1 ene. 2016

Deus mandóuno-lo seu Fillo, nacido de muller - Gal 4, 4-7

Santa María, Nai de Deus


BENDITA TI, MARIA! 

Bendita Ti, María!
Contigo renace de novo a esperanza, I
pola túa alegría interior e, porque os teus pés, 
lonxe de pregarse en si mesmos,
puxéronse en marcha máis alá das montañas.

Bendita Ti, María!
Se Deus che fixo grandes favores,
non foi menos certo que Ti lle brindaches
a túa obediencia para cumprir a súa vontade,
a túa sinxeleza para non complicar os seus plans,
o teu silencio para que falase o seu inmenso poder,
a túa bondade para que se fixase só en Ti.

Bendita Ti, María!
Porque, se o Nadal asoma no horizonte
é porque, primeiro, o teu "SI" soou en Nazaré.
Se os anxos proclamaron o “Gloria a Deus”
é porque Ti, antes ca eles,
publicaches que El fixera obras grande en Ti,
que o seu nome era santo.

Bendita Ti, María!
Sempre estiveches máis disposta a dar, que a recibir, 
ao silencio, antes que á palabra,
á pobreza, fuxindo de toda aparencia,
á docilidade, sen amizade coa dureza

Bendita Ti, María!
Porque o teu nome ten sabor a Nadal.
Os teus camiños, son carreiros cara a Belén.
A túa alegría, é preludio do que nos espera.
Os teus brazos, berce que arrolarán o Neno Deus.

Bendita Ti, María!
Porque segues achegando ilusión ao noso mundo,
luz ao carreiro da nosa fe.
Porque segues sendo o gran portal onde Deus naceu.

Bendita Ti, María
Por saír ao noso encontro
e levarnos ante o rostro daquel que nace en Belén.  
Por facernos participes do teu gozo
e lembramos que o servizo é esixencia da fe.
Porque, ante os días de Nadal,
nos invictas e ensínasnos
a estar vixiantes e dispostos a acoller
a Aquel que vén, pequeno e humilde.






No hay comentarios:

Publicar un comentario