Ao Apóstolo Santiago 2015

Efemérides:
50 anos da primeira misa oficial en galego (P.Seixas)


HIMNOS DO APÓSTOLO
 (Liturxia das Horas)
Vésperas
                        I
De pedra, de granito,
coma a noite máis longa desta terra,
son barca e vela e grito
do Trono que fai guerra
para que a Luz estoupe en Fisterra.

Nacido na alborada,
soñara aquel Santiago pescador
no cope unha luzada,
e forte no solpor,
a amencida do día do Señor.

Na pedra, en Compostela,
van hoxe ao ceo en súplica lanzal
os raios dunha estrela,
un credo, un ideal
e a fe que se deu forma en catedral.

Hoxe Galicia canta.
a Luz e a fe de Cristo aquí prendidas,
e fai memoria santa
de Aquel que as veu nacidas .
e ollounas, coma en soños, florecidas.

Gloria a Santiago, honor
ao Apóstolo que trouxo a Compostela
o nome do Señor,
unha lenda, unha estrela,
e a esperanza quedándose con ela. 



En memoria dos mortos de Angrois,
presentes nas nosas oracións.

Comentarios

Publicacións populares