Bautismo de Xesús - Nadal C
O BAUTISMO DO
SEÑOR
Primeira Lectura Is 42, 1-4. 6-7
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Velaquí o meu servo en quen eu me
comprazo
Isto
di o Señor:
Velaí
o meu servo, a quen teño collido da man;
velaí o meu escollido no que eu
me comprazo.
Teño
posto sobre el o meu espírito:
ditaralles sentencia xusta ás
nacións.
Non
berrará,
non levantará a súa voz nin a
fará oír nas rúas.
Canivela
fendida non a romperá,
e torcida esmorecente non a
apagará.
Con
fidelidade proclamará a xustiza,
non desfalecerá nin crebará
ata establecer na terra a
xustiza,
e a súa lei, que esperan as
nacións.
Eu,
o Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte,
e convertinte en Alianza dun pobo
e en luz das nacións,
para que lles abras os ollos aos cegos,
para que libres do cárcere aos presos,
da prisión aos que viven na
escuridade.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 28, 1a e 2. 3ac-4. 3b e 9b-10
R/. (11b): O Señor ha bendicir
o seu pobo coa paz.
Tributádelle ao Señor, fillos de
Deus,
tributádelle ao Señor gloria do
seu nome,
adorade o Señor no seu atrio
sagrado.
A voz do Señor sobre as augas,
o Señor sobre as augas copiosas.
A voz do Señor é poderosa,
a voz do Señor é maxestosa.
O Deus glorioso fai tronar.
No seu santuario todo di: Gloria!
O Señor sentou sobre as augas,
o Señor senta como rei eterno.
Segunda Lectura Feit 10, 34-38
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Unxiuno Deus co Espírito Santo
Naqueles
días, tomou Pedro a palabra e dixo:
‑
Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, senón que acepta a quen lle
é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa.
El
mandoulles a súa palabra aos fillos de Israel, anunciándolles a Boa Nova da paz
por Xesús Cristo: este é o Señor de todos.
Vós
sabedes o que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do
bautismo que Xoán predicou: como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a
Xesús de Nazaré, que pasou facendo o ben e curando a todos os que estaban asoballados por Satán; pois Deus
estaba con el.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Mc 9, 6
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Abríronse os ceos e tronou a voz
do Pai:
Este é o meu Fillo predilecto;
escoitádeo.
Aleluia.
Evanxeo
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Bautizado Xesús, e cando estaba
en oración, abriuse o ceo
Naquel
tempo, como o pobo estaba esperando polo Mesías, empezaba a pensar se acaso non
o sería Xoán; pero el declarou diante de todos:
‑Eu
bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu
non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado. El havos bautizar con
Espírito Santo e con lume.
Durante
un bautismo xeral, e despois de se bautizar tamén Xesús, mentres oraba, abriuse
o ceo e baixou sobre el o Espírito Santo na aparencia corporal dunha pomba.
Entón oíuse unha voz desde o ceo:
‑Ti
es o meu fillo benquerido, o meu predilecto; en ti me comprazo.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
acollidos na fe, acompañados na esperanza. Unha invitación a agradecer as
nosas raíces
Bautismo de Xesús C 2016
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
POWER POINTS
Bautismo de Xesús-Nadal C 2016Nadal C-Bautismo de Xesús 2016-Bene Pagola
CANTO GOZOSO
§ ENTRADA:
§ LECTURAS:
A auga do Señor /
§ OFERTORIO:
§ COMUÑÓN:
ESCOITA ACTIVA
A celebración deste domingo invítanos a
poñer os ollos na decisión que un día tomaron os nosos pais para que fósemos
cristiáns. É polo tanto unha celebración para agradecer poder compartir unha
mesma fe desde o bautismo recibido e a fe agradecida. Logo do tempo de Nadal,
onde todo xiraba derredor da encarnación –o Deus feito un dos nosos-, desde o
anuncio de Xoán Bautista e desde o si de María, a invitación que hoxe se nos
fai é a de agradecer a fe recibida desde a decisión dos nosos pais de pedir
para nós o bautismo. E do mesmo xeito que para Xesús foi o comezo dunha
experiencia de comunidade e un camiñar sempre acompañado dos seus; o bautismo é
tamén para nós sabernos sempre acompañados por unha comunidade coa que compartimos
e camiñamos, deixándonos agarimar polos momentos compartidos, pola fe celebrada
e pola graza recibida para poder vivir e agradecer que nin estamos sós nin nos
sentimos abandonados á nosa sorte, senón que camiñamos xuntos nunha esperanza
que funde as súas raíces na Palabra que se fixo coma nós para quedar ao noso
lado.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
* Por non acoller con gratitude a fe
recibida dos nosos pais e nais;
SEÑOR, RENOVA A NOSA CONFIANZA EN TI.
* Porque moitas veces deixámonos levar
polo orgullo e non recoñecemos os nosos erros; CRISTO, RENOVA A NOSA
CONFIANZA EN TI .
* Polas veces nas que lle dámos as costas
ás peticións de axuda e escoita que nos fan os que temos máis preto,
SEÑOR, RENOVA A NOSA CONFIANZA EN TI .
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
·
A imaxe
do Servo que aparece nos textos do profeta Isaías é unha invitación a poñer a
nosa atención nos diferentes significados que ten unha mesma palabra para poder
situala e comprendela no seu contexto, evitando caer nunha falsa ou incompleta
comprensión da mesma. Hoxe temos escoitado a palabra servo na primeira lectura,
e segundo o xeito de entendela na linguaxe habitual, viría ser alguén que está
sometido á vontade e á acción doutra persoa que manda máis e ten poder. Porén,
non é este o uso que o profeta lle dá a esta palabra. O servo vén sendo aquel
que se pon ao servizo dos demais para facerlle a vida máis doada. Tamén aquel
que cumpre coa misión recibida de traballar a prol das causas onde se busque
poñer ao máis débil no centro, e non no derradeiro lugar. Mesmo podemos dicir
tamén que o servo é aquel que non se sente nin humillado nin sometido cando sae
na defensa dos máis débiles e sen voz. Non é logo o sometido pola forza e poder
do poderoso, senón o que cumpre coa misión de acompañar toda situación e
experiencia humana que necesita ser enchoupada de esperanza. Por iso a figura
do servo ponse en relación coa persoa de Xesús –o Deus que vén de encarnarse
para facerse dos nosos- pero non se esgota nel, senón que se prolonga en
tódalas persoas que fan da súa vida unha entrega xenerosa de solidariedade ao
servizo e ás causas dos máis pequenos e empobrecidos do noso mundo. É logo
servo sinónimo de servizo e servidor, non de sometemento e escravitude, por iso
é chamada a cada un/unha de nós para que sexamos servos/as da tenrura e da
xustiza neste mundo que imos creando cheo de reproches e esixencias, e no que
se vai perdendo a perspectiva de humanización e o compromiso liberador.
·
En Cristo
este servo do que falaba Isaías concrétase ao tomar conciencia da súa misión.
Xesús non foi un “superman” que o sabía todo desde o principio, senón que foi
gañando conciencia a medida que ía desenvolvendo a súa misión de servir desde a
denuncia do actuar dos poderosos e a entrega aos necesitados. Isto, á vez que
ía facendo que os poderosos comezasen a velo coma un “atranco” para seguir
oprimindo e impoñendo os seus criterios de clasismo e poder, facía que os
pobres e necesitados descubriran nel a presenza do Deus liberador que tanto
agardara o pobo de Israel. En Xesús, unxido pola forza e presenza do Espírito,
vaise facendo realidade e vai tomando corpo a afirmación, tantas veces repetida
e escoitada, de que chegou o momento da liberación, persoal e colectiva; de que
o sometemento rematara; de que xa era tempo de non seguir deixándose dominar
nin pola mentira nin pola imposición dos poderosos. E a isto ía contribuíndo
Xesús a medida que descubría que a súa misión non era outra máis que a de
cumprir o encargo do Pai de ser voz de denuncia, xustiza e liberación. O seu
bautismo foi comezo dun tempo, curto en anos pero longo en compromiso e
traballo por un mundo máis esperanzado, xusto e solidario: o tempo da Igrexa. O
tempo dos cristiáns. O noso tempo. E hoxe, ao celebrar a festa do bautismo de
Xesús, tamén somos chamados a celebrar a festa do noso bautismo; pero non como
unha festa de consumo e escusa para invitar á familia a comer, senón como o
momento no que comezou tamén para nós a tarefa de facer da nosa vida e do noso
actuar unha busca permanente do servizo e a entrega á causa da xustiza, a
solidariedade e a paz. Tres eixos sobre os que se artella a mensaxe de Xesús. A
mensaxe que estamos chamados a vivir e desenvolver os cristiáns hoxe.
·
Por iso,
se El é o Fillo no que Deus se sente plenamente compracido, nós somos hoxe
tamén os fillos/as chamados/as a mostrar que os enfermos, os parados, as
maltratadas, os maiores... seguen a ser os preferidos de Deus. E isto non se
aprende de memoria, senón que se ha, temos que, vivir desde o corazón que
sente, a cabeza que pensa e as mans e pés que actúan. A isto nos urxe o
bautismo recibido!
FRATERNIDADE ORANTE
Porque o amor de Deus
enchoupou os nosos corazóns, agradecidos, dicimos agora:
QUE A AUGA DO BAUTISMO TRAIA A PAZ PARA O NOSO ACTUAR
·
Para que
a Igrexa sexa auga que libera e esperanza que non cala ante os enganos e
inxustizas dos poderosos do noso mundo, OREMOS.
QUE A AUGA DO BAUTISMO TRAIA A PAZ PARA O NOSO ACTUAR
·
Para que
traballemos desde as nosas parroquias para que a rutina e a indiferenza non
enchoupen nin o noso pensamento nin o noso xeito de mirar, comprender e
transformar a realidade na que vivimos, OREMOS.
QUE A AUGA DO BAUTISMO TRAIA A PAZ PARA O NOSO ACTUAR
·
Para que
fagamos da nosa vida esforzo por agradecer a fe recibida dos nosos pais e
compartida cando rezamos e celebramos a forza da esperanza que non deixa que a
tristura, a dor e a inxustiza nos venzan, OREMOS.
QUE A AUGA DO BAUTISMO TRAIA A PAZ PARA O NOSO ACTUAR
Señor, poñemos na túa
man a nosa oración comunitaria, coa que queremos expresar que seguimos a
necesitar de Ti e da túa presenza no camiñar de cada día. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
É urxente recuperar o carácter luminoso
propio da fe,
pois cando a súa chama se apaga,
todas as outras luces acaban
languidecendo.
Porque a característica propia da luz da fe
é a capacidade de
iluminar toda a existencia do home.
Porque unha luz tan potente non pode provir
de nós mesmos;
ha vir dunha fonte máis primordial,
ten que vir, en definitiva,
de Deus.
A fe nace do encontro co Deus vivo,
que nos chama e nos revela o seu
amor,
un amor que nos precede e no que nos podemos apoiar
para estar seguros e
construír a vida.
Transformados por este amor, recibimos ollos novos,
experimentamos que nel hai unha gran promesa de plenitude
e se nos abre a
mirada ao futuro.
A fe, que recibimos de Deus como don sobrenatural,
presentase
como luz no camiño, que orienta o noso camiño no tempo.
Por unha parte, procede
do pasado;
é a luz dunha memoria fundante, a memoria da vida de Xesús,
onde o
seu amor se ten manifestado totalmente fiable,
capaz de vencer á morte.
Pero,
ao mesmo tempo, como Xesús resucitou
e atráenos máis alá da morte, a fe é luz
que vén do futuro,
que nos desvela vastos horizontes,
e nos leva máis alá do
noso «eu» illado, cara á máis ampla comuñón.
Dámonos conta, por tanto,
de que a
fe non habita na escuridade,
senón que é luz nas nosas tebras.
(Francisco, Lumen fidei,
4)
Comentarios
Publicar un comentario