada do que me pasa
che resulta estraño.
Coñécesme desde dentro.
No cerne das miñas escravitudes,
sufríndoas comigo, estás Ti.
No cerne dos meus triunfos e sorrisos,
creándoos comigo,
estás tamén Ti.
Nada do que pasa no mundo
che resulta estraño.
Coñécelo desde dentro.
No cerne das súas desgrazas e abusos,
sufríndoos coa xente, estás Ti.
No cerne dos seus adiantos e ledicias,
creándoas coa xente,
estás tamén ti.
Feliz a xente do silencio
que te ve somerxido nas tarefas!
Feliz a xente de tarefas
que te ve somerxido no silencio!
Ven, Señor Xesús!
Comentarios
Publicar un comentario