Día da Paz 2016

MP3



De que che vale 
De Jesús Pareja

De que che vale ter tantos amigos,
tanta xente que te quere,
tantos soños que quixeras ver cumpridos.

De que che vale ter tanta ledicia,
tantos risos agochados,
tantas ganas de poñerte a repartilos.

Colle algún, non vaia ser que se despiste,
e debúxao nun neno que esté triste.
Fai un ramo de esperanza e margaridas
e reguémolo de Paz, Amor e Vida.


De que che vale estar na mellor terra,
se non sabes disfrutala,
se non podes respetar o mellor dela.

De que che vale o ceo, o mar e a area,
as montañas de ilusións
se lle deixan sitio as mágoas, sitio as guerras.

Colle algún, non vaia ser que se despiste,
e debúxao nun neno que esté triste.
Fai un ramo de esperanza e margaridas
e reguémolo de Paz, Amor e Vida.


Cantemos unidos POLA PAZ,
tiremos do mundo POLA PAZ,
coidemos da vida POLA PAZ,
fagámolo xuntos POLA PAZ.



De que che vale ser o máis valente, 
o máis forte deste mundo, 
o máis rápido, o que nunca vai segundo.

Mellor será poder contar contigo, 
cando alguén esté perdido, 
cando soen bágoas ou tamén sorrisos.

Colle algún, non vaia ser que se despiste,
e debúxao nun neno que esté triste.
Fai un ramo de esperanza e margaridas
e reguémolo de Paz, Amor e Vida.


Cantemos unidos POLA PAZ,
tiremos do mundo POLA PAZ,
coidemos da vida POLA PAZ,
fagámolo xuntos POLA PAZ.

POLA PAZ, POLA PAZ, POLA PAZ...

Cantemos unidos POLA PAZ,
tiremos do mundo POLA PAZ,
coidemos da vida POLA PAZ,
fagámolo xuntos POLA PAZ.

Comentarios

Publicacións populares