15 mar. 2015

Os que morrestes ao pecado, fostes salvados pola graza - Ef 2, 4-10

Domingo 4 de Coresma - ciclo B


O DON LUMINOSO DA FE

Non teño diñeiro para pagarte,
nin méritos que presentarche,
nin cadeas para obrigarte.

Teño unha vida coma todos,
coas miñas luces e as miñas sombras.
A ti cha presento, Señor.

Ti, Pai bo dásme a teu Fillo
para darme a vida plena e eterna.
É un don de luz e graza.
É un don luminoso
que encontro na fe.

Pedro Fraile




No hay comentarios:

Publicar un comentario