Predestinounos a sermos fillos de adopción por medio de Xesús - Ef 1, 3-6. 15-18

Domingo II despois de Nadal


PORQUE A LUZ CHEGOU

Porque a luz chegou,
e das letras fixéronse Palabras,
que se convertan para nós:

A, de Abba, Pai,
B de bendito sexas,
C de colaboración con todos,
D de diálogo construtivo,
E de escoita atenta
F de fidelidade liberadora,
G de gratuidade total,
I de irmandade solidaria,
L de liberdade leda,
M de misión esperanzadora,
O de obediencia respectuosa,
P de paciencia tolerante,
Q de querer desinteresado,
R de respecto mutuo,
S de sinxeleza sincera,
T de traballo comunitario,
U de unión fraterna,
V de vocación servizal
X de xuntanza compartida
para ser estrelas da túa luz. Amén. 


Comentarios

Publicacións populares