12 jul. 2015

Nel elixiunos antes da constitución do mundo - Efesios 1, 3-14

Domingo 15 de Ordinario - ciclo B


PARA ESPALLAR MELLOR 
O ESTILO DE XESÚS

Xesús, aquí me tes,
Disposto a todo o que ti queiras de min,
disposto a vivir conforme á túa Boa Nova,
disposto a espallala tamén,
humildemente, firmemente.

Xesús, aquí me tes,
Mándame a min polos carreiros do mundo,
espido de poder e de diñeiro,
pero rico en rexa solidariedade.

Que a min, coma a ti, me doia a xente;
toda a xente,
pero sobre todo a máis débil e pequena.

Que a min, coma a ti, me arda dentro
O lume incendiario de Deus,
e contaxie e queime ó meu redor.

Xesús, aquí me tes,
disposto a obedecer sempre a vontade do Pai,
limpamente buscada,
aínda que por veces me custe.

Xesús, aquí me tes,
disposto a andar os camiños da vida ao teu carón,
aprendendo de ti a ser feliz,
axudando a outros a que tamén o sexan.

Xesús, aquí me tes,
disposto a participar cos meus amigos e veciños
en todo aquilo que traia xustiza e paz
para o meu pobo e para o mundo todo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario