Ave María, a oración de Advento e Festividade da Inmaculada Concepción
Non podía faltar nestas datas a principal e máis sinxela oración de María, en especial para os nenos da catequese. Co noso agradecemento especial ós nosos amigos de http://dibujosparacatequesis.blogspot.com.es/
FESTIVIDADE DA
INMACULADA CONCEPCIÓN
PREGARIA Á VIRXE MARÍA
Salve, Virxe bendita, María
Salve, Raíña de ceos e terra.
Salve, Arca sagrada que encerra
as bondades que o bo Deus nos fai.
De xeonllos prostrado ás túas plantas,
suplicante, contrito, che pido
que me mires cal fillo querido,
que me mires con ollos de amor.
Ti, que es o consolo dos tristes,
dá remedio ós meus fondos pesares.
Ti, que es luceiro dos mares,
alumea no meu corazón.
Fai, Señora, que todos os homes
poidan ser da túa gloria testigos,
e dá a todos os meus inimigos
paz, amor, caridade e perdón.
Fai, Señora, que nunca os erros
teñan casa no meu pensamento.
Non te apartes de min un momento
cando o demo me veña tentar.
Fai que a alma, que toda che entrego,
chegue ó ben porque tanto suspira,
e perdoa a moi torpe lira
que che canta esta pobre canción.
Porque quero gozar dos consolos
da católica fe en que creo,
porque quero despois ir ó ceo,
para decote as túas gloria cantar.
BENDITA SANTA MARÍA
Alegre por Deus e fonte
de incomparable alegría,
bendita santa María!
Repleta de amor de Deus,
nel gozando cada día,
bendita santa María!
Porque Deus Pai te visita
en gozosa romaría,
bendita santa María!
Cavilando no gran Deus
que a ti se achega en porfía,
bendita santa María!
Porque xeraches un fillo
para os pobres regalía,
bendita santa María!
Pobre por dentro e por fóra,
rica no Deus que acollías,
bendita santa María!
O imposible da irmandade
atopa en ti ampla vía,
bendita santa María!
Escraviña do Deus bo,
e do que Deus máis quería,
bendita santa María!
Comentarios
Publicar un comentario