Un corpo, un Señor, unha fe, un bautismo - Ef 4, 1-6

Domingo 17 do Tpo. Ordinario - ciclo B


PARA AMAR E SERVIR A DEUS 
GRATUITAMENTE

Xesús, señor e mestre noso,
ti amaches e serviches a Deus gratuitamente,
e gratuitamente tamén
amaches e serviches sempre á xente.

Ti ensináchesnos coa túa vida
a ter unha confianza fonda e certa en Deus
sen manipulalo para nada.

Ti ensináchesnos tamén
a amara á xente sen distincións
e sen agardar premio ningún a cambio.

Que onda ti poidamos descubrir
a sabedoría de amar e servir
sen buscar recompensas,
como non sexa a recompensa
do gozo inmenso de sermos gratuítos coma ti.

Xesús, cada día, con cada persoa,
en cada situación da nosa xornada,
apréndenos a amar e servir.



Comentarios

Publicacións populares