Gloriareime na miña febleza para que habite en min a forza de Cristo-2 Cor 12, 7-10

Domingo 14 do Tpo. Ordinario - ciclo B


O TAMAÑO DAS PERSOAS

Unha persoa é enorme cando fala de fronte 
e vive conforme ao que di,
cando trata con cariño e respecto, 
cando mira aos ollos e sorrí con franqueza.
Unha persoa é xigante cando se interesa pola túa vida,
non para remexer e actuar coma unha lercha,
senón para buscar alternativas que che axuden a medrar,
a soñar o mellor para ti, 
a buscar entenderte inda que pense distinto a ti.

Unha persoa é grande cando estende a súa man,
cando pecha a súa boca e abre o seu corazón,
non para criticar, senón para escoitar e acoller; 
cando perdoa, cando comprende, 
cando se coloca no lugar do outro.

Pero é pequena cando decepciona, cando fire,
cando actúa con orgullo, cando non é solidaria, 
cando minte, cando non sabe pedir perdón, 
cando se deixa rexer polo que fan todos,
cando quere quedar sempre ben, cando manexa a xente
que menos pode coma se fose un monicreque.

Pero é insignificante cando despreza, 
cando esquece os favores, cando só busca o seu brillo, 
os seus intereses, o seu benestar..
e mingua máis aínda cando agride, 
cando falsea o seu testemuño, 

cando mata con maledicencia.

Por iso:
Se fuches capaz de sorrir coma aquel neno ...
Se sentiches correr polas túas meixelas 
as mesmas bágoas que viches na cara engurrada 
daquela persoa maior e esquecida ...
Se sentiches todo iso ... 
en verdade viviches intensamente cada instante da túa vida,
o que encheu de beleza a túa alma, 
deulle amor ao teu corazón e ...
converteute nunha persoa moi grande! 



Comentarios

Publicacións populares