23 mar. 2015

ORACIÓN: CAMIÑO DO DOMINGO DE RAMOS


DOMINGO DE RAMOS

 Creo que son felices os que comparten,
os que viven con pouco,
os que non viven escravos dos seus desexos.

Creo que son felices os que saben sufrir,
quen atopan en Ti e nos seus irmáns o consolo
e saben dar consolo aos que sofren.

Creo que son felices os que saben perdoar,
os que se deixan perdoar polos seus irmáns,
os que viven con gozo o teu perdón.

Creo que son felices os de corazón limpo,
os que ven o mellor dos demais,
os que viven en sinceridade e en verdade.

Creo que son felices os que sementan a paz,
os que tratan a todos como aos teus fillos,
os que sementan o respecto e a concordia.

Creo que son felices os que traballan
por un mundo máis xusto e máis santo,
e que son máis felices
se teñen que sufrir por conseguilo.

Creo que son felices os que non gardan no seu celeiro
o trigo desta vida que termina,
senón que o sementan, sen medida,
para que dea froito de Vida que non acaba.

E creo todo isto porque creo
en Xesús de Nazaret, o Fillo,
o home cheo do Espírito,
Xesucristo, o Señor.

José Enrique Galarreta 

No hay comentarios:

Publicar un comentario