5 jul. 2015

Son casa rebelde e han saber de certo que hai un profeta no medio deles - Ez 2, 2-5

Domingo 14 do Tpo. Ordinario - ciclo B


PASMADO 
DA SÚA INCREDULIDADE

Faille caso a Xesús,
meu compañeiro;
faille caso á palabra
do carpinteiro;
coma ti e coma min
foi un obreiro.

Na xente do teu pobo
hai moita ciencia;
moitos milagres diarios
de resistencia;
moitas cruces e bicos
en sementeira.

O fillo de María,
home sinxelo,
abriu camiños novos
para recorrermos
brazo con brazo xuntos
cos soños frescos.

Faille caso a Xesús,
amigo, irmán,
sente no corpo a forza
das súas mans,
no corazón o alento
do seu loitar. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario