Epifanía do Señor

6 de xaneiro


PRIMEIRA Is 60, 1-6
A gloria do Señor resplandeceu sobre ti
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

60 1Levantate, brilla, que a túa luz xa chegou; si, a gloria do Señor resplandece sobre ti.

2Pois, olla, a escuridade encobre a terra
e a negrura os pobos,
pero sobre ti resplandece o Señor
e a súa gloria faise ver sobre ti.

3Certo que os pobos camiñarán coa túa luz
e os reis co resplandor do teu alborexar.

4Levanta os teus ollos arredor,
todos estes xuntáronse, viñeron a ti.
Os teus fillos veñen de lonxe
e as túas fillas son traídas no colo.

5Entón, cando o vexas,
estarás radiante
e o teu corazón latexará e ensanchará,
pois as riquezas do mar traeránchese a ti
e os bens dos pobos virán para ti.

6Estarás cuberta dunha chea de camelos,
de dromedarios novos de Madián e de Efah.
Todos eles virán de Sabá.
Virán cargados de ouro e incenso,
e proclamarán lediciosos a louvanza do Señor.




SALMO RESP. Sal 71, 2. 7-8. 10-11. 12-13
R/ (cf 11): Adorarante, Señor, tódolos reis da terra

2Que rexa ó teu pobo rectamente
e ós teus pobres con equidade.

 7Florecerá a xustiza nos seus días,
unha prosperidade duradeira como a lúa.

8Dominará de mar a mar,
desde o gran río ata o cabo da terra.

10Traeranlle dons os reis de Tárxix e das illas,
os reis de Saba e de Sebá pagaranlle tributo.
11Postraranse ante el tódolos reis da terra,
servirano tódalas nacións.

 12El librará ó pobre que suplica,
ó aflixido que está sen axuda.
13Terá piedade dos febles e indixentes,
salvará a vida dos pobres;

 

SEGUNDA Ef 3, 2-3a. 5-6
Xa se nos revelou que os pobos son coherdeiros da promesa
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

2Coido que oístes falar da encomenda que a gracia de Deus me fixo en favor voso: 3xa
que por medio dunha revelación se me deu a coñece-lo misterio, 5que noutras xeracións
non se lle dera a coñecer á humanidade como agora llelo manifesta o Espírito ós seus
santos apóstolos e profetas: 6que os xentís son parceiros, membros do mesmo corpo e
copartícipes da promesa en Cristo Xesús polo Evanxeo



ALELUIA Mt 2, 2:
Vímo-la súa estrela en oriente,
e viñemos para adora-lo Señor



 EVANXEO Mt 2, 1-12
Viñemos de oriente adora-lo rei
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 2 1Xesús naceu en Belén de Xudea, en tempos do rei Herodes. E nisto uns magos de
Oriente chegaron a Xerusalén preguntando:
2-¿Onde está o Rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos saí-la súa estrela alá
no Oriente, e vimos para lle rendermos homenaxe.

3Oíndo isto, o rei Herodes alporizouse, e con el toda Xerusalén. 4Convocou a tódolos
sacerdotes e letrados do pobo, para lles preguntar onde tiña que nace-lo Mesías. 5Eles
responderon:

-En Belén de Xudea, que así o deixou escrito o profeta:
6E ti Belén, terra de Xudea,
de ningún xeito e-la máis pequena,
entre as vilas de Xudea,
que de ti ha saí-lo guía
que será o pastor do meu pobo Israel.

7Entón Herodes, ás agachadas, chamou ós magos, para se informar ben de cando lles
aparecera a estrela. 8Logo mandounos a Belén, dicíndolles:

-Ide e informádevos ben do que hai dese neno; e unha vez que o atopedes, avisádeme,
para ir eu tamén a lle render homenaxe.

9Eles, despois de oíren ó rei, puxéronse en camiño. E, velaí, a estrela que viran saír no
Oriente foinos guiando ata se deter enriba de onde estaba o neno. 10Grande alegría
sentiron ó veren saír de novo a estrela.

11E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Postráronse e
rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro,
incenso e mirra. 12Logo, avisados en soños de que non volvesen por onda Herodes,
saíron para a súa terra por outro camiño.



Comentario das lecturas:

Comentarios

Publicacións populares