ORACIÓN DE CORESMA - semana 5
CORESMA
Ouvir Deus dicir: "Estou á porta petando"
Inaugurar camiños no coñecido e no común.
Escoitar o Reino a crecer.
Dividir a vida, porque só así ela se multiplica.
CORESMA
Confiar. Unir. 70 veces 7. Aceptar.
Cruz e Resurreción.
Ollar para lonxe. Ir ao encontro dos últimos.
Escribir: "Ningún corazón é unha illa".
CORESMA
Escoitar unha vez máis.
Ter tempo para o outro.
Apagar soidades e medos.
Fixarse no extraordinario convite para compartir o Pan e o Viño.
Comezar a conversa difícil cun sorriso.
CORESMA
Perdoar. Repartir. Respectar o punto de vista do outro.
Contar unha historia. Enxugar unha bágoa. Encherte de coraxe.
CORESMA
Celebrar todo nun xesto.
Descubrir: a Pascua é tamén un modo de ser, de vivir.
Recordar. Esquecer. Construír.
Vivir cada día, este día como se a vida enteira o esperásemos.
CORESMA
...E a Páscua tan preto.
Comentarios
Publicar un comentario