9 mar. 2015

ORACIÓN DE CORESMA - semana 4


CORESMA

Quero aprender os meus débiles trazos,
as partes do meu ser, que está en feitura,
quero romper a febra deses lazos
que impiden que eu avance na andadura.

Quero abrazar a forza que no pobo
empuxa os amenceres da xustiza;
quero loitar, amar, saír do tobo,
que agacha a luz en sombras de preguiza.

Eu veño cabo de Ti, Ti es o camiño,
que libre á liberdade me conduce,
o teu Alento alento en min produce.

Fasme beber do pobo o acedo viño,
fasme gozar do pobo co aloumiño,
 Xesús, paixón de Deus que me seduce.

Manolo Regal

No hay comentarios:

Publicar un comentario