SANTA MARIÑA DE AUGASANTAS E SANTA LIBERATA - 18 e 20 de xullo
Inda que cun pouco de retraso, cómpre recordala no seu día:
Santa Mariña, virxe e mártir de Augas Santas, Galicia.
A súa vida mestura realidade e lenda.
Naceu en Balcagia, a actual Baiona (Pontevedra), polo ano 119, sendo filla de Lucio Castelio Severo, gobernador romano de Gallaecia e Lusitania e da súa esposa Calsia, quen dá a luz nun só parto a nove nenas mentres o seu marido está fora percorrendo os seus dominios. Asustada Calsia polo múltiple alumeamento e temendo ser repudiada por infidelidade conxugal decide desfacerse das criaturas e encoméndallas á súa fiel servidora Sila, ordenándolle que baixo o maior secreto as afogase no Río Miño. Sila, crente cristiá, lonxe de cometer tan horrible crime, deixaríaas en casa de familias amigas e as criaturas foron bautizadas por San Ovidio e criadas na fe cristiá.
Chegado o momento tiveron que comparecer ante o seu propio pai acusadas de ser cristiás, o cal, ao saber que eran as súas fillas, convídaas a que renuncien a Cristo a cambio de poder vivir rodeadas dos luxos e comodidades propias do seu nacemento. Todas acaban presas polo seu pai que tratou de atemorizalas pero logran fuxir do cárcere e dispérsanse. Todas elas, no entanto acabarían sendo mártires cristiás.
Mariña foi decapitada e arroxada a un forno, pero o seu corpo nunca se queimou. Tras cortárselle a cabeza, esta golpeou o chan dando tres botes. Dese tres lugares onde golpeou a súa cabeza manaron tres mananciais de auga, outorgando así o nome de Augas Santas ao lugar. Do manancial de Augas Santas segue manando auga na actualidade e son miles os fieis que acoden a beber estas augas milagrosas ás que se lle atribúen poderes curativos. Zurbarán representouna ataviada como unha gran señora.
FONTES:
http://es.catholic.net/op/articulos/35819/cat/214/liberata-santa.html
https://gl.wikipedia.org/wiki/Mari%C3%B1a_de_Augas_Santas
VÍDEO RESUMO DA VIDA DE SANTA MARIÑA
http://www.vtelevision.es/programas/lendasvivas/2011/10/30/0031_63_105780.htm
Atoparedes unhas fotos preciosas do lugar neste blogue:
http://galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es/2014/08/santa-marina-de-aguas-santas.html
SANTA LIBERATA
A historia máis coñecida fala dunha rapaza que viviu no século VIII nunha aldea de Portugal, na Gallaecia (...), e que foi prometida en matrimonio polo seu pai ao rei mouro de Sicilia. Para evitar este casamento indeseado, ela tomou voto de virxinidade (segundo outra versión, xa tomara o voto de castidade antes do compromiso nupcial) e orou a Deus para que a convertese nun ser repulsivo. En resposta ás súas oracións, creceulle barba e a lanuxe por todo o corpo, co cal o rei musulmán rompeu o compromiso. Cheo de ira, o pai mandouna crucificar.
Celébrase a súa festividade católica o día 20 de xullo, data na que se trasladaron parte das súas reliquias desde a cidade de Sigüenza á Baiona galega no ano 1515. O resto atópanse na Catedral de Santa María de Sigüenza (excepto algúns ósos da cabeza que ao parecer figuran no sumario da Cámara Santa de Oviedo), se facemos caso desta interpretación e non da francesa, que di ter tamén gran parte dos seus restos óseos.
FONTES:
https://almaleonor.wordpress.com
AS NOVE IRMÁS MÁRTIRES:
Segundo a web: http://www.preguntasantoral.es/
Non cabe pensar, de ningunha maneira, que esta irmás como tal existisen de verdade. Algunhas versións mencionan que a expresión "nacidas dun so parto" non significaría que fosen fillas da mesma nai senón que foron bautizadas ao mesmo tempo ou que padeceron martirio ao mesmo tempo, o que faría máis verosímil a coincidencia entre a tradición e os feitos xa citados. O que si hai que aceptar é que tódolos autores coinciden en que son santas veneradas en Galicia e que foron xuntadas polos haxiógrafos españois (polo que Xermana podería ser en realidade unha mártir africana; Victoria, romana; Mariña de Antioquía (Margarida); Eufemia de Calcedonia; Marciana de Mauritania...)
Todas elas foron veneradas como virxes, por ser consagradas ao Señor, e máis tarde, como mártires. O certo é que a confusión entre tradición e historia é manifesta.
Quiteria, outra do nove irmás, falecería tamén martirizada por decapitación, en Marjaliza.
Marciana: Converteuse ao cristianismo moi nova. Foi arrestada polos soldados, e entregada aos gladiadores para que a violasen e dispuxesen para o seu desexo carnal. Pero estes, milagrosamente, non a tocaron porque unha forza misteriosa impediullo. Entón foi entregada aos animais ao circo onde morreu. O seu martirio tivo lugar, segundo esta lenda, cara ao 155. A festa litúrxica celebrábase en Toledo o 12 de xullo. (Confúndese moitas veces con Marciana de Mauritania)
Eufemia: Foi perseguida e, por non renunciar á súa fe, foi a esconderse nas proximidades da serra do Xurés, entre Galicia e Portugal, no que hoxe se chama Serra de Santa Eufemia, e onde finalmente foi capturada e martirizada en tempos de Hadriano (76-138).
Comentarios
Publicar un comentario