ORACIÓN Á MISERICORDIA DE CRISTO


ORACIÓN 
Á MISERICORDIA DE CRISTO

Señor, dáme ollos misericordiosos,
para que a miña mirada
poida ver a necesidade en cada lugar.

Señor, dáme unha boca silenciosa,
para que só pronuncie
palabras de amor e de luz.

Señor, dáme un camiño humilde,
para que os meus pés camiñen
polo carreiro da simplicidade.

Señor, dáme oídos cristalinos,
para que só ouza
as Túas palabras en todo lugar.

Señor, dáme un corazón puro,
para que garde a esperanza
e na túa Divina Misericordia
alcance a redención.

Señor, dáme mans prodixiosas,
para que só doe e sirva
aos que Te necesitan.

Amén.

Comentarios

Publicacións populares