Na montaña o Señor proverá - Xén 22, 1-2. 9a. 10-13. 15-18
Domingo 2 de Coresma - ciclo B
SUBIR E BAIXAR
Quero subir e baixar, Señor, contigo
e contemplar, cara a cara,
o Misterio de Deus que, estando escondido,
fala, maniféstase e sinálate como Señor.
Quero subir e baixar:
Ascender para contemplar a túa gloria
baixar para dar testemuño dela
na vida de cada día
nos homes que nunca se encamiñaron
á cima da fe, ao monte da esperanza,
á montaña onde, Deus, sempre fala
nunca defrauda e sempre di..que nos ama.
Quero subir e baixar, Señor;
que non me quede no sentimentalismo baleiro
que non quede crucificado por unha fe cómoda
que non fuxa da cruz de cada día.
Que entenda, Señor, que para baixar
é necesario, coma Ti,
subir primeiro á presenza de Deus,
para vivilo ante a voz de Deus,
para escoitalo ante a forza do alto,
para que a vida brille logo
co fulgor e o resplandor da fe.
Quero subir, Señor, ao monte Tabor
e contemplar cara a cara,
ese prodixio da túa brillante divindade
sen esquecer que, coma nós,
tamén es humano.
Móstranos, Señor, o teu rostro
e, que para baixar ao chairo de cada día,
non esquezamos nunca de buscar e anhelar
os signos da túa presenza.
Amén.
Javier Leoz
Comentarios
Publicar un comentario