Predicamos a Cristo crucificado, escándalo para os homes, pero sabedoría para os chamados por Deus - 1 Cor 1, 22-25

Domingo 3 de Coresma - ciclo B


TEMPLOS PROFANADOS

Unha vítima inocente é un deicidio.
Un neno famento é unha blasfemia.
Unha muller violada é unha profanación.
Un torturado física ou psicoloxicamente é un sacrilexio.
Un escravo ou oprimido é un pecado contra o Espírito Santo.
Un drogadicto é un templo derrubado.
Un enganado ou traizoado é un perxuro.
Diante destas imaxes non teríamos
que acendernos en santo celo?
Non teríamos que seguir levantando o látego
da liberdade, a xustiza, o amor?
              
(Como quen ergue un neno - Os. 11, 4) 


Comentarios

Publicacións populares