O mesmo Espírito vai repartindo a cada un como a El lle parece - 1 Cor 12, 4-11

Domingo 2 do Tpo. Ordinario - ciclo C


CUESTIÓN DE AUGA 
E DE VIÑO

Dicía o poeta:

“Non triunfan na historia
os pobos submisos.
Augas represadas
non moven muíños.

Nunca serán libres
os pobos sufridos.
Con augas paradas
non roda o rodicio”.

E nós engadimos:
Xesús é unha forza
que move muíños,
furacán de vida
que embala os rodicios.

Xesús é unha festa,
Xesús é espírito
que empuxa, que arrastra:
Xesús é bo viño.

A nai de Xesús,
a doce María,
pedía para o pobo
o viño da vida.

Que fai xente libre,
que crea alegría,
que pon movemento
onde morte había.

Quen serve o bo viño
aquí en Galicia
na mesa servida
da festa da vida? 



Comentarios

Publicacións populares