Domingo 4 de Advento - ciclo C
4º DOMINGO DE ADVENTO
- CICLO C
Primeira Lectura
Miq 5, 1-4a
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA MIQUEAS
De ti sairá quen
domine a Israel
Isto
di o Señor:
E
ti, Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de Xudá,
de ti vai saír un
que será o soberano de Israel;
a súa orixe é desde
antigo, desde os días do comezo.
El
seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz;
o resto dos seus
irmáns volverá,
e serán devoltos os
fillos de Israel.
Manterase
firme e pastoreará co poder do Señor,
coa gloria do nome
do Señor, o seu Deus,
e cando se instalen
ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza:
"o da
Paz" será o seu nome.
Palabra do Señor R/ Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 79, 2ac e 3b. 15-16. 18-19
R/. (4): Restáuranos,
Deus; que brille o teu rostro e seremos salvos.
Escoita, pastor de
Israel,
que guías o rabaño
de Xosé;
ti que sentas sobre
os querubíns,
esperta o teu poder
e ven salvarnos.
Vólvete, Deus dos
exércitos,
olla desde o ceo e
fíxate,
ven visita túa
viña,
a videira que
plantaches coa túa man,
o bacelo que ti
fortaleciches.
Que a túa man
protexa o teu elixido,
o home que ti
fortaleciches.
Non nos afastaremos
máis de ti;
dános vida de novo,
e invocaremos o teu nome.
Segunda Lectura
Hebr 10, 5-10
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
Velaquí veño para
face túa vontade
Irmáns:
Cando
Cristo entra no mundo, di:
"Sacrificio e
ofrenda non os quixeches,
pero formáchesme un
corpo;
os holocaustos e os
sacrificios de expiación
non che gustaron;
entón dixen:
Velaquí
que vin, meu Deus,
para face túa
vontade
‑como se di de min
nun capítulo do libro"‑.
Di
no comezo:
"Sacrificios,
ofrendas, holocaustos e víctimas de expiación, nin os quixeches nin che
gustaron" (todos eles ofrécense segundo a Lei); e di despois: "Velaquí
que vin para face túa vontade".
Desbota
o primeiro para afirmar o segundo. E por esta vontade de Deus quedamos
santificados dunha vez por todas coa ofrenda do corpo de Xesús Cristo.
Palabra do
Señor R/
Grazas a Deus
ALELUIA Lc 1, 38
Se non se canta,
pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Velaquí a escrava
do Señor,
cúmprase en min o
que dixeches.
Aleluia.
Evanxeo
Lc 1, 39-45
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Quen son eu para
que me visite a nai do meu Señor?
Naqueles
mesmos días, saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha cidade de
Xudá. Entrou na casa de Zacarías e saudou a Isabel. E en oíndo Isabel o saúdo
de María, o neno brincoulle no ventre, e Isabel quedou chea de Espírito Santo e
exclamou a grandes voces:
‑
Bendita ti entre as mulleres, e bendito o froito do teu ventre. Quen son eu
para que me visite a nai do meu Señor? Pois ao que chegou o teu saúdo aos meus
oídos, o neno brincou de alegría no meu ventre. Ditosa aquela que creu, pois
hase cumprir canto lle anunciaron de parte do Señor.
Palabra
do Señor
R/. Loámoste, Cristo
SÓ
SE OS GOZOS E ESPERANZAS, TAMÉN AS
TRISTEZAS E ANGUSTIAS, DAS
PERSOAS SON OS GOZOS E ESPERANZAS DA IGREXA, ESTA, PODE FACERSE
CRIBLE
TOMADO
DE: remoldapalabra.blogspot.com
Pórtico
De
gozos e esperanzas fálanos a constitución do concilio que quixo
tratar o tema da necesidade do diálogo reaI co mundo. Uns gozos e
esperanzas que invitan a ser unha Igrexa comprometida, aberta,
solidaria, fraterna e sinxela, sempre buscando facerse presente desde
a coherencia a Xesús e á súa mensaxe. Nesta mañá do cuarto
domingo de Advento, logo de ter presentado os tres grandes documentos
anteriores do concilio Vaticano II, queremos, seguindo os pasos do
concilio, ser no medio do mundo man aberta para deixarnos acompañar
por todos aquel@s que non buscan o seu interese, senón servir para
facer do mundo, e ofrecer ás persoas, berce de encontro e
experiencia comunitaria. Que estes catro domingos de Advento, nos
teñan axudado a descubrir que o camiño iniciado hai cincuenta anos
polo concilio, non ten xa volta atrás. E se naquel momento ser
Igrexa de comuñón, asentada sobre a Palabra de Deus e chamada a
atoparse para celebrar de xeito activo e comunitario a fe e a vida;
esta camiño só se pode facer desde os gozos e esperanzas, as
tristezas e angustias dos homes e mulleres de hoxe, para ser
Comunidade crible que quere seguir a Xesús.
Perdón
- Que esteamos sempre atentos ao que pasa ao noso redor, para que a indiferenza non aniñe en nós, SEÑOR, QUE SEXAMOS GOZO E ESPERANZA.
- Que o noso compromiso sexa servir aos homes e mulleres do noso tempo, porque só con eles e desde elas poderemos descubrir a presenza de Deus, CRISTO, QUE SEXAMOS GOZO E ESPERANZA.
- Que o noso actuar non sexa de comenencia, senón de fidelidade aos irmáns desde o decidir en conciencia, SEÑOR, QUE SEXAMOS GOZO E ESPERANZA.
Remuíño
Como
di a profecía de Miqueas, do
pequeno, de Belén, vai saír o grande: Xesús. Do pequeno, do
sinxelo, daquilo ao que ninguén lle presta atención e se preocupa,
será de onde saia a luz que ilumine camiños e abra esperanzas. Si.
Xesús chega para sacarnos do derrotismo no que estamos instalados.
Seguindo esta estela de diálogo, entendemento e esperanza, o
Concilio Vaticano II, no seu remate, ano 1965, aprobou a constitución
que ben podería ser síntese das tres anteriores, a Gaudium
et Spes (gozos
e esperanzas). Para que a Igrexa –todos os bautizados– sexa no
mundo e para o mundo gozo e esperanza; gozo e esperanza capaz de
derrubar muros que separaban e afastaban á Igrexa dos problemas e
dificultades, tamén das ledicias e proxectos, das xentes de ben. Por
iso este documento está considerado como o que marca o comezo
do diálogo,
sen medo nin desconfianza, da Igrexa co mundo; o que chama a prestar
atención a canto ocorre ao noso redor –sinos
dos tempos–
porque todo é importante para Deus, e en e desde Xesús o mundo, e
canto pasa nel, ten que ser unha preocupación e unha esixencia de
compromiso e diálogo para todas as persoas crentes. Neste senso,
podemos dicir que a G.s. é o documento
que mellor expresa o espírito do Concilio Vaticano II.
O espírito daquel gran encontro que recoñecendo que a Igrexa non o
sabe todo, necesita da aportación dos demais, e para iso non hai que
estar en actitude de condena, senón de diálogo e acollida, para
forzar encontros e superar separacións. Nun momento de esperanza e
confianza no ser humano e no mundo do que este forma parte, a Igrexa
non pode situarse á marxe, nin ser quen de lanzar excomuñóns e
anatemas.
E
como María, tamén nós @s que formamos a Igrexa, temos que poñernos
en camiño, saír cara á montaña para chegar á Xudá de hoxe. A
Xudá que posibilita o encontro, a tarefa compartida, a autonomía da
persoa e do mundo –somos maiores de idade, é necesario que confíen
en nós-; e como María tamén temos que entrar na casa de todas as
Sabelas que poidan necesitar da nosa axuda, sexan ou non crentes,
pero sempre serán fill@s de Deus. Temos que entrar na casa de quen
está só, parado, explotado, esquecido, manipulado... e necesita
de nós. Non podemos quedar quietos e contemplar como pasan as cousas
sen facer nada por cambialas; necesitamos dicir e deixar que nos
digan, como ocorreu con María: ti estás comigo e eu estou contigo,
non estamos solos, convivimos e compartimos o que pasa e nos pasa.
Necesitamos camiñar xunt@s, romper o illamento, deixar de crernos
superiores, aprender a necesitar do demais... ser no mundo estrada
pola que transitar uns e outros sen esixir peaxe. Así o entendeu o
concilio e o deixou, para que nós o vivamos e poñamos en practica,
escrito na G.s.
Ela móstranos que a Igrexa, cando quere e deixa de servir aos
intereses dos poderosos, volve ás súas orixes. As orixes que están
en Xesús e na súa Boa Nova; as orixes que fan da Igrexa non unha
institución de poder, senón unha comunidade de servizo pastoral.
Buscando sempre a renovación –aggiornamento-
e o cambio. Temos que ser verdadeiros motores de fidelidade e
concreción da Mensaxe de Xesús.
O cal será posible se respectamos a autonomía do mundo e das persas que o conformamos, sen que iso supoña diminuír a presenza de Deus nin a liberdade humana. Contra os profetas das calamidades, como nos dicía Xoán XXIII, correspóndenos a nós ser testemuñas de esperanza en diálogo co mundo, desde a atención aos sinos dos tempos; sabendo decidir en conciencia como adultos e aceptando que o progreso do mundo é un ben para tod@s e a mellor resposta ao plan de Deus de traballar pola xustiza, o diálogo, a igualdade e o ben común. Oxalá que estes catro domingos de Advento, teñan sido para nós verdadeiras raiolas de esperanza que nos deixan abertas as portas do corazón para acoller, con gozo e esperanza, ao neno que chega.
Oración
da comunidade
Sentindo
o gozo e a esperanza de ser Igrexa crible no medio do mundo,
compartimos a nosa oración comunitaria e dicimos xunt@s:
SEÑOR,
QUE NO SERVIZO AOS IRM@NS DESCUBRAMOS A TÚA PRESENZA
ðPara
que a Igrexa estea sempre atenta aos sinos dos tempos, e desde eles
anunciar, leda e esperanzada, o amor de Deus convertido en
solidariedade cara ás persoas máis pobres, OREMOS.
SEÑOR,
QUE NO SERVIZO AOS IRM@NS DESCUBRAMOS A TÚA PRESENZA
ðPara
que as nosas comunidades cristiás esperten do sono que lles impide
renovarse e ser motor de cambio e transformación social, para buscar
o ben común e a loita pola xustiza, OREMOS
SEÑOR,
QUE NO SERVIZO AOS IRM@NS DESCUBRAMOS A TÚA PRESENZA
ðPara
que fagamos o esforzo de non separar fe e vida; o que rezamos e o que
facemos; comuñón e participación comunitaria, OREMOS.
SEÑOR,
QUE NO SERVIZO AOS IRM@NS DESCUBRAMOS A TÚA PRESENZA
Grazas,
Señor, por invitarnos hoxe a ser no medio do noso mundo,
protagonistas activos de cambio e denuncia de canto lle impide á
persoa ver recoñecida a súa dignidade, a súa liberdade e a súa
autonomía, sen que outros teñan que decidir por nós. P.X.N.S.
Amén.
Reflexión
A
vida e a mensaxe de Xesús non nos evita os medos nin a inseguridade,
pero ensínanos como afrontalos. O discípulo de Xesús ten as mesmas
causas de angustia que o non crente; pero ser cristián consiste
nunha actitude, nunha reacción diferente: o propio da esperanza
cristiá é que mantén a nosa fe nas promesas do Deus liberador e
permítenos descubrir o paso de Deus no drama da historia. A
esperanza fainos estar alerta para descubrir ao “Cristo que está
aquí” nas situacións actuais, e afrontalas como proceso
necesario dunha liberación total que pasa pola cruz.
O
Vaticano II foi semente, fermento e sal, e mal que lles pese a
algúns, florece e transforma á Igrexa coa forza de Deus: por iso
moitos téñenlle medo, porque non queren o Reino de Deus.
O
futuro, logo, é o Reino de Deus. Nós, os que nos dicimos Igrexa,
somos as mans de Deus, o fermento de Xesús, os que podemos poñer
sal nas cousas para que non podrezan e teñan sabor. E non podemos
deixar de ter en conta que o sal, o fermento, a semente actúan de
abaixo arriba, desde dentro, con paciencia.
(21.
El espacio cristiano de hoy. Por un mundo mejor.
Decembro 2012 )
Cantos
ENTRADA:
Con
ledicia vamos todos ao altar
LECTURAS:
Volve,
Señor
OFERTORIO:
Sede
o sal
COMUÑÓN:
Eu
soñei
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario