31 mar. 2015

AS OUTRAS IMAXES DA PASCUA

TOMADO DE:

O coello, como símbolo de Pascua, parece ter as súas orixes en Alemaña onde é mencionado por primeira vez nuns textos do século XVI. Os primeiros coellos comestibles fabricáronse en Alemaña no século XIX de pastelaría e azucre

(*) O coello de Pascua non é un invento moderno. Ten a súa orixe nas celebracións anglosaxonas pre-cristiás. O coello, un animal moi fértil, era o símbolo terreal da deusa Eastre, a quen se lle dedicaba o mes de abril.

O coello de Pascua foi introducido en EE.UU. polos inmigrantes alemáns que chegaron ao Pennsylvania Dutch Country durante o século XVIII. A chegada do "Oschter Haws" considerábase un dos grandes praceres da infancia, equivalente a unha visita de Papá Noel en Noite Boa. Os nenos crían que se se portaban ben, o "Oschter Haws" poría ovos de cores.

Os nenos construían niños en lugares apartados ou escondidos da casa, o celeiro ou o xardín para que puxese os seus ovos o coelliño. Máis tarde empezaría a tradición de construír elaboradas cestas para pór os ovos.

(*) por Eileen Yaeger


Conejito de Pascua
20 [aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa1[2].jpg]


Desde os comezos da humanidade, o ovo foi sinónimo de fertilidade, esperanza e renacemento. O ovo adquiriu importancia dentro da mitoloxía exipcia cando a Ave Fénix queimouse no seu niño e volveu renacer máis tarde a partir do ovo que o creou nun principio. Tamén os hindús sostiñan que o mundo nacera dun ovo.

Os ovos de pascua na antigüidade eran de galiña e de pato, e na Idade Media éranlles regalados aos mozos durante as celebracións. Ao tempo, os cristiáns comezaron a obsequiarse ovos durante a Semana Santa con agasallos e ao principio o século XIX, en Alemaña, Italia e Francia, apareceron os primeiros ovos feitos con chocolate con pequenos agasallos dentro.

En canto á decoración, os ovos de pascua sempre representaron un desafío para os reposteros. Pero as diversas culturas foron decorando de maneira diferente os ovos. Nos seus comezos, eran pintados a man con cores estridentes que representaban a luz do sol. Os ovos facíanse un a un cun molde prefabricado, o que dificultaba moito a súa elaboración masiva. As cores estridentes foron aparecendo coas grandes producións de ovos, polos anos 20 e 30 do século pasado.

Unha tradición

Unha vitalidade exuberante maniféstase na primavera, época de renovación e renacemento. Pálpase, por todas partes, a forza do rexurdimento de vida nova. Vista, tacto, olfacto, oído e gusto deléitanse coa sinfonía da Nai Natureza. A explosión de cores que se aprecian nas flores primaverais, o aroma das mesmas e do fresco rocío da madrugada, o canturreo dos paxaros voltos das súas peregrinacións invernais e o doce sabor de suculentas froitas da tempada que extasían ao padal, acentúan a aguda percepción dun dinamismo vital propio á estación.

A Primavera asóciase tamén con festexos de todo tipo, un deles, a Pascua da Resurrección celebrado polos cristiáns e que conmemora a resurrección de Cristo, o Cristo volto a vivir. En moitos lugares do mundo, sobre todo en Europa e por conseguinte en diferentes partes de América, os festexos relixiosos están acompañados por costumes e tradicións de orixe pagá. Unha destas tradicións asociada coa Pascua é o intercambio de ovos decorados entre familiares e amigos.

Desde sempre, o símbolo do ovo gozou dun significado importante para a humanidade. En moitas culturas representa vida nova e esperanza, razón pola cal aparece durante a Pascua , evocando o Cristo resucitado e a promesa dunha vida nova.

En Polonia e noutros países eslavos, os ovos, sobre todo en época de Pascua, gozan dunha popularidade extensa. Segundo a tradición, non se consumía ovo durante a Coresma. Por tanto, a cantidade colleitada durante esa tempada era tan abundante, que a xente comezou a repartir os ovos almacenados a parentes e coñecidos. Para darlles unha aparencia de agasallo, pintábanse os ovos de vermello con pigmentos naturais. Eventualmente, esa técnica evolucionou, engadindo unha gran variedade de cores e deseños, ata alcanzar dimensións de verdadeiras obras de arte coñecidos como ovos de Pascua.

Para saber máis:
http://encuentra.com/el_calendario_liturgico/el_llamado_huevo_de_pascua_14217/

Inda que aquí non hai tanta tradición,
pero mercamos ovos de pascua,
déixovos unhas indicacións por se alguén se anima:


COMO PINTAR OVOS DE PASCUA DE CORES

Os ovos decorados son unha manualidade sinxela e divertida de facer, perfecta para dar un toque festivo ao noso fogar en época de Pascua. O primeiro que hai que facer é preparar os ovos que se van a pintar, para iso, hai 2 opcións: fervelo ata que quede duro (decoración puntual) ou baleirar o interior (decoración permanente).

Colorear ovo de Pascua cocido 
(creo que esta é a mellor opción para facer cos nenos)

Cómo colorear los huevos de Pascua con tintes para alimentosFerver o ovo. Pon a ferver os ovos durante 8-10 minutos para que queden duros. Deixa arrefriar e sécaos ben con papel de cociña.

Para tinguir os ovos: para iso introduce o ovo nunha cunca con 1 cullerada de colorante alimenticio e 2 cucharadas de vinagre. Podes crear ti o colorante, introducindo na auga do cazo ao ferver os ovos ingredientes naturais como espinacas (verde), remolacha (morado), azafrán (amarelo), café (marrón), arandos (azul)...durante 10-15 minutos. Canto máis tempo o deixes no líquido máis forte será a cor que terá.
Despois sécao con papel de cociña e consérvao no seu recipiente de cartón para ovos. Perfecto para decorar os pratos e a mesa durante a festa de Pascua.

Pintar o ovo de Pascua baleiro

Baleirar o ovo: para iso, realiza con moito coidado dous buracos en cada extremos do ovo con axuda dun alfinete e envórcao, podes soprar por un buraco ou axudarche dun palito para empuxar a clara e romper a xema até extraer todo o contido. Lava ben o ovo e sécao con papel de cociña. Aínda que delicada, é a mellor forma de decorar o ovo se queremos conservalo de forma indefinida para decorar o noso fogar en calquera época.

Suxeitar o ovo para pintar: introduce un escarvadentes no ovo baleiro e crávao nunha superficie como un anaco de cortiza para suxeitar o ovo e poder pintalo.
Resultado de imaxes para huevos de pascua pintadosPintar a base: podes tinguir o ovo mergullándoo nun vaso de plástico cheo ata a metade cun pouco de pintura da cor que desexes, vinagre e auga morna. Se queres que o efecto de cor sexa borroso engade un pouco de aceite vexetal á mestura. Outra opción é pintar a base cunha capa de pintura que pode pintarse con spray de cores ou con pintura acrílica con axuda dun pincel.tamén podes mergullar o ovo en auga tépeda cunhas pingas de colorante e vinagre para fixar a cor.

Crea diferentes debuxos: Con pincel e pintura acrílica ou pegando con pegamento anacos de fío, abelorios, cintas ou feltro poderás crear diferentes debuxos: flores, lunares, raias... 

NOTA: apoiar nun cartón de papel hixiénico para facilitar o traballo

Resultado de imaxes para huevos de pascua pintadosResultado de imaxes para huevos de pascua pintadosResultado de imaxes para huevos de pascua pintadosResultado de imaxes para huevos de pascua pintados con rotuladores

Deixar secar: no mesmo cartón de ovos en que o que veñen.

  


29 mar. 2015

Non apartei a miña cara das increpacións, pero sei que non quedarei confundido - Is 50, 4-7


A SEMANA SANTA ESTÁ ÁS PORTAS

Comezamos o tempo de graza,
vivamos a Semana Santa santamente.

Fagamos silencio, poñámonos en actitude de escoita.
Carguemos as imaxes e los pasos, si, pero de vida.

Pasos vivos:
que haxa menos estacións sen explotación, sen engano,
sen utilización das persoas.
Suprimamos as azoutas, as espiñas,
o simple rito e as celebracións baleiras.

Que os días de paixón e sufrimento sexan breves
e moito máis longos os días de Pascua,
o tempo da nosa esperanza.
            
(Texto tomado dun libro de Cáritas)

Humillouse a si mesmo, por iso Deus exaltouno - Flp 2, 6-11


OS CAMIÑOS DA SALVACIÓN

Xesús vai contigo,
contigo fai a viaxe
Ao longo do mar da vida
a traveso do monte polo que camiña.
Non teñas medo,
goza coa tranquilidade da súa compaña.

Xesús vai contigo,
levas un bo guieiro,
coñecedor das vías do mar
e dos carreiros do monte.
Podes camiñar seguro.

Xesús vai contigo,
renovando o teu alento,   
empuxando a túa canseira,  
chamándote ó camiño    
cando tordeas na noite,
erguéndote
cando as ondas arrastran o teu corpo.

Xesús vai contigo,
pero iso non che evita
que sangren os teus pés,
que molles o teu corpo,
que naufragues algún día.

Xesús vai contigo,
pero ti loita, súa, traballa,
busca, pregunta, camiña,
solidariza te, calle a cruz
e morre, se fai falla.

Así son os camiños      
da salvación de Deus. 

28 mar. 2015

Domingo de Ramos - ciclo B

DOMINGO DE RAMOS – CICLO B
TOMADO e  ampliado DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/

 (Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, 
para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos).


SAÚDO
Quen preside: O amor de Deus, sempre Pai e Amigo, que se ten manifestado en toda a súa plenitude en Xesucristo, de quen nos imos deixar acompañar ao longo desta Semana Santa, que queremos celebrar actualizando os momentos da súa vida que son para nós luz, esperanza e cimento da fe: a entrada en Xerusalén, o seu querer quedar con nós na Eucaristía, a súa entrega no contrasentido da cruz e a súa vida nova en resurrección ofrecida, sexa con todos vós.

POR QUE ESTAMOS AQUÍ?
Con este percorrido que agora iniciamos,os católicos proclamamos publicamente a nosa fe na vitoria de Cristo sobre o pecado e a morte.Aqueles que nos vexan pasar deben descubrir en nós a verdadeira expresión de que Deus é alegría na nosa vida. Como pobo de Deus camiñamos non cara á tristura do Venres Santo, senón cara ao gozo da pascua de resurrección e vida. Os ramos que levamos nas mans non son simples amuletos da boa sorte; son verdadeiros símbolos da nosa fe. Con eles mostramos que tamén nós queremos acoller a Xesús como facho que ilumine a nosa vida para, desde El, esforzarnos por ir sementando, alí onde esteamos, sementes que fagan posible a civilización do amor. 
Poñámonos sen máis demora en camiño!.

AD LIBITUM  Xn 12, 12-16
PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO XOÁN
A xente que viñera á festa, oíndo que Xesús viña a Xerusalén, apañou ramas das palmeiras e saíulle ao encontro exclamando:
    - ¡Hosanna!: ¡Bendito o que vén no nome do Señor,o Rei de Israel!.

Xesús atopou un burriño, e montou nel, conforme está escrito:
Non temas, filla de Sión, mira que vén o teu rei, montado nun burriño.

Ao comezo os seus discípulos non comprenderon estas cousas; pero cando Xesús foi glorificado, entón lembráronse de que estaban escritas del e que así llas fixeron.

   L/ Palabra do Señor                  T/Loámoste, Cristo

BENDICIÓN DOS RAMOS
Señor, imos comezar este camiño que nos leva a gozar da vida coa bendición destes ramos e palmas que hoxe traemos cantos participamos desta celebración. Sabendo que Ti tamén queres acompañarnos nesta andaina, pedímosche que a túa bendición se faga presente entre nós, de xeito que poidamos ser testemuñas de unión e colaboración para facer desta comunidade berce de solidariedade, entendemento e diálogo. Bendí+ estes ramos e palmas, cos que mostramos que comezamos o camiño que nos leva a participar comunitariamente de Semana santa. P.X.N.S.

SEGUIREI OS TEUS PASOS
O sentido da procesión é acompañar a Xesús, pero non só neste momento. Tratase do desexo de estar presente nos seus momentos de dúbida, de angustia, de soidade, de abandono, mesmo daqueles que dicían ser dos seus, dos  que  compartiron con el a proposta do Reino de Deus.
Desde esa EXPERIENCIA de acompañar a Xesús, estaremos en disposición de estar CERCA dos que hoxe son descartados, afastados e ignorados de maneiras diversas. Camiñemos, pois, xunto a Xesús, para aprender Del e do seu estilo.




PROCLAMACION DA PALABRA 
(Pensando nos que deben acompañar e dinamizar varias celebracións, propoñemos a lectura máis breve da Paixón: Mc 15, 1-39)

PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO MARCOS

C.- Á mañanciña cedo, os sumos sacerdotes, os anciáns e mailos letrados ‑todo o Sanedrín‑, despois dunha reunión do Consello, amarraron a Xesús e fórono entregar a Pilato.
C.- Pilato preguntoulle:
S.- Es ti o rei dos xudeus?
C.- Respondeulle:
+. ‑Ti o dis.
C.- E os sumos sacerdotes acusábano de moitas cousas. Pero Pilato volveulle preguntar:
S.- Non respondes nada? Xa ves de cantas cousas te acusan.
C.- Pero Xesús non respondeu nada, deixando moi estrañado a Pilato.
Polas festas tiña o costume de soltar o preso que lle pedisen. Estaba daquela na cadea un tal Barrabás, xunto cos sediciosos que nunha revolta mataran a un home. Cando subiu o xentío, empezou a reclamar o indulto tradicional. Pilato respondeulles:
S.- Queredes que vos solte ao rei dos xudeus?
C.- Pois el ben sabía que os sumos sacerdotes llo entregaran por envexa. Pero eles encirraban á xente, para que lles liberase a Barrabás. Pilato respondeu:
S.- E que fago eu con ese ao que lle chamades rei dos xudeus?
C.- A xente volveu berrar:
S.- Crucifícao!
C.- Pilato replicou:
S.- Pero, que mal fixo?
C.- Mais eles berraban máis forte:
S.- Crucifícao!
C.- E Pilato, para compracer ao pobo, soltou a Barrabás; e a Xesús, despois de o mandar azoutar, entregouno para que o crucificasen.
Os soldados, levárono, para dentro do pazo do gobernador, é dicir, do Pretorio, e chamaron a toda a compañía. Vestírono de púrpura, e trenzaron unha coroa con espiños e encaixáronlla. Empezáronlle a facer saúdos:
S.- Saúde, rei dos xudeus!
C.-E cunha canivela dábanlle golpes na cabeza, cuspían nel e, axeonllándose, rendíanlle homenaxe. E despois de faceren riso del, quitáronlle a púrpura e puxéronlle a súa roupa. Despois levárono fóra, para o crucificaren.
Pasaba por alí Simón de Cirene, que volvía da leira ‑o pai de Alexandro e de Rufo‑ e obrigárono a cargar coa cruz. Levárono a un lugar chamado Gólgota, ou sexa, lugar da Caveira. Alí dábanlle viño con mirra pero non o quixo. Crucificárono e repartiron a roupa, botando sortes para saber o que lle tocaba a cada un.
Era a media mañá cando o crucificaron. Un letreiro anunciaba a causa da súa condena: "O rei dos xudeus". Con el crucificaron tamén a dous bandidos, un á dereita e outro á esquerda.
Os que pasaban por alí, burlábanse del, abaneando as cabezas, e dicindo:
S.- Vaites, vaites, o que destrúe o Templo e o reconstrúe en tres días! Anda, baixa agora da cruz, e sálvate!
C.- Do mesmo xeito, os sumos sacerdotes, burlándose entre eles cos letrados, dicían:
S.- Salvou a outros, pero non se pode salvar a si mesmo! O Mesías, o rei de Israel! Que baixe da cruz agora, para que vexamos e creamos!
C.- Tamén os que estaban crucificados con el o aldraxaban.
Chegado o mediodía, a escuridade cubriu toda a terra, ata as dúas e pico da tarde. E nesa hora, Xesús berrou moi forte:
+.- Eloí, Eloí, lamá sabactaní
C.- Que quere dicir:
+ .- “Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches?”
C.- Oíndo aquilo, algúns dos presentes comentaban:
S.- Oístes? Está chamando por Elías.
C.- E un deles, botando a correr, empapou unha esponxa en vinagre, espetouna nunha canivela, e deulle de beber, dicindo:
S.- Deixade, a ver, logo, se vén Elías baixalo.
C.- Pero Xesús, dando un berro moi alto, expirou.
O veo do Templo rachou en dous de arriba abaixo. O centurión, que estaba diante, oíndo o berro que deu ao morrer, dixo:
S.- Verdadeiramente este home era Fillo de Deus.

PALABRA DO SEÑOR                                        R/. Loámoste, Cristo


FAGAMOS PALABRA VIVA

-        Inda que a celebración de hoxe é longa, non debemos deixar a ocasión para tentar entendela, e deste xeito gozar de canto estamos a celebrar. Comezabamos fóra, cousa que é excepcional na estrutura das celebracións da Eucaristía. E faciámolo así para marcar ben o sentido do que estes días imos celebrar os que nos chamamos seguidores de Xesús (para nós non son as festas de primavera, senón as celebracións centrais da fe que compartimos e celebramos ao longo de todo o ano): o camiño que vai da acollida á Pascua, pasando pola Cea do amor e o servizo, e a Cruz do sufrimento e o fracaso. E que mellor que expresalo cunha procesión que mostre que nos poñemos en camiño!. Ramos e palmas son sinais de que estamos dispostos a acoller e facer desta acollida sinal do que quere ser a nosa vida cotiá.

-        Un segundo aspecto a ter en conta hoxe é a proclamación da Paixón. Unha vez máis este relato achéganos á persoa de Xesús en toda a súa humanidade. Encarnouse para ser un de nós, dos nosos! A súa non foi unha simulación nin unha recreación a modo humano, senón a que asumiu a nosa condición humana, “pasando por un de tantos”. Un de tantos homes e mulleres que teñen sufrido –sofren tamén hoxe– incomprensión, inxustizas, desenganos, abuso, engano... canto hoxe temos escoitado nesta lectura é un situarnos cara a cara con todas as persoas que no noso mundo, aparentemente tan avanzado e tecnolóxico, vense reducidas a cousas, números ou obxectos cos que se xoga segundo os intereses de quen corresponda, facéndolles perder todo o sentido de dignidade e humanidade que Deus puxo en nós.

-        E a terceira idea que quizais nos poida axudar a entender mellor o sentido desta Semana que hoxe comezamos, á que chamamos Santa, é que toda a celebración está formulada para ser vivida, celebrada e realizado de xeito comunitario. Non vén cadaquén ao seu, vimos xuntos para celebrar xuntos. Porque a fe é un agasallo que Deus nos ten concedido para celebralo cos demais. Por iso é pulo, esforzo e comuñón. Que desde ela saibamos vivir estes días como experiencia do misterio da vida que todos estamos chamados a protexer.

POÑAMOS NA SÚA MAN A VIDA

Sabendo que a nosa celebración é encontro de amizade e agradecemento, presentamos ao Señor as nosas inquedanzas, uníndonos ás de todas as persoas que, coma nós, teñen no mundo o seu recuncho no que atoparse con quen nos trae a boa nova do amor, e digamos:

QUE A SEMANA SANTA SEXA CAMIÑO QUE NOS DESCUBRA A TÚA ESPERANZA

Por cantos nos sentimos Igrexa, para que anunciemos e vivamos o misterio da Cruz con actitude de servizo, apostando polos máis pobres, OREMOS.
QUE A SEMANA SANTA SEXA CAMIÑO QUE NOS DESCUBRA A TÚA ESPERANZA

*  Que a paz, Señor, sexa o camiño polo que, todos os que nos chamamos seguidores teus, nos esforcemos por percorrer. Hoxe lembrámonos especialmente das persoas que viven en situación de conflito, para que os que teñen a responsabilidade de dirixir as institucións públicas, traballen pola reconciliación e a xustiza, OREMOS.
QUE A SEMANA SANTA SEXA CAMIÑO QUE NOS DESCUBRA A TÚA ESPERANZA

*  Por tantas persoas ás que non se lles presta atención, interese nin tempo; para que a súa dor e tristeza non nos deixe a nós pasivos e indiferentes diante do seu sufrimento, OREMOS.
QUE A SEMANA SANTA SEXA CAMIÑO QUE NOS DESCUBRA A TÚA ESPERANZA

Pol@s mulleres e homes que se afanan desinteresadamente en axudar aos demais, para que fagamos nosos os mesmos sentimentos de Cristo Xesús e sexamos portadores de esperanza, OREMOS.
QUE A SEMANA SANTA SEXA CAMIÑO QUE NOS DESCUBRA A TÚA ESPERANZA

A Ti, Señor, abrímosche as mans para poñer baixo o teu amparo as nosas inquedanzas, o que nos aleda e canto nos entristece, porque sabemos que nunca nos das as costas nin te esqueces de canto nos axuda a atopar en Ti a forza que nos fai loitar contra da resignación e a pasividade. P.X.N.S. Amén.

PALABRAS PARA PENSAR
Grazas Señor pola oportunidade que me regalas e nos regalas,
cada día para vivir, para soñar, para escribir, 
para ser feliz e facer felices aos demais.
Permite que a túa bendición chegue aos que máis o necesitan.
Agasállanos cun corazón limpo e sincero.

Grazas, Señor.


Odres Nuevos Evangelio 29 marzo 2015 colorCANTOS
COMEZO:
QUE LEDICIA A MIÑA

CANTO PROCESIONAL:
ACLAMADE Ó SEÑOR

ENTRELECTURAS:
ANDAREI NA PRESENCIA

OFERTORIO:
EIQUÍ ESTÁN, SEÑOR

PAZ:
A PAZ ENTRE NÓS

COMUÑÓN:
TI ES CAMIÑO

POWER POINT