Alégrase o esposo pola súa esposa - Is 62, 1-5

Domingo 2 do Tpo. Ordinario - ciclo C


NON TEMOS VIÑO

Non temos viño, Señor,
non temos viño.

Para as vodas da irmandade
onde festexamos o amor que ti nos brindas.
non temos viño.

Para as vodas da irmandade
onde facer medrar os nosos amores,
non temos viño.

Para a xuntanza do norte e do sur,
dos países pobres cos países ricos,
non temos viño.

Para o abrazo fraterno cos inmigrantes estranxeiros
que reclaman solidariedade real,
non temos viño.

Para o encontro do perdón
que sanda, renova e rehabilita,
non temos viño.

Para as apertas do amor familiar
limpo, fondo e agradecido,
non temos viño.

Por iso andamos tristes e apoucados,
sen a graza da paixón corréndonos polas veas.

Non temos viño, Señor,
unha vez máis non temos viño.



Comentarios

Publicacións populares