Se Deus está connosco, quen contra nós? - Rm 8, 31b-34

Domingo 2 de Coresma - ciclo B


TABOR DE CADA DÍA

Cando te esqueciches de ti mesmo,
cando te esgotaches no servizo aos últimos,
cando venciches a tentación de calquera apego,
cando aceptaches o sufrimento como compañeiro,
cando soubeches perder,
cando xa non pretendes gañar,
cando compartiches o que ti necesitabas,
cando te arriscaches polo pobre,
cando enxugaches as bágoas do inocente,
cando rescataches a alguén do seu inferno,
cando te introduciches no corazón do mundo,
cando puxeches a túa vontade nas mans de Deus,
cando te purificaches do teu orgullo,
cando te baleiraches de tanta provisión superflua,
cando te sentes ferido...
brilla en ti, gratis, a luz de Deus,
sentes a súa presenza irradiando frescura primaveral,
e o seu perfume envólvete e reanima.


Xa non necesitas outros tesouros.
Deus acompáñate,
fálate,
protéxete.
Sénteste esponxado nun mar de dicha...


E se non estás nas minchas,
é un Tabor
que se che ofrece gratis,
para que goces xa o presente
e camiñes firme
e sen temores.



Florentino Ulibarri


Comentarios

Publicacións populares