Lecturas de Nadal - ciclo C
Disculpade que non puxera este ano as celebracións de Nadal, inda que xa as tedes do ano pasado, pero a gripe non perdoa e, como case sempre nestas datas, estiven bastante pachucha. Lembrade rebuscar sempre en anos anteriores por si xa está publicado algo aquí no blogue, ou na páxina web do mesmo nome (tedes a ligazón na columna da dereita).
Déixovos coa débeda pagada:
Faláronnos dun
Reino estraño ...
PANXOLIÑAS:
Déixovos coa débeda pagada:
PREGÓN DO
NADAL - CICLO C
Anunciámosvos, irmáns, unha Boa Nova,
unha grande ledicia para todo o pobo;
escoitádea co corazón gozoso.
Pasaron milleiros e milleiros de anos
dende que, ó principio,
Deus creou o ceo e a terra e fixo
o home e a muller á súa imaxe e
semellanza;
e milleiros e milleiros de anos
dende
que rematou o diluvio,
e o Altísimo fixo restablecer o arco iris,
signo de alianza e de paz.
No ano 752 da fundación de Roma;
no ano 42 do imperio de Octavio Augusto,
mentres sobre toda a terra reinaba a paz
na sexta idade do mundo,
hai 2012 anos,
en Belén de Xudá, vila humilde de Israel,
ocupada
entón polos romanos,
nun presebe, porque non tiñan sitio na pousada,
de María Virxe, esposa de Xosé,
da
casa e familia de David,
naceu
Xesús, Deus eterno,
Fillo do Eterno Pai e home verdadeiro
chamado Mesías e Cristo
que é o Salvador que os homes agardaban.
NADAL DO
SEÑOR -
MISA DO DÍA
Primeira Lectura
Is 52, 7-10
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Todos os pobos da terra percibirán a salvación do noso Deus
Todos os pobos da terra percibirán a salvación do noso Deus
Que
fermosos son sobre os montes
os pés do mensaxeiro de boas
novas,
que anuncia a fartura,
que proclama a felicidade,
que pregoa a salvación,
que di:
Sión,
o teu Deus reina!
Un
grito! Os teus vixías levantan a voz, berran xubilosos a un tempo:
"Todos
os ollos contemplarán a volta do Señor a Sión".
Berrade
a coro con xúbilo, ruínas de Xerusalén,
que o Señor consolou o seu pobo,
redimiu Xerusalén.
O
Señor remangou o seu brazo santo aos ollos de todos os pobos,
e todos os confíns da terra viron a salvación do noso
Deus.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL
Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4. 5-6
R/. (3c): Os confíns todos da
terra percibiron a vitoria do noso Deus.
Cantade ao Señor un cántico novo,
pois fixo marabillas;
a súa destra deulle a vitoria,
o seu brazo santo.
O Señor dá a coñecer a súa
vitoria,
revela a súa xustiza diante dos
pobos.
Lembrou a súa misericordia e a
súa fidelidade
coa casa de Israel.
Os confíns todos da terra
percibiron
a vitoria do noso Deus.
Aclama ao Señor, terra enteira,
rompede a cantar e a tocar.
Tocade para o Señor a cítara,
a cítara e tamén o salterio;
con claríns e co son das
trompetas
aclamade o Señor, noso rei.
Segunda Lectura
Heb 1, 1-6
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
Deus falounos por medio do Fillo
Deus falounos por medio do Fillo
Irmáns:
En
moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados aos nosos
devanceiros por medio dos profetas. Agora, neste período definitivo, falounos
por medio do seu Fillo, a quen fixo herdeiro de todo, pois xa creara por medio
del o mundo e as idades. El é reflexo da súa gloria e imaxe do seu ser, El
sostén todas as cousas coa súa poderosa palabra e, despois de realizar a
purificación dos pecados, sentouse á dereita da Maxestade nas alturas,
facéndose tanto máis poderoso cós anxos, canto que herdou un título máis
valioso có deles.
Porque,
a cal dos anxos lle dixo algunha vez: "Ti es o meu fillo, hoxe xereite
eu"; ou tamén: "Eu serei para El un pai e El será para min un
Fillo"?.
E
cando introduce de novo o seu Fillo primoxénito ao mundo celeste, di:
"Adóreno todos os anxos de
Deus".
Palabra do Señor R/. Grazas
a Deus
ALELUIA
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Resplandeceu para nós un día de
santificación:
vinde todos e adorade o Señor:
porque hoxe descendeu unha
inmensa luz sobre a terra.
Aleluia.
Evanxeo Xn 1, 1-18 (longo)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
O Verbo fíxose carne e habitou entre nós
O Verbo fíxose carne e habitou entre nós
No
principio existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
e a Palabra era Deus.
Ela estaba no principio onda
Deus.
Todo
foi feito por ela,
e sen ela non se fixo
nada do que foi feito.
Nela estaba a vida,
e a vida era a luz dos homes;
a luz aluma na tebra,
e a tebra non a deu apagado.
Houbo
un home
mandado por Deus:
o seu nome era Xoán.
Este veu de testemuña
para dar testemuño da luz,
para que todos cresen por el.
Non
era el a luz,
senón que veu para dar testemuño
da luz.
A Palabra era a verdadeira luz
que aluma a todo home
que vén a este mundo.
Ela
estaba no mundo,
e o mundo foi feito por ela,
pero o mundo non a recoñeceu.
Veu á súa propiedade,
e os seus non a acolleron.
Pero
a cantos a recibiron,
‑ aos que cren no seu nome ‑
deulles o poder
de seren fillos de Deus.
Estes,
non naceron do sangue,
nin da vontade da carne,
nin da vontade do home,
senón de Deus.
E
a Palabra fíxose carne,
e plantou entre nós a súa tenda,
e nós vimos a súa gloria,
gloria coma de Unixénito
que vén do Pai,
cheo de graza e de verdade.
Xoán
dá testemuño del,
exclamando:
Este évos de quen eu dixen:
"O que vén detrás miña,
pasa diante miña,
pois existía primeiro ca
min".
E
da súa abundancia
recibimos todos nós
graza e máis graza.
Pois a Lei deuse
por medio de Moisés;
a graza e a verdade
realizáronse por Xesús Cristo.
A
Deus ninguén o viu;
o Unixénito, que está no seo do
Pai,
foi quen nolo revelou.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
Ou máis breve:
Xn1-5. 9-14
Xn1-5. 9-14
LECTURA DO SANTO
EVANXEO SEGUNDO XOÁN
No
principio existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
e a Palabra era Deus.
Ela
estaba no principio onda Deus.
Todo foi feito por ela,
e sen ela non se fixo
nada do que foi feito.
Nela
estaba a vida,
e a vida era a luz dos homes;
a luz aluma na tebra,
e a tebra non a deu apagado.
A Palabra era a verdadeira luz
que aluma a todo home
que vén a este mundo.
Ela
estaba no mundo,
e o mundo foi feito por ela,
pero o mundo non a recoñeceu.
Veu á súa propiedade,
e os seus non a acolleron.
Pero
a cantos a recibiron,
‑ aos que cren no seu nome ‑
deulles o poder
de seren fillos de Deus.
Estes,
non naceron do sangue,
nin da vontade da carne,
nin da vontade do home,
senón de Deus.
E
a Palabra fíxose carne,
e plantou entre nós a súa tenda,
e nós vimos a súa gloria,
gloria coma de Unixénito
que vén do Pai,
cheo de graza e de verdade.
Palabra do
Señor R/.
Loámoste, Cristo
TAMÉN OS CRISTIÁNS CELEBRAMOS O
NADAL. CICLO C
25 DECEMBRO 2012
TOMADO DE:remoldapalabra.blogsot.com
PÓRTICO
O Nadal é festa entrañable e
significativa, tanto a nivel de fe como de familia e sociedade.
Ofrecemos e
escoitamos mensaxes preciosas, que veñen do ceo e xermolan no máis íntimo do
corazón. Hai unha que resoa con forza entre todos: paz ás persoas de boa
vontade, a cantos senten que Deus é amor. E cando Deus di paz, enténdese
plenitude de felicidade e de vida. Porque Deus quere que os seus fillos e as
súas fillas vivan felices.
Pero non somos insensibles ao que
está a pasar no noso redor. Mil1óns de irmáns e irmás, tamén fillos e fillas de
Deus, non poden celebrar dignamente o nacemento do Fillo de Deus. Chamámolos
pobres, pero son empobrecidos, marxinados, excluídos do banquete da creación.
Deus non os exclúe, somos nós os que o facemos coas nosas actitudes e
comportamentos.torque botarlle a culpa a Deus de algo que facemos nós?
Que a celebración de hoxe nos leve a
revisar actitudes e comportamentos, porque ao mellor, moitos deles, son os que
impiden que os que están ao nosa lado sexan felices e tratados con dignidade.
PERDÓN
* Podemos celebrar o Nadal cando
desposuímos á maioría dos irmáns da súa dignidade e dos seus dereitos? Podemos
celebrar o Nadal sen solidariedade?
SEÑOR, QUE REVISEMOS A NOSA VIDA.
* Caín e Abel, poderán celebrar
algún día xuntos o Nada!? O sacerdote e o levita, uniranse algunha vez á opción
do samaritano, esquecendo os seus templos?,
CRISTO, QUE REVISEMOS A NOSA VIDA.
* O pousadeiro de Belén abrirá as
portas da súa pousada a todo o que chame? Os escribáns deixarán por un momento
as súas escrituras para buscar ao Mesías entre os pobres?,
SEÑOR, QUE REVISEMOS A NOSA VIDA.
REMUÍÑO
OUTRO MUNDO É POSIBLE?: DEUS AMA
TODO E A TODOS NESTE MUNDO!
* Preguntámonos moitas veces sobre a
posibilidade de cambiar este mundo. Soñamos con outro mundo no que a pobreza
sexa erradicada, no que a inxustiza sexa cousa do pasado, no que a crueldade
soe a unha perversa alucinación. Non será posible a fraternidade? Non
chegaremos a recoñecer a sagrada dignidade da máis insignificante das persoas?
Non chegará a prevalecer a palabra sobre o ruído das armas?
* Tamén Deus preguntaba. Terei que
destruír este mundo pervertido e pensar noutro novo?
Haberá algún
defecto de orixe na miña obra? Por que se corrompeu toda carne? Novos diluvios
e castigos? Enviarei novos reis e profetas? Quizais algún dos meus anxos máis
próximos?
* E Deus atopou a resposta no seu
corazón. Si, outro mundo é posible. O mundo non será destruído, senón anovado.
Poñerei en xogo toda a inventiva e a forza do meu amor misericordioso. Non será
a base de castigos, senón de bendicións. Non con diluvios de auga ou lume,
senón de graza e espírito. E hoxe resoa a decisión divina: Naceunos un neno,
déusenos un fillo. E o seu nome será Emmanuel. Naceunos un Deus Salvador. Deus
veu salvamos. Pero non nos salvará desde fóra, senón desde dentro, uníndose
substancialmente á persoa e curándoa desde a súa raíz. Deus fíxose persoa para
que a persoa se faga Deus. Misterio do amor máis grande.
* Entón, se Deus está connosco e en
nós, xa non hai lugar para a desesperanza ou o pesimismo.
Os máis grandes
soños e os mellores ideais son posibles. Toda persoa, o mundo enteiro, recibirá
unha sobredose de espírito, unha inmensa capacidade de anovación e
transformación.
* Entón, se Deus uniuse a nós, todos
estamos chamados a vivir en Deus e para Deus, comprometidos a facer deste mundo
unha realidade humano - divina, un bosquexo do Reino de Deus.
A FRATERNIDADE SERÁ
POSIBLE? DEPENDE DE NÓS. PARA QUE SENÓN A PALABRA SE FIXO CARNE?
* As armas non só non se enterran,
senón que se multiplican e perfeccionan. A pomba da paz non deixa de recibir
feridas. A mentira e o erro desfiguran ou afogan a verdade, a inxustiza e a
cobiza desertizan a vida. Será posible un mundo limpo e solidario? Prevalecerá
a palabra sobre o fragor belicoso? Resplandecerá a verdade sobre o erro e a
mentira? A solidariedade impoñerase sobre o egoísmo?
* Desde que Deus creou po la
palabra, e desde que a Palabra se achegou a nós, sabemos que a palabra é máis
forte. Pola palabra a persoa humanízase, relaciónase e medra. A palabra humana
pode vencer a incomprensión e a rivalidade. Falando enténdese a xente,. Falando
encaríñanse as persoas. Aínda que, por desgraza, non sempre é así.
* A Palabra fíxose carne. Misterio
da Encarnación: humildade e refugallo, proximidade e empatía, fraternidade e
salvación. A Palabra vén en axuda das palabras. A Palabra divina fíxose persoa.
Será para as persoas luz e vitoria. Ensinaranos os camiños da liberdade e da
vida. Ensinaranos a infinita realidade do Pai e a gozosa verdade da nosa
felicidade.
* Se acollemos a Palabra - Amor e
nos deixamos amar, seremos revestidos da forza do alto. E aprenderemos o amor,
un tema que abarca moitos capítulos, como a comprensión, a compaixón, a
tenrura, o servizo, a xenerosidade, o perdón, a amizade, a familia, a comuñón,
a entrega.
* Un acto de fe: cremo s na Palabra
encarnada e liberadora
* Unha acción de grazas: grazas,
Verbo de Deus, por vir ata nós
* Un compromiso: escoitaremos a
Palabra e gardarémola no corazón
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Poñámonos na disposición de dicir si
a Deus cos nosos labios e o noso corazón. E digamos xuntos: Amén.
* Que a proclamación cos nos nosos
labios de que Deus se fixo home, nos leve a cantos somos 19rexa de Xesús a
loitar e esforzamos en vivir coma Xesús. Oremos. Amén.
* Que o que non atopou casa ao
nacer, atope casa no noso corazón. Oremos. Amén.
* Que Deus, que se fixo pobre para
enriquecemos, nos capacite para compartir bens e talentos cos pobres. Oremos. Amén.
* Que o Deus empequenecido nos faga
medrar en humildade e servizo. Oremos. Amén.
* Que o Deus connosco nos converta
en mans amigas, abertas, sinceras e solidarias para os irmáns e irmás. Oremos. Amen.
Pai, que o nacemento de Xesús nos
faga máis humanos e máis irmáns. Amén.
REFLEXIÓN
e do camiño.
Estraño quere dicir
feliz,
e camiño non
significa descanso.
E non hai que
facerse ilusións
buscando o paraíso
nalgún recuncho da
terra ...
porque aquí non hai
máis que camiño.
Benaventurados
os que queren
camiñar!
Que o sol do
mediodía
que abrasa a pel
non vos faga
deterse…
Que non se espanten
da fame e da sede
...
cando o camiño pase
lonxe das fontes e
dos aplausos.
Felices os que
saiban dar a man,
e o vestido e a comida
...
e o que faga falla
para que ninguén
estea só.
E non hai que
facerse ilusións de non cansar ...
Porque ninguén dixo
nunca
que o camiño sexa
doado.
PANXOLIÑAS:
Panxoliñas
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario