ORACIÓN DE CORESMA - semana 3



Os que fostes bautizados,
os que escoitastes a voz do Espírito,
os que acollestes a revelación do Deus vivo,
os que descubristes que sodes os seus fillos,
penetrádevos no deserto sen medo
e camiñade con paso lixeiro!

Coresma é ese tempo que vén e vai,
tempo para vivilo en camiño, sen instalarse,
sen retelo, sen queixume, coa esperanza
sempre a flor de pel e a mirada fixa noutro tempo,
a Pascua, que é definitivo.

Entrade en Coresma convencidos,
listos para o combate, lixeiros de equipaxe;
a mente despexada, entrañas cheas de tenrura e misericordia,
calzado apropiado,
e moita paciencia convosco mesmos.

Deixádevos mecer pola brisa do Espírito;
ponde o voso corazón en sintonía cos latexos de Deus
e o berro dos afligidos,
bebede nos mananciais da vida e non vos deixedes enganar
polos espellismos do deserto.

Baixade do monte aos camiños da vida,
baixade sen medo e cheos de misterio.
Non profanedes os templos vivos,
buscade de noite como Nicodemo e, como aqueles gregos,
preguntade a discípulos e amigos por Xesús e o seu Reino
e como sementarse no campo do mundo
para gromar ao seu estilo.

Vivide a Coresma ben espertos,
con fe, esperanza e amor,
fixos os ollos en Xesús.

Dádevos esa oportunidade.


Florentino Ulibarri

Comentarios

Publicacións populares