Congregarei o resto do meu rabaño e suscitarei pastores para eles-Xer 23, 1-6
Domingo 16 do Tpo. Ordinario - ciclo B
UNHA SOA PALABRA:
OS OUTROS
Unha oración que ten só unha palabra: os
outros.
Non é
xenerosidade; é esixencia de vida.
Sen os
outros estou morto,
son un
soño, unha sombra, son nada.
Os
outros son os que mellor me revelan
a
realidade que son.
Son eles o meu Deus e son eu mesmo.
Entre
os outros, Señor, están os que dormen,
os que
desesperan, os que teñen fame,
os que
son escravos.
Para
eles quero ser grito, esperanza, pan e liberdade.
Están
os que teñen sede de toda xustiza
e fe en
todo xesto humano.
Quero
estreitar a súa man para camiñar xunto a eles
sen
preguntarlles...
Están na
miña barca, soñan a mesma beira,
aínda
que non todos lle dean o mesmo nome;
falan
unha mesma lingua:
a que
quere liberar o ser humano
de toda
escravitude.
Juan Arias
Comentarios
Publicar un comentario