CANTO DE VODAS - Alelulia ao Amor



ALELUIA AO AMOR
(Arturo Gulías/Milagros Villanueva)

No día grande e feliz
dos vosos soños cumpridos
escoitando o voso SI
soan alegres os sinos.(2)

ALELUIA, ALELUIA, ALELUIA AO AMOR
PARA O AMOR ALELUIA, ALELUIA AO SEÑOR.

No día grande e feliz
escoitando o voso QUERO
soan os sinos de aquí
e máis os sinos do ceo.(2)

No día grande e feliz
das vosas vidas unidas
cantan os sinos e din
música de AVE MARÍA.(2)



Leer más: http://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/r/matrimonio/aleluia-ao-amor/

Comentarios

Publicacións populares