8 mar. 2015

A lei foi dada por medio de Moisés - Ex 20, 1-17

Domingo 3 de Coresma - ciclo B


OLLA AO TEU REDOR

Olla ao teu redor e repara nisto: 
non existe autoridade sen señorío,
sen rendas nin criados,

sen carreiras e sen cartos.
Non existe autoridade sen poder.
Somos tan pouca cousa que, para facernos valer, 
botamos man do que temos e non do que somos.


Pero Xesús non foi así.

El non foi un gran señor,
non estudou carreira algunha, 
non tiña criados aos que mandar,
nin rendas que cobrar,
nin foi gobernador nin alcalde,
nin médico ... nin tan sequera cura.


Pero tiña autoridade.
Tiña a autoridade da súa palabra, cálida e forte, 
do seu obrar limpo e consecuente,
do seu ensinar libre e creador.
Falaba con autoridade,
falaba e actuaba sen medos nin covardía.

Sen pedir opinión aos poderosos
sobre cal debía ser a súa palabra e cal o seu silencio.
Non negociaba cos grandes o límite das súas actuacións,
non lles escatimaba aos pequenos 
a súa presenza e a súa forza.

Admirámoste, Xesús de Nazaré, por esa autoridade.
Benditos todos e todas nós, chamados a ter parte 
na túa autoridade que nos fai libres,
chamados a vivir na gratuidade,
chamados a denunciar o comercio que se fai no nome da fe.

(M Regal) 


No hay comentarios:

Publicar un comentario